Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 6 de xuño de 2023

Book tráiler (XC): Tam, de Anémona de Río. Realizado por Lucía Sánchez Couselo

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da banda deseñada Tam, de Anémona de Río (Retranca Editora, 2017). Realización youtubeira: Lucía Sánchez Couselo, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXIX): Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala. Realizado por Irene Iglesias Domínguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala (col. Costa Oeste. Galaxia, 2019). Realización youtubeira: Irene Iglesias Domínguez, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXXIV): A ermida do diaño, de Xelucho Abella Chouciño

 


A ermida do diaño. Xelucho Abella Chouciño. Galaxia

O relato “A ermida do diaño“ é contado desde a perspectiva dun viaxeiro da cidade que vai a unha aldea que está preto do mar. Este viaxeiro foi á taberna da aldea e alí escoitou falar dunha ermida á que lle chamaban a ermida do diaño. E este home preguntáballe aos habitantes desa aldea por esa ermida, pero eles non querían falar dela. Ao longo da historia trata de averiguar que misterios agocha a ermida.  

No libro aparecen moitos personaxes como o son o viaxeiro, Toxomanso, o propietario do bar, a camareira do bar, o cura… O protagonista da historia é o viaxeiro, os demais son personaxes secundarios. Toxomanso é un home  que estaba seguido na taberna da aldea, borracho, e o cura é a única persona que lle axudou ao viaxeiro a descubrir o misterio da ermida. O meu personaxe preferido foi o viaxeiro, e o que menos me gustou foi Toxomanso.

A verdade é que este libro non me gustou moito, xa que para o meu gusto a historia cóntase de maneira moi desordenada. Á parte tamén hai moitas palabras que non entendo.

Samuel Grela Seoane (3º ESO B)

Andel de Libros (XXXIII): Iridium, de Francisco Castro


Iridium. Francisco Castro. Galaxia

A min, persoalmente, este libro gustoume moito, xa que trata dun tema algo delicado de contar, fálanos das complicacións que ten unha nena chamada Iris coa súa enfermidade, e dinos algúns dos acontecementos que lle suceden ao longo deste proceso. 

Penso que ten un argumento flexible e que calquera persoa de calquera idade o podería entender, xa que o seu vocabulario non é difícil. 

O mellor momento do libro para min foi cando Iris desmentiu o misterio do iPhone de Chechu, pois podo imaxinarme a cara que lle quedou cando viu que a moza coa que saíra lle collese o móbil e descubrise que el lle fora infiel. 

Houbo un momento que non me gustou nada, que foi cando Chechu trata mal a Iris e lle di esas cousas. 

No meu parecer o final é moi aberto, xa que, non sabes que pasou coa moza e Mario. Gustaríame que houbese un final máis pechado porque agora deixoume coa intriga de saber que pasou entre eses dous.

Eu recomendaría o libro, ten un vocabulario sinxelo e é bastante drástico, aínda que á parte diso é moi divertido.

Antía Bello Liñares (3º ESO A)

A min este libro de Francisco Castro gustoume bastante polo entretido e gracioso que é. Usa expresións que empregamos nós mesmos na nosa idade e por iso se me fixo un libro moi fácil de ler, coma se estivera a falar cunha amiga. 

Iris é unha rapaza que tivo un accidente e que espertou cun Dano Cerebral Adquirido (DCA), isto cambioulle a vida, xa que terá que volver aprender a facer moitas tarefas da vida cotiá. 

Iris ten unha gran personalidade, é moi forte e independente mais ela o único que quere é que a traten normal, coma se fose unha adolescente máis. E iso só lle ocorre con Mario, un amigo dende a infancia, iso mesmo fai que el esperte sentimentos amorosos nela e que proximamente sexan mutuos. Mais un dos grandes problemas é a exparella de Iris, Chechu, un rapaz consentido, choromicas e que só quere chamar a atención.

Aínda que non o pareza, pola brevidade e comedia desta novela, en realidade hai moito que pensar e reflexionar, ademais de que o libro é moi actual. Moi relacionado coas redes sociais, coa imaxe, coa sociedade e coa imaxe que proxectamos nos demais. Un tema que temos moi presente na actualidade e que é moi interesante.

Para rematar comento que o libro en si é moi curto, lese moi rápido e ensínanos moito concentrado en poucas palabras.

Victoria Domínguez Marinho (3º ESO A)

Foi un libro que a min persoalmente me gustou bastante xa que ten unha historia moi bonita, e sobre todo conta unha historia moi realista xa que hai xente a diario que lle pasou o que lle pasou a Iris, e os seus personaxes encantáronme.

Para min o momento máis importante desta narración foi cando Iris ten o accidente e queda en coma varios meses xa que a partir desa escena a historia cambia radicalmente.

