Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 14 de novembro de 2022

Andel de Libros (III): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas

 



O corazón de Xúpiter. Ledicia Costas. Xerais

A min este libro gustoume moito xa que trata sobre temas da adolescencia que pasan actualmente. O libro quixo que entenderamos que non temos que falar nin confiar na xente coa que falemos por internet e aínda menos coñecerse en persoa.

O momento que máis me gustou foi cando Anxo, Mar e Isla foron dar un paseo e Anxo foilles contando que lle ocorreu na súa infancia, porque demostrouse que a súa amizade era verdadeira e podían ter confianza. E o que menos me gustou sen dúbida foi o final xa que é moi tráxico. 

O meu personaxe preferido é Mar porque me parece unha rapaza que daría moi bos consellos e tamén é moi boa amiga. O personaxe que menos me gustou é Xúpiter porque o único que fai é enganar as persoas falando con elas por internet para despois matalas.

Este libro pareceume moi fácil de ler e enténdese bastante ben.

Ainoha González Iglesias (3º ESO A) 

O meu momento favorito é cando Isla descobre de verdade quen era co neno que estaba falando e o momento que menos me gustou é cando Xupiter decide matar a Isla.

O meu personaxe preferido é Isla xa que se atreveu a cambiar de cidade que non o fai calquera, pero gustaríame que soubera antes o de Xupiter. E o personaxe que menos me gusta é o veciño de Isla porque non entendo a necesidade de facerlle iso a unha rapaza que non coñeces de nada.

Este libro pareceume bastante fácil de ler, é un libro que non me encantou pero tampouco non me desgustou.

Aínda que a min non me gustara tanto este libro si que o recomendo por que ten momentos

interesantes. Ten un final bastante axeitado para a historia.

Ten un vocabulario axeitado e por esta razón este libro enténdese moi ben e creo que facilmente podelo ler ata nos primeiros cursos da ESO.

Nerea Sánchez Castro (3º ESO B)

xoves, 10 de novembro de 2022

Book tráiler (IX): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (VIII): Anagnórise, de María Victoria Moreno. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Anagnórise, de María Victoria Moreno (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017, 3ª edición). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (II): 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa


 

48 horas, Cándido Paniagua Pousa. Xerais

O personaxe que máis me gustou foi o mellor amigo de Lois, Néstor, porque o coidaba moito e ata que non o atopou non parou, tamén estivo insistindo en saber como ía o caso e se xa se sabía algo de Lois. 

O que máis me gustou deste libro é que trata dunha desaparición polo cal faise moi entretido e interesante. Pero o que menos me gustou do libro é que a desaparición se alongara tanto xa que era un xogo para o rapaz desaparecido. 

Esta narración nin me gustou nin me desgustou xa que era entretida pero tampouco o escollería para ler, aínda que tema que se trataba na historia gustoume xa que tiña uns momentos moi interesantes e tamén porque me gustan os libros sobre desaparicións. 

Recomendaríalle esta lectura a rapaces e rapazas ás que lle gusten os libros sobre desaparicións, xa que é un bastante entretido e ao comenzar a lelo queres seguir lendo para saber como segue a historia. 

A lingua deste libro foi fácil de entender, pois non tiña ningunha complexidade. 

Valeria Grela Bello (3º ESO B)

O libro, gustoume moito, xa que vai narrando a desaparición de Lois Figueirido despois dunha saída para ir facer un traballo audiovisual para a materia de Xeografía e Historia. Esta novela relata como ocorreu a desaparición e como, os seus compañeiros, mediante recordar que fixeran ese día, logran atopalo.

Pareceume moi fácil de ler, pola súa sinxela expresión e o seu vocabulario fácil de entender.

O meu personaxe favorito foi Néstor, o mellor amigo de Lois, que non para de buscar ata lograr atopalo e pon de todos os seus medios para que sexa rápido.

O que máis me gustou deste libro foi como van actuando os diferentes personaxes ao tratar de atopar ao seu amigo Lois e como te mantén en suspense ata o final da historia.

É unha novela que me resultou moi fácil de ler e, sobre todo que chega a engancharte grazas a intriga e ao suspense que crea.

Recomendaríavos lelo se vos gustan as historias de desaparicións e de intriga.

