Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 12 de abril de 2011

23 de Abril, Día do libro (que celebraremos o 26 pola tarde)

Achégase o día do libro, e como andaremos de vacacións, non queremos deixar máis tempo e imos celebralo xustiño á volta de Semana Santa.
As actividades son de participación voluntaria. Os alumnos e alumnas que "pasen" de participar acudirán á súa clase habitual, co profe que lle toque nesa hora.

Animámosvos a tod@s a participar para pasar un bo rato na biblioteca, entre libros, xa que é o seu día, e ademais poder gañar algún agasallo, que sempre gusta, ou non?

Atención 1º e 2º ESO:
- Para anotarse no concurso de contos, falade con Antonio, o profe de galego. Lembrade que no voso conto, un libro, ou máis de un, debe ser un elemento básico no desenvolvemento da historia.

- Para anotarse no concurso de“ Coñece e investiga sobre a cultura e a historia na túa biblioteca” debedes formar grupos de tres e cubrir a ficha de inscripción que vos facilitará a Jefa de Estudios. Ela vos explicará o desenvolvemento do concurso.

Atención 3º e 4º de ESO:
- Para anotarse no concurso de contos, falade con Asun, a profe de lingua castelá. Lembrade que no voso conto, un libro, ou máis de un, debe ser un elemento básico no desenvolvemento da historia.
- Para anotarse no concurso de“ Coñece e investiga sobre a cultura e a historia na túa biblioteca” debedes formar grupos de tres e cubrir a ficha de inscripción que vos facilitará tamén, Asun. Ela vos explicará o desenvolvemento do concurso.

ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO:

- Ás 15 horas: CONCURSO LITERARIO DE CONTOS

(1º e 2º ESO na sala de audiovisuais, 3º e 4º ESO na biblioteca)

- 15’50 – 17’30 horas: CONCURSO

“ Coñece e investiga sobre a cultura e a historia na túa biblioteca”

(15’50 – 16’40: 3º e 4º ESO e 16’40 – 17’30: 1º e 2º ESO)

luns, 11 de abril de 2011

E ti, onde les?



¿Quieres enviarnos fotos sobre tus lugares de lectura favoritos? ¿Tal vez una reflexión, un pensamiento? ¿Quieres compartir con otros lectores ese espacio íntimo en el que te pierdes primero para encontrarte después? ¿O te gusta leer rodeado de otras personas? ¿No te importa? Participa en ¿Dónde lees tú? con tus fotos, textos, ideas…
Si quieres enviarnos textos, fotos, vídeos… tienes varias opciones:

En el Facebook de ¿Dónde lees tú?
A través de Twitter, dirigiéndote a @dondeleestu
Puedes subir las fotos a nuestro Flickr
Puedes comentar los vídeos en nuestro Canal de YouTube: (canal en el que también subiremos vídeos de vosotros, los lectores).
Y, por supuesto, hablar todo lo que quieras a través de este blog.¡Sólo faltas tú! Gracias.


Alguén xa se atreveu a contar onde le, tes curiosidade? Pincha aquí:
http://www.youtube.com/watch?v=ChCHceDYChg&feature=player_embedded

E cóntanos onde les ti aquí abaixo, nos comentarios

martes, 5 de abril de 2011

O evento do trimestre


Non queremos marchar de vacacións de Semana Santa, , sen reseñar o que consideramos o melloriño do acontecido no centro no 2º trimestre recén rematado: "Os maiores contan aos pequenos".
Esta actividade, iniciativa de Sofía Rama, profe de galego, fixérase anualmente durante uns anos, e logo dun descansiño, este ano dende a biblioteca animamos a que se recuperase. Coa incorporación do "musical", cun relato preparado polos alumnos co asesoramento de Ignacio Portela, o profe de música. O resultado: un exitazo. Dende aquí queremos felicitar aos participantes e @s organizadores.

