Miña tía era de Pontevedra e meu tío era de Benza, foron
a Uruguay para gañar cartos no ano 1947 e voltaron no ano 1997.
Meu tío volveu pero miña tía morreu alá. Antes de
marchar para Uruguay meu tío traballaba de agricultor e alá traballaba nunha
empresa de elaboración de mate, tamén miña o fixo.
En Uruguay vivían nunha casa preto da praia e só vivían eles dous na casa.
Casaron aló.
Para Uruguay foron en barco, a viaxe durou varios
días e mentres non chegaron durmían no
barco eles e mais todos os que ían emigrados para Uruguay.
Margarita
Pombo Castro (3º PDC)
Meu
avó foi ao Uruguai porque tiña uns tíos alí. El foi no ano 1960 e
miña avoa foi no 1964 para estar con el.
Meu
avó estivo 6 anos e miña avoa 2.
Miña
avoa chámase Elena e meu avó Pepe.
Elena
traballaba no campo e Pepe traballaba de canteiro, en Galicia.
En
Uruguai Pepe traballou nunha fabrica de leite e Elena no Sanatorio
Español. Souberon dos traballos por persoas coñecidas
Vivían
nunha habitación con dereito a cociña, despois foron para un
pequeno apartamento.
A
viaxe fixérana en barco.
Elena
e Pepe marcharon para poder ter unha casa e un mellor nivel de vida.
Tamén
estiveron en Suíza anos máis tarde.
Coñecéronse
e casaron en Galicia.
Iria
Fajín Casas (3º PDC)
Alba Docampo Noya (3º PDC)
Manuel Docampo Grela, o meu pai, emigrou a Suíza con
máis ou menos 18 anos. El marchou porque aquí xa acabara os estudos e había
falta de cartos, eran 3 irmáns e os 3 foron para alá xuntos. Instaláronse nun
piso os tres xuntos e logo meu pai púxose a traballar de peón, pero logo voltou
para Galicia porque encontrara unha moza xeitosa de Tordoia e tiña morriña. Máis
ou menos botou alá 1 ano, pero seus irmáns botaron alá moitos máis anos. Hoxe en
día os irmáns están todos aquí sen traballo, menos meu pai que hoxe en día ten unha gran
explotacion en Trazo.
Manuel Docampo Grela agora mesmo di: “Aquí teño a miña vida e non volvería marchar”. El xa
ten todo o que necesita para ser feliz: unha muller e dúas fillas. E eu como
filla estou moi orgullosa de telo como pai.
Alba Docampo Noya (3º PDC)
Ningún comentario:
Publicar un comentario