Sara Gómez García (3º ESO A)

 

Book tráiler (VII): A chave das noces, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A chave das noces, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2018). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (VI): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (V): O Pazo Baleiro, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Pazo Baleiro, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas (col. Sopa de Libros. Xerais, 2002). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

 

Book tráiler (IV): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Ariadna Hernández Bautis

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 1994). Realización youtubeira: Ariadna Hernández Bautis, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (III): As flores radioactivas de Agustín Fernández Paz. Realizado por Sofía Dafonte Pazos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela As flores radioactivas de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Miguelanxo Prado (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2013). Realización youtubeira: Sofía Dafonte Pazos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 

 


Book tráiler (II): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Diego Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (I): Anagnórise, de María Victoria Moreno. Realizado por Lucía Rey Martínez


«Entendemos por booktrailer en el contexto escolar, que es el que nos ocupa, un vídeo elaborado por estudiantes de Secundaria (o de Primaria), a partir de la lectura de un libro de ficción. La finalidad del cortometraje es convencer a los iguales de que vale la pena leer el libro en cuestión. Hay implícitas, por tanto, como quedará patente más adelante, las ideas de lectura (e interpretación, con toda su ambigüedad), de elaboración conjunta (por el volumen de trabajo que supone) y, por último de significatividad.» (Booktrailers en el aula: una mirada diferente a la lectura, Joan Bustos, revistababar.com)

Neste curso 2022/2023 continuaremos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado da ESO, de maneira voluntaria, realizará breves BOOK TRÁILERS sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega.

Nesta sección denominada Book tráilers a primeira alumna en achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho de realización youtubeira foi
Lucía Rey Martínez (2º ESO), desta volta sobre a novela Anagnórise, de María Victoria Moreno (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017, 3ª edición).


 

 

 

martes, 25 de outubro de 2022

Andel de Libros (I): 22 segundos, de Eva Mejuto


Un novo curso 2022/2023 e continuamos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega. Desta volta vaise chamar Andel de Libros e a primeira alumna en achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho das lecturas foi Zaira Antelo Iglesias (3º ESO). Velaquí a súa recensión e as que chegaron despois: 

22 segundos. Eva Mejuto. Xerais

Para a miña opinión esta narración conta unha historia que é realista. A novela parece moi ben que fose escrita, porque para a xente homófoba dálle unha ensinanza que ao mellor non lle fai cambiar moito a opinión pero ao mellor hai a xente que lle serve para aprender algo, que é do que se trata, e porque se contan estas historias. Porque non temos porque criticar o que fai cada un coa súa vida, xa que cada un é libre de facer o que queira coa súa.

O protagonista desta historia chámase Alex, que ao principio da historia era unha nena e tivo o valor de dicir, tal e como se encontra a sociedade con estas cousas, pois ela tivo o valor de dicir que se sentía un neno e que quería que o tratasen como tal. Toda a súa familia o apoiou cousa que tamén lle serviu de moito, e a súa amiga tamén.

Recoméndovos moito ler este libro xa que é moi interesante e pode axudarvos a cambiar a opinión sobre moitas cousas que ao mellor pensades que son dunha maneira, e non son tal e como vós pensades. E aínda que xa saibades todas estas cousas o libro é moi entretido, e divertido. Gustoume moito.

Zaira Antelo Iglesias (3º ESO A)

Persoalmente o libro 22 segundos encantoume, paréceme unha historia preciosa dunha rapaza que o está pasando mal por culpa da xente, sinto que se alguén ten os mesmos problemas lle pode valer de moito para desafogarse ou darse conta de que hai xente que tamén está coa el/ela.

Pareceume moi doado de ler e comprender, lese rápido e engánchate.

Para min os personaxes principais eran Ánxela e o avó, porque Ánxela é a protagonista pero o avó é o que sempre a apoiou e lle dixo que perseguise os seus soños. Por iso me encanta ese personaxe, é moi motivador e dáche ganas de seguir adiante e pasar de todas as malas rachas ou comentarios que sabes que vas pasar e recibir.

Hai tres personaxes que non me gustaron nada que foron, Anxo, Raúl e a avoa, porque os tres lle levaban a contraria á moza, non lle axudaban e non a comprendían. Xente coma esa pode facer que unha persoa se rinda.

Recomendo moito este libro, ten un final moi triste pero aínda así encantoume.

Antía Bello Liñares (3º ESO A)

Este libro gustoume moito, ten un tema moi interesante e un vocabulario sinxelo e fácil de entender.

Para min, o suceso máis importante do libro foi cando Álex comezou o instituto, xa que foi a partir de aí cando compartiu o que sentía realmente coas persoas que o rodean e foi realmente feliz.