Os alumnos de 4º ESO que non participaban como contacontos, foron "enviados especiais" para cubrir o evento. Marcos Gesto, Adrián Vilacoba e Juan Bodelo, vírono así (atrevéndose a puntuar algunhas das actuacións, e logo falan dos profes) :

Na xornada do día 28/02/11 celebrouse o evento chamado “Os maiores contan aos

pequenos” que consistiu en que varios grupos formados por algúns alumnos de 3º e 4º

de ESO, prepararon unhas “contadas” para os pequenos de infantil e primeiro ciclo de primaria.

O primeiro grupo de contacontos formárono Joge Portos, Agustín Calviño e Alba

Viqueira (narradora).

O conto que interpretaron foi A mosca chosca, nel, Jorge interpretaba a mosca chosca

e Agustín a todos os invitados da mosca chosca. Utilizaron peluches para distinguir os

diferentes personaxes.

Nota do grupo: 7

O segundo grupo, en realidade un só contacontos, que foi Ivan Portos, contou o

conto chamado Mateo.

Nota: 5.99, é decir, 6

O terceiro grupo formárono Laura Otero , Alba Viqueira, Alba Ramas e Andrea Louro.

Representaron A ratiña presumida

Laura era a ratiña, Alba Viqueira, dous dos pretendentes,o galo e o touro, e Alba Ramas interpretou os restantes (o gato, o can e o ratiño).

Nota: 9

O sexto grupo formado por Esther Iglesias, Samara Fraga, Beatriz Bardanca e

Nuria Calo e o narrador, Adrián Paz, interpretaron o conto Os tres porquiños.

Nota: 5.9

O último grupo foi o formado por Sonia e Nuria Calo, Ricardo Rodríguez

e Iria Vales. Representaron o conto chamado A noite que Martiño tivo ganas de mexar.

Nota: 7.9

A representación especial da xornada estivo a cargo de Bertín Iglesias, Iván Portos,

Agustín Calviño, Esther Iglesias e Samara Fraga que representaron o conto musical Os tres osiños. Hai que resaltar o gran traballo do seu director Ignacio Portela, profe de música.

Nota: 9.1


Tamén houbo "enviados especiais" de 3º ESO: Alex Cancela, Marcos Casas, Alberto Pardal e Jose Manuel García, que comentaron ao respecto dalgúns dos contos o seguinte (sen piedade) :

"Alba Viqueira como narradora botouse a rir, menos mal que o puido arreglar"

"Cando contou Iván Portos o conto de Mateo, ao rematar os rapaces pedían OU-TRA, OU-TRA..."

" Gustáronos os bicos do conto da ratiña" (Isto non o entendemos moi ben)

"Cando Richi fixo de narrador, o público tivo que esperar moito, e ademais botouse a rir mentres lía"

"Destacamos os efectos especiais sublimes do conto dos tres porquiños"

Estamos estudiando a posibilidade de subir ao blog as fotos e os vídeos do evento, pero as novas tecnoloxías van chegando amodiño á biblioteca.



domingo, 27 de marzo de 2011

Hoxe, Día Mundial do Teatro


Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro. Cada ano, unha personalidade representativa do mundo do teatro asina un manifesto que se difunde por todo o mundo. O texto deste ano 2011 corresponde a unha gran dramaturga, actriz, directora e profesora de teatro, Jessica A. Kaahwa de Uganda (sobre ela http://cemexitiunesco.org/contenido.php?id_clave=000005).

O International Theatre Institute publicou a Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro deste ano, que reproducimos a continuación:

por Jessica A. Kaahwa, Uganda

“O TEATRO A SERVIZO DA HUMANIDADE”

Este é o momento exacto para unha reflexión sobre o inmenso potencial que o Teatro ten para mobilizar as comunidades e crear pontes entre as súas diferenzas. Xa, algunha vez,imaxinaran que o Teatro pode ser unha ferramenta poderosa para a reconciliación e para a paz mundial? En canto as nacións consumen enormes cantidades de diñeiro en misións de paz nas máis diversas áreas de conflitos violentos no mundo, dáse pouca atención ao Teatro como alternativa para a mediación e transformación de conflitos. Como poden todos os cidadáns da Terra alcanzar a paz universal cando os instrumentos que se deberían usar para tal son, aparentemente, usados para adquirir poderes externos e represores?

