Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 1 de xuño de 2022

Conta de Libros (XXV): A piragua, de Cándido Pazó

A piragua. Cándido Pazó. Laiovento 
 
A min este libro persoalmente gustoume, aínda que algunhas escenas eran un pouco aburridas. 

O momento que máis me gustou foi cando Rosa rebelase contra Delio por berrarlle, porque non ten dereito a facer iso. Unha cousa que non me gustou moito foron os flashbacks, xa que nalgunhas partes non sabía se estábamos no presente ou no pasado. Outra cousa que non me gustou tanto foi o final porque non lle veño o sentido de matar a Guzmán. 

A miña personaxe favorita é Rosa, porque a pesar de todo o que lle fai Delio ela segue adiante, é moi boa persoa e trata moi ben a todos os seus amigos, sobre todo a Lucía, con ela levase de marabilla. 

A lingua era fácil exceptuando algúns casos nos que algunha palabra era algo rebuscada. 

Valeria Vásquez Fernández (4º ESO)

Conta de Libros (XXIV): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao

Os vellos non deben de namorarse. Castelao. Galaxia 

A min neste libro gustoume bastante a historia, é entretida é fácil de ler e conten moita retranca galega, cousa que me gusta moito como queda. 

Os momentos máis importantes ao meu parecer foron cando a morte chegaba á escena, porque xa se intuía que alguén probablemente ía morrer pouco tempo despois de que ela se fose. 

A idea de que cada vello tivera a súa historia en concreto e de que non fosen todos o mesmo gustoume bastante. 

A miña personaxe favorita é Micaela, xa que pensou moi ben unha estratexia para roubarlle leiras a Don Ramón, e pareceume gracioso. 

Ao final do libro gustaríame engadirlle que os 3 vellos puideran vingarse das 3 mozas convertidos en pantasmas. 

A lingua pareceume fácil aínda que había algunhas palabras que non entendía moi ben. 

 Valeria Vásquez Fernández (4º ESO)  
 
Para min este libro foi moi entretido. O autor é Castelao, do que eu xa tiña lido a novela Os Dous de Sempre. Neste caso o libro que lin é unha obra de teatro polo que penso que por iso o lin máis rápido. Cabe destacar que é a primeira vez que leo algo deste tipo e sorprendeume bastante xa que pensaba que este tipo de libros non me ían gustar e ao final gustoume moito.
 
Se tivera que escoller unha das tres historias que compoñen este libro sería a primeira, do boticario Don Saturio e Pimpinela, aínda que me gustaron todas esa foi a que máis me chamou a atención. 
 
En canto á linguaxe tamén quedei sorprendida xa que este non é precisamente un libro da actualidade senón que xa ten os seus anos e enténdese moi ben todo.
 
Por último como xa dixen no outro libro que lin este trimestre teríame gustado que fose unha soa historia pero iso xa é para gustos, aínda así non teño queixas.

Sonia Muíño Riomayor (4º ESO)

Conta de Libros (XXIII): Rastros, de Roberto Vidal Bolaño


Rastros. Roberto Vidal Bolaño. Positivas 

Este foi o primeiro libro que lin de teatro e gustoume moito. Para min o momento máis importante do libro é o principio onde os personaxes son pequenos, xa que o inicio é igual que o final e con el enténdese a historia. 

Gustoume moito e pareceume moi interesante, xa que nunca me imaxinei esas historias que contan os “flashbacks” no libro. Cada un sorprendeume máis. 

A obra baséase nun pequeno grupo de 4 amigos que recordan as súas aventuras pasadas cando están pasando por un momento difícil. 

O meu personaxe favorito é Moncho, porque a pesar de que nalgunhas ocasións non o debería facer, sempre intentaba axudar a Esther en todo o que puidese. 
 
O final gustoume moito pola maneira en que remata igual que o principio, fai que o libro sexa diferente e dálle un desenlace máis tráxico á historia. 

A lingua pareceume sinxela e sen dificultades, ademais é un libro que se le bastante rápido e é moi entretido. Recomendo lelo. 
 
Lucía González Castro (4º ESO)

A min este libro de Roberto Vidal Bolaño gustoume moito porque é unha historia que pode
pasar na realidade. A historia que conta é moi interesante porque un suicidio é unha realidade moi grave que acontece moito, e non nos damos conta nas novas, pero cada día morre moita xente debido a que acaba coa súa propia vida, até menores de idade.