O meu personaxe favorito é o avó de Álex porque ten unha mentalidade moi aberta, é moi sincero e tamén moi gracioso.

Eu penso que a relación da portada co tema do libro é que na portada aparece un rapaz cunha cicatriz no peito que se levanta os brazos forma un sorriso e chegando ao final do libro, Álex coñece por internet un rapaz galego que nunha chamada lle amosa a mesma cicatriz ca o rapaz que sae na portada.

Non lle cambiaría o final, pero si un detalle, porque o mellor personaxe para min foi o avó e non me gustou que morrese.

Tampouco lle cambiaría o título xa que me parece totalmente axeitado co tema do libro.

Laura Noya Sánchez (3º ESO B)

22 segundos é un libro que me gustou moito sobre todo pola forma de narrar de Eva Mejuto, grazas a ela faise unha lectura moito máis levadeira. Fala sobre un tema moi complicado, que ela soubo compartir con nós de forma que o entenderamos malia non ter nin idea sobre as persoas transexuais.

No libro vemos que un dos xéneros destacados é o humor, xa que toda a familia de Álex intenta levar as cousas dunha maneira máis amena.

Gustoume moito o detalle de que todos os capítulos teñan un segundo, por cada capítulo vaise sumando un ata conseguir os 22 segundos, que fan referencia aos segundos que demorou o vídeo de Álex en subirse á rede.

Encantáronme os personaxes xa que todos eran moi simpáticos e respectaron en todo momento a Álex aínda el estando nunha das etapas máis complexas da súa vida. O meu personaxe preferido é Ramón, o avó de Álex, debido a que me parece un personaxe con moito potencial, ten un gran corazón e iso queda reflectido en todo o libro xa que apoiou a Álex con humor e cariño, ten unha mente moi aberta en comparación coa maioría das persoas da súa idade e en resume paréceme un personaxe moi interesante.

Para o meu parecer 22 segundos é unha gran lectura, porque axuda a entender ás persoas que están a pasar pola mesma situación e sinceramente sinto que é un tema moi interesante e importante, do cal deberíamos estar todos minimamente informados.

Victoria Domínguez Marinho (3º ESO A)

22 segundos é un libro baseado nun rapaz transexual. Esta novela trata de mostrar e normalizar unha identidade sexual que non se encontra normalizada totalmente. Intenta expresar todo o que sente unha persoa transexual no seu cambio de xénero, e mostra como se sente dende pequeno: Como viste, a que xoga....

Paréceme que é un libro moi necesario nas sociedades de hoxe en día xa que a xente non lle dá a este grupo de persoas a importancia e comprensión que necesitan. Tamén me gustaron moito os personaxes que acompañan a Álex (seu avó e súa nai), xa que sempre se poñen no lugar de Álex, e o acompañan en todo o proceso de transición.

Moitas das persoas transexuais teñen medo de falar sobre a súa verdadeira identidade, xa que cren que ningúen os vai acompañar. Sen embargo, se todos fosen como a familia de Álex, creo que moita máis xente expresaría como ela se sente.

Aitana Noya Santos (3º ESO B)

O personaxe que máis me gustou deste libro foi o avó de Xela/Alex porque apoiaba a súa neta sen criticar o que ela quería facer e cambiar. Tamén me gustou moito Ana como personaxe porque sabendo que Xela quería pasar a ser un neno non deixou de estar con ela aínda que nalgún momento se avergonzou (cando a viron as rapazas dun curso con Xela).

Os momentos que máis me gustaron deste libro foi cando Xela empezaba a comprar roupa de neno e a cortar o pelo coma os rapaces. O momento que menos me gustou foi cando o avó de Xela enfermou porque volveu estar ben pero volveu enfermar e acabou morrendo e non me gustou ese momento porque o avó era o máximo apoio de Xela nas súas decisións.

A miña opinión sobre este libro e que é moi interesante , tamén é moi doado de ler xa que é curto e usa palabras fáciles de comprender.

Recomendaríalle este libro a moitas persoas, xa que se le moi rápido e ao mesmo tempo te divirtes lendo o contido da narración. 

Este libro é moi importante, e paréceme que todo o mundo o debería ler, xa que hai moita xente incapaz de ver o que senten estas persoas e de empatizar con elas. Como é o caso de Alex (antes Ánxela), un rapaz transexual. 

