Aire
negro. Agustín Fernández Paz. Xerais
Para
min Aire Negro
paréceme unha novela
que lle recomendaría ler a todas as persoas as que
lle gusten o xénero de misterio, e aínda que non che agrade tanto,
estaría ben que lle deses
unha oportunidade que paga a pena ler.
Esta é unha historia
emocionante que che atrae a
ler de principio a fin sen deterte nin un segundo. En cada novo
capítulo ao final sempre che
deixa
coa intriga de que
pasará na seguinte páxina e non che deixa soltar o libro ata
rematalo.
Eu non
faría ningún cambio de ningún tipo xa que penso que a historia
desenvólvese de xeito acertado
e que tiña que rematar da maneira que o fixo.
A portada, a min
sinceramente non me gusta
moito pero penso que está acorde á
historia igual que o título, o cal fai referencia ao mesmo
que a portada.
Os personaxes sinto que están moi ben desenvolvidos e
que fan que te poñas
nas súas situacións. Falando dos personaxes a miña personaxe
preferida é Laura Novo, a
protagonista. Baixo a miña opinión e pracer, Laura ten unha moi boa
forma de narrar os sucesos
que lle aconteceron en Galicia e tamén de expresar os seus
sentimentos escribíndoos. Víctor
por exemplo é un personaxe encantador, porque tivo unha maneira de
gañarse a confianza
de Laura moi empática. Tamén está Carlos, un personaxe moi
importante na historia,
debido a que grazas a el Laura está internada na clínica, recibindo
axuda psicolóxica.
Falando
do libro propiamente, para min é moi fácil de ler, xa que emprega
unha linguaxe
bastante simple e moi fácil de entender. En términos xerais
gustoume moito o libro.
Victoria
Domínguez Marinho (3º ESO A)
Baixo a miña opinión, este libro gustoume moito xa que
trata en gran parte de problemas psicolóxicos que sofre Laura Novo, ata que
introduce ao libro un personaxe de fantasía, que é o principal motivo daqueles
problemas psicolóxicos, e o que lle dá un fin ao libro.
Tamén me gustou que ao
comezo, cando comezas a ler o libro, tal como se conta e o que acontece faiche
pensar que é unha historia real, polo que ao introducir os feitos fantásticos pode
chegar a facerche pensar que aqueles feitos fantásticos poidan ser reais, ou
polo menos dar a impresión.
Ao comezo pódese facer un pouco pesado de ler, xa
que non acontecen cousas moi importantes, só informacion sobre Laura Novo e o
que lle acontecía, pero cando empeza a haber máis acción é un libro moi
entretido de ler.
Paréceme que a historia de Laura Novo que lle escribe a
Victor é bastante estendida, e podía chegar se fora un pouco máis curta.
Aarón Gómez Álvarez (3º ESO A)
Ola, hoxe
vouvos a falar dun libro que ao meu parecer non é o mellor que lin pero está
moi ben porque é unha historia de medo con algo de intriga que o que fai é
darlle un toque perfecto é historia.
A historia
está escrita por Agustín Fernández Paz que ao meu parecer é un dos mellores
escritores galegos dos que eu lle lin libros dos cales o que máis me gustou foi
Cartas de inverno. Ao que iamos Aire Negro é un libro que eu lle
recomendaría a calquera persoa que lle guste a intriga cun toque de medo.
Para min o
libro non está de todo ben porque a pobre de Laura saíu mal parada ao final da
historia xa que é secuestrada e supostamente matada polo gran monstro.
O personaxe
que máis me gustou foi o doutor porque é unha persoa que intentou axudar a
Laura desde un principio e foi grazas a el polo que Laura recuperou a memoria
sobre todo o que lle pasara no pasado.
Para min un
fallo moi grande que ten o libro é o título porque non está de todo ben para a
miña opinión, poderíanlle poñer por exemplo: A tráxica historia de Laura Novo ou O gran monstro e con eses títulos penso que o libro tería máis
lecturas e que estaría mellor. E algunha que outra ilustración non estaría mal.
Anxo Domínguez
Martínez (3º ESO A)
Este libro está moi ben e o meu momento
favorito sen dúbida é cando na historia aparece Carlos, o namorado de Laura, a
paciente de Víctor, xa que el axuda moito a Laura na súa recuperación.
O seu tema é moi interesante porque
fala dun problema importante, a saúde mental.
É un libro o cal engancha e ata que non
o remates de ler non dás parado, vai enfocado para a xente que lle gusten os
libros de misterio.
A min este libro non me pareceu nin
fácil nin difícil de ler, se lle pos interese e ganas acabalo rápido. Cada capítulo
que pasa é aínda máis interesante que o anterior e déixache coas ganas de ver
como continúa a historia.
O meu personaxe favorito é Carlos,
porque axudou moito a Laura e iso é de agradecer, tamén me gustou a
participación de Víctor na historia. En xeral todos os personaxes están
acertados, e fan que simpatices coa súa situación.
En resume, o libro gustoume moito.
Carla Lema Domínguez (3º ESO B)
Aire negro. Agustín
Fernández Paz. Xerais
Vou
a dar a miña opinión sobre un libro que se titula Aire Negro.
O momento máis importante para o meu parecer é cando a rapaza
protagonista conta o que lle sucedeu e porque acabou así.
É
unha narración que para o meu parecer é bastante interesante, é
bastante entretida, pero un defecto que lle vexo eu, iso que me gusta
ler pero aínda así, vexo que se enreda moito e faise pesado porque
é bastante longo, e conta sempre as mesmas cousas e entón faise un
pouco aburrido. Pero así a todo é moi fácil de ler e lese super
rápido, polo que recomendo lelo.
E
tamén pode haber alguén nesa situación e que lle sirvan para algo
as explicación do libro e o que conta, porque explica as cousas moi
ben.
Tamén
me parece moi importante que a rapaza a pesar do problema que ten,
que non é pouco, ela nunca se rende e fai o posible porque todo vaia
a diante e non quedar estancada onde está e poder mellorar pouco a
pouco coa axuda do médico tamén.
Zaira
Antelo Iglesias (3º ESO A)