Os personaxes deste libro gustáronme moito porque son poucos pero están todos moi ben
desenvolvidos, xa que se describe a súa vida bastante ben. A miña personaxe favorita é
Esther porque é unha persoa sen filtro, é dicir sempre di o que pensa sen medo ao que
pasará. Outro personaxe que tamén me gustou foi Iago porque me pareceu moi serio nalgúns aspectos.

O final do libro gustoume penso que está ben pero daríalle un pouco máis de emoción porque na miña opinión é un final moi básico.

O libro en xeral ten un vocabulario moi doado, xa que é unha obra de teatro en que varias
personaxes falan cun vocabulario máis inculto, que nas persoas novas é máis fácil de
entender debido a que estamos acostumados a falar así de maneira cotiá.

Ana Señaris Veiras (4º ESO)


Para min o momento máis importante do libro é cando Esther se intenta suicidar porque senón o resto da obra teatral non tería sentido ningún. Pareceume unha lectura moi interesante porque aprendín cousas, como por exemplo que cando nos imaxinamos a nosa morte sempre o facemos dunha maneira idealizada.

A miña personaxe preferida é Esther tanto pola súa maneira de ser como por como reacciona sobre as diferentes situacións que suceden ao longo da obra teatral.

O desenvolvemento gustoume e tamén da maneira en que está escrito, xa que se fai moi ameno de ler.

A min o final gustoume moito porque non é un final como o resto dos libros e non o esperas para nada.

A lingua pareceume fácil de ler con palabras sinxelas.

Na miña opinión recomendo ler este libro porque é entretido e fácil de ler.

Iria Castro Noya (4º ESO)

martes, 31 de maio de 2022

Book tráiler (LXXXV): Somos os monstros, de Paula Carballeira. Realizado por Lidia González Rey

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Somos os monstros, de Paula Carballeira, con ilustracións de Ignacio Hernández (Col. Biblioteca Dramática Galega, Xerais, 2019). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXXXIV): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Lidia González Rey

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

luns, 30 de maio de 2022

Book tráiler (LXXXIII): O segredo da vella libraría, de Xabier López. Realizado por Diego Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O segredo da vella libraría, de Xabier López (col. Árbore. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

venres, 27 de maio de 2022

Book tráiler (LXXXII): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Lucía Rey Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXXXI): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Cristina García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXXX): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Iván Regueiro Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Iván Regueiro Liste, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXXIX): A ermida do diaño, de Xelucho Abella Chouciño. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro A ermida do diaño, de Xelucho Abella Chouciño (col. Costa Oeste. Galaxia, 1999). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXXVIII): A neve interminable, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Sergio Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A neve interminable, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2015). Realización youtubeira: Sergio Señarís Suárez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

luns, 23 de maio de 2022

Conta de Libros (XXII): Iridium, de Francisco Castro

 


Iridium. Francisco Castro. Galaxia

Na miña opinión este libro gustoume moito, xa que fala da vida dos adolescentes sen xulgar os comportamentos e o autor é compresivo con cada un dos rapaces explicando a súa maneira de comportarse, e a min estes libros que tratan deste tema gústanme bastante. 

Para min o momento máis importante do libro foi cando Chechu e Mario pelexaron e Chechu perdeu o teléfono, xa que é o que lle deu máis interese á narración, porque Mario saíu correndo e Chechu pensou que fora Mario quen llo roubara. 

O desenvolvemento gustoume e tamén da maneira en que está escrito, xa que son capítulos pequenos, onde acabas un e déixache coa intriga de saber que pasa no seguinte.

A min o final gustoume moito, xa que, Iris e Mario acabaron xuntos, e iso pareceume un detalle moi bonito, e que me encantou. 

A lingua pareceume fácil de ler con palabras sinxelas. 

En resumo, na miña opinión recomendo moito ler este libro porque é entretido e, ademais, fácil de ler.

Lucía Grela Seoane (3º ESO)


luns, 16 de maio de 2022

Book tráiler (LXXVII): Be Water, de Antía Yáñez. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (col. Merlín, Xerais, 2020). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

martes, 10 de maio de 2022

Book tráiler (LXXVI): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Iván Regueiro Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez. Ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Iván Regueiro Liste, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)