O Teatro, sutilmente, permea a alma humana dominada polo medo e a desconfianza, alterando a imaxe que teñen de si mesmos e abrindo un mundo de alternativas para o individuo e, por consecuencia, para a comunidade. El pode dar un sentido á realidade de hoxe, evitando un futuro incerto. O Teatro pode intervir de forma simples e directa na política. Ao ser incluído, o Teatro pode conter experiencias capaces de transcender conceptos falsos e preconcibidos.

Alén diso, o Teatro é un medio, comprobado, para defender e presentar ideas que sustentamos colectivamente e polas que teremos de loitar cando foren violadas. Na previsión dun futuro de paz, deberemos comezar por usar medios pacíficos na procura de nos comprendermos mellor, de nos respectarmos e de recoñecer as contribucións de cada ser humano no proceso do camiño da paz. O Teatro é unha linguaxe universal, a través da cal podemos usar mensaxes de paz e de reconciliación.

Co envolvemento activo de todos os participantes, o Teatro pode facer con que moitas consciencias reconstrúan os seus conceptos preestablecidos e, desta forma, dar ao individuo a oportunidade de renacer para facer escollas baseadas no coñecemento e nas realidades descubertas. Para que o Teatro prospere entre as outras formas de arte, deberemos dar un paso firme no futuro, incorporándoo na vida cotiá, a través da abordaxe de cuestións prementes de conflito e de paz.

Na procura da transformación social e na reforma das comunidades, o Teatro xa se manifesta en zonas devastadas pola guerra, entre comunidades que sofren coa pobreza ou coa doenza crónica. Existe un número crecente de casos de suceso onde o Teatro conseguiu mobilizar públicos para promover a conscientización no apoio ás vítimas de traumas posguerra. Fai sentido existiren plataformas culturais, como o [ITI] Instituto Internacional de Teatro, que visan consolidar a paz e a amizade entre as nacións.

Coñecendo o poder que o Teatro ten é, entón, unha farsa manter o silencio en tempos como este e deixar que sexan “gardiáns” da paz no noso mundo os que empuñan armas e lanzan bombas. Como poden os instrumentos de alienación seren, ao mesmo tempo instrumentos de paz e reconciliación?

Exhórtovos, neste Día Mundial do Teatro, a pensar nesta perspectiva e a divulgar o Teatro, como unha ferramenta universal de diálogo, para a transformación social e para a reforma das comunidades. En canto as Nacións Unidas gastan sumas colosais en misións de paz co uso de armas por todo o mundo, o Teatro é unha alternativa espontánea e humana, menos dispendiosa e moito máis potente.

Non será a única forma de conseguir a paz, mais o Teatro, certamente, deberá ser utilizado como unha ferramenta eficaz nas misións de paz.”

venres, 25 de marzo de 2011

Unha de ortografía....


Alquiler mensual de un local en pleno centro de Madrid: 15.000 € / mes (como poco)
Decoración de una taberna: 20.000 €
Cartelería: 4.000 €
Que no le pongas acento al logo: Pase
Que después de 41 años sigas sin saber que búho es con hache: Es pa matarte.


(Visto en www.señoritapuri.com )










martes, 15 de marzo de 2011

Ritmo e bo rollo nas bibliotecas escolares de Galicia


Colgabamos hai unhas semanas o Lipdub d@s compañeir@s do IES Maruxa Mallo de Ordes e hoxe queremos destacar o traballo d@s compañeir@s do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo). Eles mesmos presentanolo así:

