Iridium. Francisco Castro.
Galaxia
A min,
persoalmente, este libro gustoume moito, xa que trata dun tema algo
delicado de contar,
fálanos das complicacións que ten unha nena chamada Iris coa súa
enfermidade, e dinos
algúns dos acontecementos que lle suceden ao longo deste proceso.
Penso que ten un argumento
flexible e que calquera persoa de calquera idade o podería entender,
xa que o seu vocabulario
non é difícil.
O mellor momento do libro para min foi cando Iris
desmentiu o misterio
do iPhone de Chechu, pois podo imaxinarme a cara que lle quedou cando viu
que a moza coa que
saíra lle collese o móbil e descubrise que el lle fora infiel.
Houbo un momento que non me
gustou nada, que foi cando Chechu trata mal a Iris e lle di esas
cousas.
No meu parecer o final é moi aberto, xa que, non sabes que pasou coa moza e Mario.
Gustaríame que houbese un
final máis pechado porque agora deixoume coa intriga de saber que
pasou entre eses dous.
Eu
recomendaría o libro, ten un vocabulario sinxelo e é bastante drástico, aínda que á parte diso é moi divertido.
Antía
Bello Liñares (3º ESO A)
A
min este libro de Francisco Castro gustoume bastante polo entretido
e gracioso que é. Usa expresións que empregamos nós mesmos na nosa
idade e por iso se me fixo un libro moi fácil de ler, coma se
estivera a falar cunha amiga.
Iris
é unha rapaza que tivo un accidente e que espertou cun Dano
Cerebral Adquirido (DCA), isto cambioulle a vida, xa que terá que
volver aprender a facer moitas tarefas da vida cotiá.
Iris
ten unha gran personalidade, é moi forte e independente mais ela o
único que quere é que a traten normal, coma se fose unha
adolescente máis. E iso só lle ocorre con Mario, un amigo dende a
infancia, iso mesmo fai que el esperte sentimentos amorosos nela e
que proximamente sexan mutuos. Mais un dos grandes problemas é a
exparella de Iris, Chechu, un rapaz consentido, choromicas e que só
quere chamar a atención.
Aínda
que non o pareza, pola brevidade e comedia desta novela, en realidade
hai moito que pensar e reflexionar, ademais de que o libro é moi
actual. Moi relacionado coas redes sociais, coa imaxe, coa sociedade
e coa imaxe que proxectamos nos demais. Un tema que temos moi
presente na actualidade e que é moi interesante.
Para
rematar comento que o libro en si é moi curto, lese moi rápido e
ensínanos moito concentrado en poucas palabras.
Victoria
Domínguez Marinho (3º ESO A)
Foi
un libro que a min persoalmente me gustou bastante xa que ten unha
historia moi bonita, e sobre todo conta unha historia moi realista xa
que hai xente a diario que lle pasou o que lle pasou a Iris, e os
seus personaxes encantáronme.
Para
min o momento máis importante desta narración foi cando Iris ten o
accidente e queda en coma varios meses xa que a partir desa escena a
historia cambia radicalmente.
A
min o personaxe que máis me gustou foi Iris xa que é unha rapaza
moi lista e intelixente, e ademais é moi boa persoa, e o que me
gustou moito dela foi a forza de vontade para intentar recuperarse do
tráxico accidente que tivo.
Unha
personaxe que tamén me gustou moito foi a mellor amiga de Iris,
porque a apoiou coa precaria situación na que vivía Iris.
Ademais
ten unha lingua moi doada de ler e enténdese moi ben. Por todo iso
llo recomendo a todo o mundo.
Íker
García Brea (3º ESO A)
Iridium gustoume moito xa que me parece moi fácil de ler e
tamén era curto.
O
que máis me gustou deste libro foi cando decidiron facer unha festa
na que estaban convidados
todos, porque é cando máis interesante se fixo o libro, tamén
porque é onde ocorre
o maior conflicto.
O
momento que menos me gustou foi cando Iris contaba a súa historia do
accidente de tráfico porque
daba mágoa, tamén porque debido a iso Iris tivera que aprender a
comer, a andar, a falar...
Así que tivera que pasar un proceso duro e prolongado.
Os
personaxes que aparecen son bos porque tratan a Iris da mesma maneira
ca antes, todos menos
Chechu. A xente tamén axuda a Iris e fan que o seu proceso sexa máis
fácil e ameno.
Eu
recomendaría moito este libro porque é fácil, entretido e para xente
que lle guste ler é moi curto,
tamén é recomendado para calquera persoa xa que ten non ten un
léxico complicado.
Valeria
Grela Bello (3º ESO B)
Este libro ten dous puntos
importantes, un deles é que fala das redes sociais, un tema moi presente
na adolescencia, e o outro punto son os conflitos e diferencias que
ocorren tamén nesta
complicada idade.
Non
foi dificil de ler, a pesar dos seus saltos no tempo que fan
desconcertarte un pouco, dáse lido
ben e fácil.
Ten un contido moi interesante porque conta a
felicidade, os dramas, os sustos…
dunha rapaza dunha idade importante como é esta, as risas, os
choros… todos os seus
sentimentos para lograr que empatices con ela, que lle poñas máis
interese ao libro e que che guste
moito máis, enganchándote tanto que ata que non o acabas non o
paras de ler.
Fai
que te acabes vendo reflectida na protagonista, a cal que con todos os
problemas que tivo seguiu
adiante sen renderse.
En resume, un moi bo libro que aconsello a todo
o mundo e todas as
idades que o lea, xa que nunca é tarde para volver á túa
adolescencia.
Carla
Lema Domínguez (3º ESO B)