![]() |
| Foto vista en http://heroinadeloperiferico.blogspot.com.es/ |
martes, 11 de decembro de 2012
domingo, 9 de decembro de 2012
Suecia 1 - España 0
En Suecia unha gran marca de xoguetes adaptou o seu catálogo debido á presión do mercado. @s consumidores demandaron un catálogo igualitario, sen xoguetes diferenciados para os nenos e as nenas. Desgraciadamente, o avance en igualdade só se aplica á campaña sueca. Outras edicións, como a española, conservan as típicas imaxes de nenas princesas e nenos guerreiros, que reforzan os estereotipos de xénero.
Aquí podes ler o artigo completo
Aquí podes ler o artigo completo
sábado, 8 de decembro de 2012
venres, 7 de decembro de 2012
Di NON aos regalos estereotipados
Sabemos que o alumnado está a traballar nas titorías o tema dos regalos estereotipados e/ou a publicidade sexista, boa reflexión nestas datas de consumo desenfrenado....
Dende o blog queremos poñer o noso punto reflexivo mediante imaxes e artigos que imos atopando pola rede. Aquí vos deixamos o primeiro.
Gustaríanos moito que deixarades algún comentario sobre o tema, que o tedes comentado na aula e seguro que as vosas opinións e comentarios son ben interesantes....
![]() |
| Foto vista no Facebook (Enrédate sin machismo) |
luns, 3 de decembro de 2012
A voltas coa saga Crepúsculo....
Bella Swan no es ninguna especie de heroína que valga la pena admirar. Es una adolescente que no valora ni la vida ni la amistad; es una chica que se enamora de alguien que puede llegar a hacerle mucho daño, principalmente porque es lindo. Ella pone a su novio en un pedestal, y se tira abajo como si fuera basura. Bella se odia a sí misma. Se ve fea, cree no tener ningún talento y acepta que Edward Cullen la trate como una muñequita de porcelana.
...E vós, que opinades???
Andel de Libros (VIII): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas
A min este libro gustoume. Eu penso que este libro fai referencia aos tempos de antes, por exenplo a emigración: cando Miguel (o irmán de Balbino) marcha para América, Lelo tamén emigrou a América, ou polo mestre que tiñan na escola antes de vir Eladia, que se chamaba don Alfonso e era un mestre que lle zoscaba ós alumnos.
O momento que máis me gustou foi cando Balbino se fixo amigo de Lelo.
O momento que menos me esperaba foi cando Balbino lle tirou a pedra a Manolito.
A min, este libro non me resultou difícil de ler aínda que había palabras que non sabía o que significaban e tiven que usar o diccionario.
Alicia Veiras Noya (4º ESO)
Para min o momento máis importante de todo o libro foi o momento no que Balbino lle tira e atina cunha pedra a Manolito na testa. Balbino tiroulle a pedra porque estaba cansado de que este se burlase del, para min foi o momento máis importante porque desde ese suceso a vida de Balbino dou un xiro inesperado.
Na miña opinión, este libro está moi ben, e penso que non necesita ningún cambio, pero si que me gustaría que Balbino puidese abrir a caixiña que atopou no rebusque, para poder saber o que se atopaba dentro.
Memorias dun Neno Labrego non é un libro moi difícil de ler, pois non ten moitas palabras raras ademais ao ser da aldea, sempre vas pillando palabras dos maiores e logo xa non che resultan raras.
Dende o meu punto de vista este libro é moi interesante, porque aprendes moito sobre os tempos de antes, a época de nosos avós, cando emigraban ás Américas.
Martín Calviño Vicente (4º ESO)
Marta Brea Martínez (4º ESO)
Para min o momento máis importante de todo o libro foi o momento no que Balbino lle tira e atina cunha pedra a Manolito na testa. Balbino tiroulle a pedra porque estaba cansado de que este se burlase del, para min foi o momento máis importante porque desde ese suceso a vida de Balbino dou un xiro inesperado.
Na miña opinión, este libro está moi ben, e penso que non necesita ningún cambio, pero si que me gustaría que Balbino puidese abrir a caixiña que atopou no rebusque, para poder saber o que se atopaba dentro.
Memorias dun Neno Labrego non é un libro moi difícil de ler, pois non ten moitas palabras raras ademais ao ser da aldea, sempre vas pillando palabras dos maiores e logo xa non che resultan raras.
Dende o meu punto de vista este libro é moi interesante, porque aprendes moito sobre os tempos de antes, a época de nosos avós, cando emigraban ás Américas.
Martín Calviño Vicente (4º ESO)
Este libro está bastante ben sobre todo para coñecer como
era a época dos labregos antes (dura, sen apenas privilexios).
A parte que máis me gustou foi o último capítulo xa que
me resultou divertido cando lle dá na cabeza coa pedra.
Quizás a parte que
menos me gustou foi cando me falaba do loito e de como era o velorio na casa xa
que me resultou algo duro para contar ese libro.
Gústame moito tamén cómo describe Balbino ao seu can, con
tenrura e como se fose o seu mellor amigo.
Rocío
Villasenín Bello (4º ESO)
O libro en xeral gustoume, souben que a gran parte do
que conta o vivira o autor.
Gustoume como Balbino conta todo o que lle sucede
durante a súa infancia, aínda que os capítulos debían estar un pouco máis
enlazados entre si, dende o meu punto de vista. E ao final descobres que é como
unha especie de flashback.
O final que máis me gustou foi o do libro, xa que
está moito máis elaborado e é moito máis crible que o meu, aínda que o meu non
o descartaría.
