Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 14 de decembro de 2018

Andel de Libros (XV): Tres pasos polo misterio, de Agustín Fernández Paz



A min este libro non me entusiasmou moito porque o contido das historiaa non me pareceu tan interesante a pesar de que a min me guste o misterio. Dende un primeiro momento non me enganchou porque non me sentía identificado nin cómodo.

Por iso, non encontro un momento que teña importancia, porque ao non engaiolarme, non sei decidirme por un momento exacto. 

A miña opinión sobre o libro é que este non resulta interesante porque non é a clase de misterio que me gusta, ademais paréceme un libro aburrido e sen atractivo.

Os cambios que faría serían segundo os meus gustos sobre os libros, quitaríalle un pouco de misterio e engadiríalle personaxes con máis atracción respecto ao lector.

O final é axeitado, pero ao non ser un libro atractivo tampouco me emocionou.

Finalmente, a min non me foi difícil de entender, pero non o volvería a ler nin o recomendaría moito para os meus compañeiros.

Adrián Esmorís Noya (3º ESO)

xoves, 13 de decembro de 2018

Book tráiler (XV): "O Principiño" de Antoine de Saint-Exùpery. Por Uxía Beiras Rivas


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exùpery (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Uxía Beiras Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (XIV): "O diario violeta de Carlota" de Gemma Lienas. Por Uxía Beiras Rivas



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Uxía Beiras Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XIII): "O neno do pixama a raias" de John Boyne. Por Anxo Lamas Liste



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O neno do pixama a raias, de John Boyne (col. Narrativa. Kalandraka, 2006). Realización youtubeira: Anxo Lamas Liste, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (XII): "Corredora" de María Reimóndez. Por Anxo Lamas Liste



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Anxo Lamas Liste, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XI): “Unha branca de cobre para Martiño”, de Ramón Carredano. Por Raúl Ferreira Parente


Unha nova entrega no noso recuncho de realización toutubeira, velaquí o Book tráiler da novela Unha branca de cobre para Martiño, de Ramón Carredano Cobas (col. Merlín. Xerais, 2015). Realización youtubeira: Raúl Ferreira Parente, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)




martes, 11 de decembro de 2018

Book tráiler (X): “Cartas de inverno", de Agustín Fernández Paz. Realizado por Brais Pena Docampo



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín FernándezPaz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995. 36ª ed. 2018). Realización youtubeira: Brais Pena Docampo, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (IX): “Tonecho de Rebordechao", de Breogán Riveiro. Realización por Nerea González Rey



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro (col. Árbore. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Nerea González Rey, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (VIII): “Cartas de inverno", de Agustín Fernández Paz. Realización por Sara Pena Gutiérrez



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín FernándezPaz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995. 36ª ed. 2018). Realización youtubeira: Sara Pena Gutiérrez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Andel de Libros (XIV): Criminal, de Xurxo Borrazás.



O libro estivo bastante ben, e gustoume moito. Lese rápido e enténdese ben, aínda que a min algunhas cousas custoume entendelas, porque este libro, non é unha narración coma outra calquera. É un relato dos que lle chaman “flash back”, no que a historia a contan do revés. Primeiro cóntannos o que pasou nun pasado e despois o que está sucedendo agora mesmo.

A lingua e o vocabulario son fáciles de entender e se non entendes unha palabra sácala ben polo contexto.

O único cambio que faría é que Chucho non lle fixera o que lle fixo á pobre familia enteira, e que se o tiña que facer que tivera algún motivo.

Gustáronme varias cousas do libro e unha delas é que Dani era un neno moi obediente, e cando lle mandaban facer algo os seus pais, sempre o facía e nunca protestaba.

Gustaríame que Chucho tivera outro tipo de comportamentos, que non fixese o que lle fixo á rapariga, a Lola. A maneira que tiña de falar e actuar e mais o que lle fixo á pobre familia. Se queredes saber que lle fixo Chucho a esa familia só tedes que ler o libro, animádevos!

Lydia Rey Varela (4º ESO)

mércores, 5 de decembro de 2018

Book tráiler (VII): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realización por Sara González Castro e Valeria Vásquez Fernández



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book trailer da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure (Xerais, 2003). Realización youtubeira: Sara González Castro e Valeria Vásquez Fernández (1º ESO) CPI Viaño Pequeno (Trazo)





Book tráiler (VI): Aire negro, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Gloria Pena Gutiérrez




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira. Velaquí o Book trailer da novela Aire negro, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Gloria Pena Gutiérrez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)




Andel de Libros (XIII): Agosto do 36, de Xose Fernández Ferreiro



Agosto do 36. Xose Fernández Ferreiro. Xerais

Este libro gustoume bastante a pesar de ser a historia diferente á que eu pensaba. Vai sobre a guerra civil, e é moi interesante. Foi un libro moi entretido, pero nalgúns momentos era moi repetitivo, tamén pode ser que non me gustase do que falaban (unha obsesión por unha das personaxes, Sara).