Valeria Grela Bello (3º ESO B) 

A min este libro gustoume moito. Paréceme un libro que ata pode servir de axuda tanto para persoas transexuais, como para persoas que non saiban moito sobre o tema e se interesen por el.

A autora narra a historia de Xela/Alex dun xeito autobiográfico, é dicir explica máis ou menos mediante as anécdotas da historia as súas vivencias de cando era pequena.

Pareceume que explica moi ben e dun xeito ameno como se sente unha persoa así e como recibe o trato das persoas. Ela non se recoñecía a si mesma coma unha rapaza, e non entendía por que se sentía así ata que falou coa súa psicóloga Cristina.

Narra tamén, inxustizas que viviu de pequena, como levar coletas e saia á escola. Non se sentía apoiada por súa nai ata que súa nai entendeu todo. O seu máximo apoio era o seu avó, que sempre a entendeu dende nena.

Non me pareceu un libro complexo de ler, e o vocabulario que se emprega enténdese case á perfección exceptuando algunhas palabras.

Uxía Mariño Parafita (3º ESO B)

A min esta novela gustoume bastante e pareceume fácil de ler, tamén ten un vocabulario axeitado para a idade que recomenda o libro.

O meu personaxe favorito é Xela porque ela ten claro que quere ser un rapaz e ata que o consegue non para e o personaxe que menos me gusta e a avoa porque aínda que Xela non quere poñer vestidos ela séguellos comprando.

O momento que máis me gustou do libro é cando Xela non quere poñer saias e súa nai como sabe que si ou si ten que poñelas, porque é un colexio de monxas, dille que ao chegar a casa podía cambiarse.

E o momento que menos me gustou foi cando a mestra lle mandou cambiar o debuxo porque dicía que se vía coma un neno, cando ao principio da clase lle dixera que se debuxaran como eles se viran.

Eu este libro recoméndoo cen por cen porque che mostra unha realidade, a de que moitos nen@s agora se senten do xénero contrario. Eu creo que este libro o entendes perfectamente con 12 anos.

Nerea Sánchez Castro (3º ESO B)

O meu momento favorito é cando Alex coñece a Ana, a súa amiga que ao final acaban namoradas.

E o meu personaxe favorito é o avó, o cal axuda moito a Álex, axúdao a sentirse como é, a que vista da maneira que máis lle guste e a que xogue co que prefira.

O libro é moi interesante e sinxelo de ler, xa que o interese do tema engancha moito, ata que o acabas non dás parado.

Non faría cambios porque no libro está todo axeitado e presenta unha orde correcta dos acontecementos.

En resume, este libro está moi ben e recoméndollo a todo o mundo, pola gran mensaxe que nos transmite.

Carla Lema Domínguez (3º ESO B)

O libro gustoume bastante, xa que dá a coñecer, por medio dun relato, a vida que levan os transexuais e axuda á sociedade a poder comprender que esta situación non é fácil, nin para eles, nin para os seus familiares e amigos ou amigas e intentar respectalos/as.

Relata a historia dun mozo transexual. El non se sentía identificado co sexo que lle asignaran ao nacer, sentíase un neno. Nesta historia vai narrando como vai cambiando a súa identidade, cousa que non é fácil. Case das primeiras cousas que fai é cambiarse o nome, de Xela a Álex.

Relátase a súa vida, dende que era pequeno ata a súa adolescencia, e os cambios que vai facendo neste período.

Pareceume moi fácil de ler, pola súa sinxela expresión e o seu vocabulario fácil de entender.

O personaxe que máis me gustou deste libro foi o avó de Álex, xa que o apoia e todo momento e anímao cando o encontra un pouco triste polo que lle din os demais, e pola súa frase “ O que non se di é coma se non existise”

Recomendaríavos lelo xa que mostra como viven os transexuais, dunha forma entretida e á vez aprendes cousas novas sobre eles.

A min este libro gustoume moito porque che engancha e é doado de ler.

Sara Gómez García (3º ESO B)



martes, 7 de xuño de 2022

Book tráiler (CXIX): A casa da luz, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa da luz, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas (col. Sopa de Libros. Xerais, 2002). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXVIII): Rastros, de Roberto Vidal Bolaño. Realizado por Iria Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra de teatro Rastros, de Roberto Vidal Bolaño (col. Teatro. Positivas, 1998). Realización youtubeira: Iria Castro Noya, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXVII): Matilda, de Roald Dahl. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Matilda, de Roald Dahl, tradución de X. Miguel Barros (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)