Tamén me gustou porque imaxino que algunha historia
semellante lle sucedería a meus avós ou bisavós.
Marta Brea Martínez (4º ESO)
A min a historia de Memorias dun
neno labrego foi unha das
mellores que lín pois reflicte unha aldea coma na que estou vivindo
eu pero hai cen anos atrás. A min todas estas historias que falan
ou están relacionadas co campo sempre me gustaron, e este libro fala
diso.
O momento máis
interesante para min foron dous: o primeiro, foi cando Balbino estaba
de loito e non podía ir a ningún sitio, dábame algo de pena pero e
o que hai que facer nestes casos; o segundo momento máis interesante
para min foi cando a Balbino lle gustaba a súa mestra e Balbino
facía todo o posible para que ela se fixara nel.
Os momentos máis
emotivos para min tamén foron dous: o máis emotivo foi cando
Balbino se fixo gran amigo de Lelo; e o outro momento emotivo foi
cando Balbino se sentou ao lado de seu padriño e este lle falou do
que era un amigo.
Kevin Martínez
Costa (4º ESO)
venres, 30 de novembro de 2012
Igualmente "desobedientes"...
As actividades que desenvolvemos no centro con motivo do Día Internacional contra a violencia machista co@s maiores parece que a tod@s nos pareceron interesantes: a charla de Ianire Estébanez, psicóloga e especialista en prevención de violencia de xénero e a creación "Ponlle cara ao maltrato", que está en proceso de montaxe. Aquí non remata nada, pois cada día temos que ser quen de posicionarnos, sempre, contra aquel@s que fan dano e exercen a violencia inxusta do machismo.
Deixámosvos hoxe un vídeo contra outro tipo de violencia, a que os propios estados exercen contra @s cidadáns, neste caso contra rapaces e rapazas coma vós que exercen o que se está dando en chamar "desobediencia civil", posicionarse contra as leis exercidas polo poder establecido dos gobernos.
A emigración desde Trazo
A lectura de varios textos literarios sobre a emigración galega, entre eles "O pai de Migueliño" do libro Cousas de Castelao deu pé á elaboración dunha serie de traballiños sobre persoas que emigraron desde Trazo a outros lugares do mundo e sobre as condicións en que se producía ese éxodo.
Miña tía era de Pontevedra e meu tío era de Benza, foron
a Uruguay para gañar cartos no ano 1947 e voltaron no ano 1997.
Meu tío volveu pero miña tía morreu alá. Antes de
marchar para Uruguay meu tío traballaba de agricultor e alá traballaba nunha
empresa de elaboración de mate, tamén miña o fixo.
En Uruguay vivían nunha casa preto da praia e só vivían eles dous na casa.
Casaron aló.
Para Uruguay foron en barco, a viaxe durou varios
días e mentres non chegaron durmían no
barco eles e mais todos os que ían emigrados para Uruguay.
Margarita
Pombo Castro (3º PDC)
Meu
avó foi ao Uruguai porque tiña uns tíos alí. El foi no ano 1960 e
miña avoa foi no 1964 para estar con el.
Meu
avó estivo 6 anos e miña avoa 2.
Miña
avoa chámase Elena e meu avó Pepe.
Elena
traballaba no campo e Pepe traballaba de canteiro, en Galicia.
En
Uruguai Pepe traballou nunha fabrica de leite e Elena no Sanatorio
Español. Souberon dos traballos por persoas coñecidas
Vivían
nunha habitación con dereito a cociña, despois foron para un
pequeno apartamento.
A
viaxe fixérana en barco.
Elena
e Pepe marcharon para poder ter unha casa e un mellor nivel de vida.
Tamén
estiveron en Suíza anos máis tarde.
Coñecéronse
e casaron en Galicia.
Iria
Fajín Casas (3º PDC)
Alba Docampo Noya (3º PDC)
Manuel Docampo Grela, o meu pai, emigrou a Suíza con
máis ou menos 18 anos. El marchou porque aquí xa acabara os estudos e había
falta de cartos, eran 3 irmáns e os 3 foron para alá xuntos. Instaláronse nun
piso os tres xuntos e logo meu pai púxose a traballar de peón, pero logo voltou
para Galicia porque encontrara unha moza xeitosa de Tordoia e tiña morriña. Máis
ou menos botou alá 1 ano, pero seus irmáns botaron alá moitos máis anos. Hoxe en
día os irmáns están todos aquí sen traballo, menos meu pai que hoxe en día ten unha gran
explotacion en Trazo.
Manuel Docampo Grela agora mesmo di: “Aquí teño a miña vida e non volvería marchar”. El xa
ten todo o que necesita para ser feliz: unha muller e dúas fillas. E eu como
filla estou moi orgullosa de telo como pai.
Alba Docampo Noya (3º PDC)
mércores, 28 de novembro de 2012
Concurso sobre Novela Negra. Derradeira semana!!
As derradeiras preguntas
(Semana 26 - 3)
(Semana 26 - 3)
16. Cal foi a primeira comisaria negra da narrativa castelá?
17. E a primeira obra premiada? En que certame?
18. Cantas mulleres escritoras coñeces deste xénero? Por
que é un mundo de homes? Cal é o seu papel nas obras? Cantas detectives
coñeces? En que época xorden? Por que?
19. Encontras
algunha relación entre Sherlock Holmes e o doutor House? Cal?
20. Compara a novela
de enigma coas series de tv actuais. Podemos tamén establecer algunha relación
coa evolución da medicina tradicional e a actual?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