Faría algún cambio na historia que sería que interviñese alguén máis no transcurso da historia, xa que no principio hai moitas personaxes pero apenas seguen aparecendo. Os personaxes principais son seis, pero noméanse varios máis: os pais de Sara, a xente da aldea, o taberneiro... O único que segue aparecendo é o taberneiro. 

O final foi para min o momento máis importante do libro, xa que aínda que pensas que vai acabar dunha maneira, pode acabar doutra totalmente diferente, e iso fixo que me enganchase a el. 

A lingua é moi fácil de entender e lese bastante rápido. 

Gustoume moito aínda que faría algún cambio. Recomendo este libro, e sobre todo á xente que lle gusten temas coma este.

Tania Villasenín Bello (4º ESO)

Este libro pareceume moi emocionante e entretido, aínda que houbo momentos nos que se facía moi repetitivo polo medio da historia. 

Trata sobre unha muller que foi secuestrada e atada a un carballo, á espera de que o seu home a fose rescatar para que desta maneira os secuestradores o poidan cazar a el, o cal é o seu obxectivo.    

O tema é interesante, gustoume moito. A parte que máis me gustou foi o final porque foi o momento máis fascinante, aínda que sexa bastante triste, na que Sara é asasinada por fin polos secuestradores.

O personaxe que para min é o mellor é Sara, porque a pesar de todo o que sufría ela seguía aguantando e aguantando. Tamén me gustou moito Gregorio, o home de Sara, que tamén tivo un tráxico final.

A linguaxe é moi doada, lese moi rapidamente e sen problema. u persoalmente recomendo este libro porque seguro que lle gusta a todo aquel que o lea.

Damián Regueiro Liste (4º ESO)

Este libro gustoume moito xa que conta unha historia de guerra mestutada coun secuestro se se lle pode chamar así.

O momento máis importante para min é cando Gregorio fai o canto da perdiz por primeira vez xa que lle dá ánimos a Sara para continuar a saber que a está `"protexendo" desde lonxe e que en calquera momento pode atacar aos falanxistas e librarse dese inferno.

Outro detalle importante é que Sara nunca di onde está Gregorio, o cal lle dá máis valor ao personaxe por protexelo dese modo e baixo ningún concepto dicir onde está, o que a ela non lle causa ningún ben senón o contrario.

Eu no desenvolvemento só cambiaria que o final estea no fin non no principio xa que así non saberías que vai pasar. Por esta razón o final non me gusta moito pero non llo cambiaría.

A lingua é moi fácil de entender e non ten palabras raras. Este libro e moi fácil de resumir e lese moi rápido xa que engánchate dende o primeiro momento. Anímovos a que o leades.

Martín Dafonte Iglesias (4º ESO)

Andel de Libros (XII): A punta de pistola, de Fran Alonso


Un momento importante é cara ao final cando van a camioneira Camelia e o seu amigo camioneiro que lle axuda a deter a parella formada polo Varas e Rica, cos camións dese amigo camioneiro e de Camila. Camila axudoulle porque estaba pensando que a parella fora quen lle roubara a mercadoría nun transporte. Esse momento do libro foi o me máis gustou porque era inesperado, emotivo e moi sinxelo de ler.
O tema paréceme moi axeitado para a mocidade, porque polo que lin parece que é de suspense e emocionante a historia da parella. 
O asunto da camioneira Camila pareceume que era un pouco máis aburrido pero era máis para ensinar como era ela e como facía ante algunhas circuntancias. 
Eu cambiaria que Varas fose algo menos agresivo, sobre todo cos rapaces, pero así dáballe un toque de ambiente a esta historia. 
O final é aberto, así que podes imaxinar o que vai pasar e paréceme que é axeitado.
A lingua é moi fácil de ler, aínda que conten alguns palabróns.

Miguel Mariño Martínez (3º ESO)

Andel de Libros (XI): O camiño da Estadea, de Ramón Caride Ogando



Para min o momento máis importante foi cando descubriron o que había no sétimo piso, do centro comercial de Bambari (Africa). Nel había material radioactivo traído dunha central nuclear no Brasil, porque como esa central estaba parada debido a que houbera un fallo na produción do uranio. Ese material pertencía a Sandro Qwintvarzc, o pai de Anahí, tamén organizador do evento ÁfricaNostra. 

Cando Said, Sheila, Irina e Edu foron investigar o que había nesa sétima planta e porque sucedera aí a morte de Atuanya encontráronse con iso e rapidamente déranse de conta de que fora cousa de Sandro. Entón Said púxose a investigar sobre Sandro e máis todo o que estivera relacionado con el.

Ao final sucedeu que Said e o resto foran a por Anahí e mais o seu pai, pero estes sabíano e tendéronlles unha trampa. Cando estes encontraran o paradoiro de Anahí mailo seu pai, unha morea de sicarios estaban a apuntarlle. Pero de súpeto apareceu a policía para acabar dunha vez con todo iso.

Pablo García López (3º ESO)