A min o personaxe que máis me gustou foi Iris xa que é unha rapaza moi lista e intelixente, e ademais é moi boa persoa, e o que me gustou moito dela foi a forza de vontade para intentar recuperarse do tráxico accidente que tivo.

Unha personaxe que tamén me gustou moito foi a mellor amiga de Iris, porque a apoiou coa precaria situación na que vivía Iris.

Ademais ten unha lingua moi doada de ler e enténdese moi ben. Por todo iso llo recomendo a todo o mundo.

Íker García Brea (3º ESO A)

 

Iridium gustoume moito xa que me parece moi fácil de ler e tamén era curto.

O que máis me gustou deste libro foi cando decidiron facer unha festa na que estaban convidados todos, porque é cando máis interesante se fixo o libro, tamén porque é onde ocorre o maior conflicto.

O momento que menos me gustou foi cando Iris contaba a súa historia do accidente de tráfico porque daba mágoa, tamén porque debido a iso Iris tivera que aprender a comer, a andar, a falar... Así que tivera que pasar un proceso duro e prolongado.

Os personaxes que aparecen son bos porque tratan a Iris da mesma maneira ca antes, todos menos Chechu. A xente tamén axuda a Iris e fan que o seu proceso sexa máis fácil e ameno.

Eu recomendaría moito este libro porque é fácil, entretido e para xente que lle guste ler é moi curto, tamén é recomendado para calquera persoa xa que ten non ten un léxico complicado.

Valeria Grela Bello (3º ESO B)

Este libro ten dous puntos importantes, un deles é que fala das redes sociais, un tema moi presente na adolescencia, e o outro punto son os conflitos e diferencias que ocorren tamén nesta complicada idade.

Non foi dificil de ler, a pesar dos seus saltos no tempo que fan desconcertarte un pouco, dáse lido ben e fácil. 

Ten un contido moi interesante porque conta a felicidade, os dramas, os sustos… dunha rapaza dunha idade importante como é esta, as risas, os choros… todos os seus sentimentos para lograr que empatices con ela, que lle poñas máis interese ao libro e que che guste moito máis, enganchándote tanto que ata que non o acabas non o paras de ler.

Fai que te acabes vendo reflectida na protagonista, a cal que con todos os problemas que tivo seguiu adiante sen renderse. 

En resume, un moi bo libro que aconsello a todo o mundo e todas as idades que o lea, xa que nunca é tarde para volver á túa adolescencia.

Carla Lema Domínguez (3º ESO B)

Book tráiler (LXXXVIII): A soidade do asasino, de Carlos G. Reigosa. Realizado por Lucía Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra A soidade do asasino, de Carlos G. Reigosa (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2018). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXVII): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Valeria Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Valeria Grela Bello, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

luns, 5 de xuño de 2023

Book tráiler (LXXXVI): Matilda, de Roald Dahl. Realizado por Lidia González Rey

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Matilda, de Roald Dahl, tradución de X. Miguel Barros (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXXII): A soidade do asasino, de Carlos G. Reigosa

 

 

A soidade do asasino. Carlos G. Reigosa. Xerais

O momento máis importante do libro para min foi cando Claudio descubriu quen o ordeara matar, xa que era a maior intriga que el tiña e case toda a conversación que ten con Víctor básease en descubrir iso.

O tema desta historia a min persoalmente gustoume moito, xa que paréceme emocionante, porque cando o les estás seguido pensando en se ao final Claudio morrerá. Ademais gústanme moito as historias de asasinatos e secuestros.

Este libro paréceme fácil de ler, ten vocabulario sinxelo, e está redactado dunha maneira que engancha. Eu o único cambio que lle faría sería meter máis persoaxes a falar, como por exemplo a muller de Claudio, xa que ao longo da historia falan moito dela, e así poderíase coñecer a súa versión de todo o que pasou con Nazario. Polo demais eu non lle faría ningún cambio máis.

O meu personaxe favorito é Víctor, xa que a pesar de ser un sicario experto sen case ningún sentimento, ten algo que te fai chamar a atención, el ve a vida dun xeito moito máis simple que o resto das persoas, á morte non lle dá importancia ningunha, pois é unha cousa que ten que suceder si ou si.

Na miña opinión, se che gustan os libros emocionantes e de misterio, este libro recoméndocho ler.

Lucía Grela Seoana (4º ESO)

 

Andel de Libros (XXXI): Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas

 


Voaxae Carmín. Esther F. Carrodeguas. Difusora de Letras, Artes e Ideas

A min persoalmente o libro teatral Voaxa e Carmín escrito por Esther Fernández Carrodeguas, gustoume moito, tanto os personaxes e o seu desenvolvemento ao longo da historia como a maneira na que está escrita a obra. O feito de que esta historia fale de as dúas Marías” fixo que me gustase moito máis, xa que as coñezo dende que era moi cativa por ilas visitar á Alameda de Santiago de Compostela xunto a miña avoa.

