Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 5 de decembro de 2018

Andel de Libros (XIII): Agosto do 36, de Xose Fernández Ferreiro



Agosto do 36Xose Fernández Ferreiro. Xerais

Este libro gustoume bastante a pesar de ser a historia diferente á que eu pensaba. Vai sobre a guerra civil, e é moi interesante. Foi un libro moi entretido, pero nalgúns momentos era moi repetitivo, tamén pode ser que non me gustase do que falaban (unha obsesión por unha das personaxes, Sara).

Faría algún cambio na historia que sería que interviñese alguén máis no transcurso da historia, xa que no principio hai moitas personaxes pero apenas seguen aparecendo. Os personaxes principais son seis, pero noméanse varios máis: os pais de Sara, a xente da aldea, o taberneiro... O único que segue aparecendo é o taberneiro. 

O final foi para min o momento máis importante do libro, xa que aínda que pensas que vai acabar dunha maneira, pode acabar doutra totalmente diferente, e iso fixo que me enganchase a el. 

A lingua é moi fácil de entender e lese bastante rápido. 

Gustoume moito aínda que faría algún cambio. Recomendo este libro, e sobre todo á xente que lle gusten temas coma este.

Tania Villasenín Bello (4º ESO)

Este libro pareceume moi emocionante e entretido, aínda que houbo momentos nos que se facía moi repetitivo polo medio da historia. 

Trata sobre unha muller que foi secuestrada e atada a un carballo, á espera de que o seu home a fose rescatar para que desta maneira os secuestradores o poidan cazar a el, o cal é o seu obxectivo.    

O tema é interesante, gustoume moito. A parte que máis me gustou foi o final porque foi o momento máis fascinante, aínda que sexa bastante triste, na que Sara é asasinada por fin polos secuestradores.

O personaxe que para min é o mellor é Sara, porque a pesar de todo o que sufría ela seguía aguantando e aguantando. Tamén me gustou moito Gregorio, o home de Sara, que tamén tivo un tráxico final.

A linguaxe é moi doada, lese moi rapidamente e sen problema. u persoalmente recomendo este libro porque seguro que lle gusta a todo aquel que o lea.

Damián Regueiro Liste (4º ESO)

Este libro gustoume moito xa que conta unha historia de guerra mestutada coun secuestro se se lle pode chamar así.

O momento máis importante para min é cando Gregorio fai o canto da perdiz por primeira vez xa que lle dá ánimos a Sara para continuar a saber que a está `"protexendo" desde lonxe e que en calquera momento pode atacar aos falanxistas e librarse dese inferno.

Outro detalle importante é que Sara nunca di onde está Gregorio, o cal lle dá máis valor ao personaxe por protexelo dese modo e baixo ningún concepto dicir onde está, o que a ela non lle causa ningún ben senón o contrario.

Eu no desenvolvemento só cambiaria que o final estea no fin non no principio xa que así non saberías que vai pasar. Por esta razón o final non me gusta moito pero non llo cambiaría.

A lingua é moi fácil de entender e non ten palabras raras. Este libro e moi fácil de resumir e lese moi rápido xa que engánchate dende o primeiro momento. Anímovos a que o leades.

Martín Dafonte Iglesias (4º ESO)

Ningún comentario: