Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



sábado, 4 de marzo de 2023

Book tráiler (LXXII): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXI): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Lidia González Rey

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

“Xan”, de Follas Novas, nas voces de Laura Gómez García e seu pai José Luís Gómez Fernández

Sara Gómez García (3º ESO A) achéganos a gravación de “Xan”, de Follas Novas, nas voces de súa irmá Laura (10 anos) e seu pai José Luís Gómez Fernández (47 anos). CPI Viaño Pequeno.

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia

Xan

Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por augua,
e vai a misa cos nenos,
e fai o leito i o caldo...
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos que a cada muller
lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un Xan,
casi sempre atopa un Pedro.

Pepa, a fertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentras seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátalle as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalles millo ás galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira si hai ovos no niño,
bota un ollo ós mazanceiros,
e lambe a nata do leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, que agachado
traillo en baixo do mantelo.
E cando Xan pola noite
chega cansado e famento,
ela xa o espera antre as mantas,
e ó velo entrar dille quedo:

—Por Dios non barulles moito...
que me estou mesmo morrendo.
—¿Pois que tes, ña mulleriña?
—¿Que hei de ter? Deita eses nenos,
que esta madre roe en min
cal roe un can nun codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do simiterio...
—Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio que aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentras os meniños deito.

De bágoas se enchen os ollos,
de Xan ó ver tales feitos;
mas non temás, que antre mil,
n' hai máis que un anxo antre os demos;
n' hai máis que un atormentado
antre mil que dan tormentos.

 

“A xusticia pola man”, de Follas Novas, nas voces de Sara Gómez García e de súa nai Ana María García Porta

Sara Gómez García (3º ESO A) achéganos a gravación de “A xusticia pola man”, de Follas Novas, na súa voz e na de súa nai Ana María García Porta (48 anos). CPI Viaño Pequeno.

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia


A xusticia pola man


Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
 

Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
 

¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
 

Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira

 

venres, 3 de marzo de 2023

Book tráiler (LXX): Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro (col. Árbore. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXVI): O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas

 


O lapis do carpinteiro. Manuel Rivas. Xerais

Na miña opinión este libro gustoume bastante. O momento máis importante para min foi cando o Doutor da Barca e a súa muller casaron, xa que me pareceu moi bonito, e tamén unha mostra moi forte de amor sobre todo por parte da súa muller, xa que podía refacer a súa vida con outra persoa e ter unha vida normal, pero ela aínda así non abandonou ao Doutor da Barca.

O tema do libro pareceume interesante, xa que me gustan as historias inspiradas no franquismo. Gustoume como o libro está escrito, en capítulos curtos, e o final tamén me gustou, xa que me pareceu que acaba dunha maneira moi bonita.

O único que non me gustou moito é a lingua que usa o escritor deste libro, xa que había algunhas palabras que non entendía.

O meu personaxe favorito deste libro para min é o Doutor da Barca, xa que sempre se mantivo fiel ás súas ideas, e non tivo medo ao que puidera pasarlle. Ademais el sempre axudaba a todos os presos do cárcere, curándoos cando tiñan doenzas, ou falando ben deles.

Lucía Grela Seoane (4º ESO)

Andel de Libros (XXV): Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas

Madonna e outros contos de inverno. Manuel Rivas. Xerais

Este libro non me acabou de convencer, pero si que me pareceu bastante interesante (algunhas historias máis que outras).

Persoalmente, o que máis me gusta é o relato “O partido de Reis”, porque conta a historia dun neno con Síndrome de Dawn. Gustoume cando meteu o gol e, grazas a el, gañaron. Outro dos meus contos preferidos é o de “Madona”, o cal conta a historia da súa vaca.

O que menos me gustou foi: “Okay”, xa que cando lle preguntan sobre a historia do barco, dilles que el non sabía nada, pero en realidade sí que sabía. Por outro lado si que, me gustou que falen da mentira e ensinen que se mente, nun momento ou noutro, vaise descubrir a verdade.

Os outros relatos tampouco están mal, pero non foron tan entretidos. En xeral, os contos enténdense bastante ben. Os finais son bastante axeitados e só lles faría un cambio que sería facelos algo máis parecidos entre eles.

Nerea Sánchez Castro (4º ESO)

 

Book tráiler (LXIX): O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (LXVIII): O neno do pixama de raias, de John Boyne. Realizado por Cristina García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O neno do pixama de raias, de John Boyne, en tradución de Daniel Saavedra (col. Narrativa. Faktoría K, Kalandraka, 2008). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXVII): Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro. Realizado por Cristina García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro (col. Árbore. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

xoves, 2 de marzo de 2023

Book tráiler (LXVI): Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro (col. Árbore. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

mércores, 1 de marzo de 2023

Book tráiler (LXV): Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad. Realizado por Alfredo Martínez Costa

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad (col. Narrativa. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXIV): A galera de Xelmírez, de Xabier Paz


A galera de Xelmírez. Xabier Paz. Xerais

Este libro consta dunha serie de capítulos curtos e conmovedores, con varios personaxes e cun tema que nos fala de feitos reais como é a construción dunha galera para o arcebispo do Catedral de Santiago de Compostela.

É unha novela moi interesante que segundo vas avanzando na lectura vaite enganchando cada vez máis e máis.

A min este relato gustoume moito porque non me permitiu aburrirme ni un só momento ao longo da súa lectura e aprendín moitas palabras usadas polos carpinteiros.

Tamén comentar que este libro resultoume fácil de lelo porque utiliza ao longo de todo el un vocabulario sinxelo e fácil de entender.

Nalgúns momentos pareceume unha historia triste. Eu recoméndolle a lectura a todos porque podes aprender moito sobre a catedral de Santiago e das persoas que forman parte dela.

Tamén quero comentar que foi o libro que máis me gustou de todos dos que lin.

Jorge Lavandeira Vilares (4º ESO)

Andel de Libros (XXIII): A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto

 


A gran travesía de Chiruca Macallás. Xurxo Souto. Xerais

O momento máis importante de este libro pareceume que foi cando o barco chamado Macallás se estropeou no conduto de refrixeración do motor e non podía arrancar porque as cañerías estaban tapiadas e non podía pasar a auga, porque isto demóstranos que o traballo en equipo axudoulles a saír adiante para poder acabar a xornada de pesca.

O tema deste libro pareceume que foi interesante porque nos fala dunha tripulación que vive aventuras e todos xuntos logran sobrevivir a todas as súas aventuras e problemas que lle suceden no Macallás.

O desenvolvemento deste libro paréceme un pouco inapropiado e cambiaríao en que o barco non se dá arranxado e de onde cortaron e soldaron empezase a filtrar a auga, o capitán pide axuda pero non consegue nada porque a néboa escondeunos e non os daban encontrado. Ao día seguinte o Macallás xa afundira e sóubose que fora nas Sisargas.

Polo resto o libro ten un final axeitado para o contido e non ten unha linguaxe moi difícil.

Íker Señarís Suárez (4º ESO)

“Quíxente tanto, meniña”, de Cantares Gallegos, na voz de Aitana Noya Santos

 “Quíxente tanto, meniña”, de Cantares Gallegos, na voz de Aitana Noya Santos (3º ESO B). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2023. 

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia

[Quíxente tanto, meniña...]


«Quíxente tanto, meniña,

tívenche tan grande amor,

que para min eras lúa,

branca aurora e craro sol;


augua limpa en fresca fonte,

rosa do xardín de Dios,

alentiño do meu peito,

vida do meu corazón».


Así che falín un día

camiñiño de San Lois,

todo oprimido de angustia,

todo ardente de pasión,


mentras que ti me escoitabas

depinicando unha frol,

porque eu non vise os teus ollos

que refrexaban traiciós.


Dempois que si me dixeches,

en proba de teu amor

décheme un caraveliño

que gardín no corazón.


¡Negro caravel maldito,

que me fireu de dolor!

Mais a pasar polo río,

¡o caravel afondou!...


Tan bo camiño ti leves

como o caravel levou.