Tamén teño que admitir que ao principio non comprendía a trama da historia pero segundo a fun lendo funme enganchando e entendéndoa.

A miña personaxe preferida sen dúbida algunha é Coralia, xa que ao igual que ela eu tamén son a irmá pequena, por non falar de que admiro a súa valentía para enfrontarse nun determinado momento a súa irmá maior.

O meu momento preferido da obra foi cando Coralia, borracha, lle dixo a súa irmá todo o que pensaba acerca de ter que vivir sempre facendo a mesma rutina, que ela quería vivir novas aventuras entre elas ir visitar o mar por primeira vez na súa vida.

Respecto ao final da historia, teríame gustado que tivese un final máis emocionante e non un final aberto xa que este deixa moito que imaxinar e non nos concreta que pasou con elas finalmente. Pareceume unha forma de escribir fácil de ler e de comprender.

A min este libro fixome rir en moitas escenas, polo que se vos gustan os libros de comedia, recoméndovos que o leades.

Raquel Dafonte Rodríguez (4º ESO)

xoves, 1 de xuño de 2023

Book tráiler (LXXXV): O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira. Realizado por Nicolás Marzoa Sendón

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira (col. Árbore. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Nicolás Marzoa Sendón, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

 

Book tráiler (LXXXIV): Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Gabriela Caneda Baelo

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Gabriela Caneda Baelo, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

luns, 29 de maio de 2023

Book tráiler (LXXXIII): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Sofía Dafonte Pazos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Sofía Dafonte Pazos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXII): Tam, de Anémona de Río. Realizado por Ariadna Hernández Bautis

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da banda deseñada Tam, de Anémona de Río (Retranca Editora, 2017). Realización youtubeira: Ariadna Hernández Bautis, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXI): O Pazo Baleiro, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Lucía Rey Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Pazo Baleiro, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas (col. Sopa de Libros. Xerais, 2002). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

mércores, 24 de maio de 2023

Andel de Libros (XXX): Os nenos da varíola, de María Solar



Os nenos da varíola. María Solar. Galaxia 

Este libro titulado Os nenos da varíola encantoume, xa que fala dun tema moi interesante sobre a nosa historia dunha forma discreta e para nada pesada, ao contrario faise unha lectura moi levadeira polo entretida que é a historia que nos conta María Solar. 

Aínda que foi unha época complicada pola enfermidade, xa que supuxo unha gran cantidade de mortes, paréceme que a novela soubo redactar o máis importante sobre ese tema e transformalo en forma dunha historia que calquera poida entender e desfrutar dela.

Gustoume moito como se desenvolveu a narración en xeral, pero o que realmente me enganchou ao comezo do libro foi a historia de Candela e Ezequiel. Xa que estás constantemente pendente de que se poidan reencontrar dunha vez. Cando o fan, ó final do libro, gustaríame ter visto máis contidos sobre como continuou a súa historia, e como foi ese seu reencontro, pero chegoume con saber que tiveron un merecido final.

Tamén hai outros personaxes cunha gran historia detrás, por exemplo, Clemente que aínda que é un personaxe secundario, fíxoseme moi riquiño e gustaríame que tivese un final no que acabe ben. E a outra personaxe é Isabel, unha muller digna de admirar, xa que é unha muller forte e traballadora, xa non só polo seu posto de traballo, o cal ten moito mérito, senón por todo o que facía día a día para levar adiante o hospicio.

Pareceume un libro moi fácil de ler e, repito, moi entretido. O que máis me gustou do libro foron os personaxes e o desenvolvemento da historia.

Victoria Domínguez Marinho (3º ESO A)

 

Eu penso, que o libro, aínda que pareza moi extenso e longo, se che gusta o tema da historia ou che interesan as enfermidades, ou como vivían os nenos abandonados desa época, etc…. 

Esta narración pásache rápido e lelo antes de que te decates. En canto ao vocabulario……, poderíase dicir que ten algunha que outra dificultade por palabras que se usaban nesa época e agora non, pero tendo en conta iso, diría que todos o poderíamos ler e entender perfectamente. 

Tamén é verdade que hai algunhas partes do libro en que fala de cousas que despois non teñen que ver coa historia principal, nin inflúen no desenvolvemento da historia, na miña opinión algunhas desas partes poderíase eliminar e ir máis directo á historia principal. 

En canto aos personaxes que máis me gustaron foron Isabel (porque sempre se porta ben cos nenos do hospicio e preocupase por eles e polo seu futuro) e o doutor Posse (porque quere que a xente empece a aceptar que existe unha cura para a varíola, e tamén lle dá traballo a Ezequiel, o que ningún outro máis lle daría). 

Polo resto paréceme un libro excelente, recomendado para lelo e así de paso aprender algo de historia e cultura xeral. 

Simón Varela Baleato (3º ESO B)