"O Equipo de Dinamización da Biblioteca contando coa colaboración do alumnado e profesorado do centro intervén na construcción da seguinte historia: Un libro esquecido enriba dun contenedor de lixo, despois de ser atopado por unha persoa, inicia un periplo viaxeiro polas distintas dependencias do centro ata chegar á Biblioteca, o seu sitio natural. De paso repasamos a C.D.U (Clasificación Decimal Universal) asociando imaxes, números e cores, o que se chama formación de usuarios. Nada do que aparece no vídeo está posto ao azar. Dende o título do mesmo "O final da conta atras" referíndonos ao tempo que lle resta ao libro ata chegar á Biblioteca como as distintas esceas. Por exemplo, na entrada podemos ver unha escea que pretende rememorar tempos pasados, unha estampa dos anos 60-70, onde aparece un rapaz cun mapa de España detrás, inmediatamente outro cunha camiseta branca e co número 9 pretende recordar que se trata da área temática asociada á Xeografía, Historia e Biografías e así con outras (non con todas tamén metemos algunha trampa polo medio) .Polo tanto é un lipdub pero tamén é un xogo (no que hai que fixarse e incluso parar a proxección para localizar os números e darse conta dalgunha escea curiosa que pasa) para a formación de usuarios. Non esquecemos tamén ironizar sobre algún dos prexuizos que pesan sobre nós ( a entrada na sala de profesores é todo un poema)"

Pincha aquí (non poderás deixar de mirar!!) :

mércores, 2 de marzo de 2011

Sobre O último traballo do Señor Luna, entre outras cousas...


Pois os libros cheos de fortes emocións que percorren estes días aulas, parece que pouca emoción están a despertar... en comparación coas propostas do primeiro trimestre...
Hoxe buscando a alguén que nos falara dalgún deses libros, atopamos a Andrea, alumna do CPI de Carral que leu O último traballo do Señor Luna, un dos seleccionados este trimestre, e nos conta algunhas cousiñas máis nesta entrevista no blog do seu centro. Pincha aquí:

http://www.blogoteca.com/deleria/index.php?cod=64327

martes, 1 de marzo de 2011

IV Premio literario escolar de Novacaixa Galicia


Aquí vos deixo as bases dun concurso literario ben interesante para que vos animedes a participar. Xa sei que cando menos, @s de 2º ESO andan interesad@s. Alegrámonos moito, arriba ese poderío de escritor@s, que quedou demostradísimo no concurso de contos pola igualdade do mes de Novembro.

Botádelle un ollo e para dúbidas, axudiñas, envíos....pasade pola biblio e falade con Asun, ou enviade un mail. Ela encargarase de todo, agás escribir os relatos ou poesías. Deberiades telo listo para despois do Entroido. Tamén podedes envialo á biblio por ordenador, co voso nome, e Asun xa se poñerá en contacto convosco.

Toda a información, aquí (e no "corcho" da biblioteca, baixando as escaleiras) :

luns, 28 de febreiro de 2011

E ti...¿Sobrevives?


¿Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formación profesional. A súa reiterada mala conducta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, unidas á vivacidade inquietante dos seus enormes ollos, non deixan de abraiar continuamente ó profesorado e ós seus compañeiros. Moni é unha permanente mancha negra que se resiste a desaparecer. Moni, o protagonista de ¿Sobrevives?, vive dacabalo entre un mundo urbano que o rexeita, e no que vive dolorosamente, e un mundo rural que o acolle case amorosamente. Un contrapunto moi eficaz e, sen dúbida, sorprendente para os lectores. En palabras da propia autora ?Moni renega do que se lle antolla arbitraio e absurdo. Dos formulismos que non responden a ningunha sensibilidade. Non todo o que atopa no medio rural o arroupa no seu remuíño interior. De feito é nos seus podengos nos que confía case en exclusiva e pon esperanzas no futuro?.

xoves, 24 de febreiro de 2011

Emocións fortes en Campos de fresas de Jordi Sierra i Fabra

Alumnos e alumnas de 4º ESO do IES María Moliner de Sevilla cóntannos o que lles parece Campos de fresas de Jordi i Fabra, un libro reeditado ata 36 veces (unha pasada de vendas grazas a espectacular acollida entre os lectores e lectoras máis nov@s).

Pincha aquí:
http://3amoliner.nireblog.com/post/2008/03/03/campos-de-fresas


Atención...pregunta....A que fai referencia o título?? Quen investigue e o descubra en primeiro lugar, que pase pola biblioteca que hai premio...