Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 9 de xuño de 2023

Andel de Libros (XL): O cero escuro, de An Alfaya

 


O cero escuro. An Alfaya. Tambre- Edelvives

Ese libro gustoume bastante porque é moi fácil de ler, non era moi longo e era bastante divertido.

O momento que máis me gustou desta narración foi cando todos foron en busca de Aurora porque estaba desaparecida e o que menos me gustou foi cando Nadia e a súa nai se pelexaban debido a que ela estaba intentando refacer a súa vida con outro home. Non me gustou esa parte porque Nadia botáballe cousas en cara a súa nai, e facíaa sentir mal.

As personaxes que aparecen gústanme todas aínda que ás veces algunha delas ten un carácter borde, iso si as personaxes sempre fixeron o posible para rescatar e salvar a Aurora canto antes por se acaso lle pasara algo.

Eu recomendaría moito este libro porque é fácil de ler, non ten moita complexidade e ten un léxico moi fácil, tamén ten bastantes momentos intrigantes porque quería saber que pasaba ao final con Aurora, se estaba viva ou morta.

Valeria Grela Bello (3º ESO B)

Neste libro o que máis me chama a atención é como expresa a importancia de non fiarse de todo o que che din ou che intentan vender, xa que neste relato aproveitáronse da paixón e da meta dunha rapaza para estafala e metela nun problema moi serio. 

Pareceume moi moi facil de ler porque expresa as ideas de forma ordenada e clara. Con este libro podes aprender moitas cousas que che poden servir para un futuro, por exemplo, tampouco debes mentir para conseguir o que queres porque che pode sair mal, e non ter a ninguén que che poida axudar.

Ten unha capacidade de engancharte a el que necesitas seguilo lendo todo o tempo ata que consegues acabalo. É moi bo libro e como xa dixen pódeche axudar moito en sentido de leccións que precisas para vivir, dáche moito que pensar e reflexionar. 

En resumo, un libro de dez que aconsello moito que o leades en todas as idades e pode que nun futuro o volva ler.

Carla Lema Domínguez (3º ESO B)

 

Andel de Libros (XXXIX): Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala

 

 

Atranco no banco. Manuel Núñez Singala. Galaxia

A min este obra teatral Atranco no banco pareceume un libro moi interesante, emocionante e divertido de ler, xa que rin moito coas diferentes escenas.

O meu personaxe favorito foi Lois porque había momentos de moita comedia con este home, outro personaxe que me gustou tamén moito foi Vanessa porque pareceume unha rapaza moi lista e o último personaxe que me gustou foi o de Don Serafín porque rin moito cando recibía os golpes.

O momento que máis me gustou foi cando Lois e Rafael intentaron atracar o banco, outra escena que tamén me gustou moito foi cando Vanessa lle deu moitos golpes involuntariamente a Don Serafín e Don Serafín sangraba e a última escena que máis me gustou foi cando a muller de Don Serafín lle pregunta onde está.

O desenvolvemento e o final desta obra teatral parecéronme moi axeitados. E a linguaxe desta obra é moi fácil de entender.

Eu recomendaría ler este libro de teatro porque con el aprendese unha morea de cousas.

Jorge Lavandeira Vilares (4º ESO)

Este libro cóntanos a historia de catro personaxes que son Serafín e Vanessa, Rafael e Lois. Rafael e Lois tiñan o plan de roubar a sucursal bancaria do tío de Lois, o cal se chama Serafín, pero polo outro lado Serafín tamén tivera a idea de roubar a súa propia sucursal e inculpar a Vanessa, xa que eran tempos difíciles e necesitaban diñeiro, para poder seguir adiante e tarde ou cedo a sucursal tería que pechar por débedas e falta de fondos.

O momento deste libro que máis importante me pareceu foi cando a muller de Serafín lle di que vai chamar a policía e os vai levar ata o banco, para comprobar que vai todo ben e non está secuestrado por uns asaltantes.

O desenvolvemento da obra para min está perfecto xa que non te perdes en ningún momento, se acaso só cambiaría o inicio xa que a conversa entre Serafin e Vanessa é un pouco confusa.

Este libro é moi interesante e entretido, ademais non ten dificultade algunha para ler xa que é sinxelo e non ten vocabulario difícil.

Sergio Señarís Suárez (4º ESO)

Book tráiler (CIV): Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala (col. Costa Oeste. Galaxia, 2019). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (CIII): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Ariadna Hernández Bautis

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Ariadna Hernández Bautis, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXXVIII): Reo, de Xesús Fraga

 


Reo. Xesús Fraga. Galaxia

Para min Reo foi un moi bo libro en canto á lectura porque non ten palabras moi complexas nin un léxico moi difícil de entender coma outros textos que dificultan a súa comprensión por iso.

En canto á historia que nos achega xa non me gustou tanto polo simple feito de que non nos dá nada informativo nin é un tipo de libro que me guste, porque eu prefiro os temas de animais ou de acción ou que te metan un pouco máis na historia e che dea ganas de lela.

O que son os personaxes foi o aspecto que máis me gustou sobre todo polo carácter que ten Reo na historia porque non é un personaxe plano e é moi carismático nalgúns aspectos aínda que noutros non me gusta tanto a súa actitude avariciosa e egoísta, o peor de todo o libro.

Para min sen ningunha dúbida o título desorienta porque non nos dá a entender nada sobre a historia que nos vai a contar e non axuda a saber se pode ser o tipo de libro que che pode gustar e para iso tes que mirar o tema pola contraportada.

Anxo Domínguez Martínez (3º ESO A)


xoves, 8 de xuño de 2023

Book tráiler (CII): O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Realizado por Noelia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Noelia Martínez Rodríguez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CI): Matilda, de Roald Dahl. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Matilda, de Roald Dahl, tradución de X. Miguel Barros (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (C): Astérix nos Xogos Olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da banda deseñada Astérix nos Xogos Olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo, traducido por Xavier Senín, Mª Isabel Soto e Alejandro Tobar (Xerais, trad. de 2021). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCIX): Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. Realizado por Mateo Pérez Vázquez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, con ilustracións de Marcos Viso (col. Merlín, Xerais, 2016). Realización youtubeira: Mateo Pérez Vázquez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCVIII): As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro de relatos As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz (Rodeira - EDEBÉ, 2012). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXXVII): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas

 


Odiario violeta de Carlota. Gemma Lienas. Galaxia

É un libro que me gustou moito porque á parte de ser fácil de ler fala sobre unha realidade como é a desigualdade entre as mulleres e homes.

É un libro feminista que nos conta a historia de Carlota e como comezou neste mundo, ao ver que vivimos nunha sociedade na que as cousas non son igual para homes e mulleres.

Basicamente denuncia o machismo arraigado na sociedade e na lingua que moitas veces nin sequera somos conscientes.

Encantoume a relación de Carlota coa súa avoa e todas as cousas que ela lle transmite. Tamén me gustou que se inclúan historias doutras nenas ou mulleres doutros países, xa que, segundo a súa cultura, teñen máis dificultades por ser muller.

O meu personaxe preferido sen dúbida é a avoa Ana xa que lle dou a idea a Carlota para que fixera ese diario violeta sobre a desigualdade, e ademais porque a axuda moito.

Eu recomendaría ler este libro porque ensina moitas cousas que ao mellor descoñecemos.

Ainoha González Iglesias (3 ESO A)

Book tráiler (XCVII): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Realizado por Lucía Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (col. Biblioteca Castelao. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXXVI): Como mil cachiños de vidro que a dor escurece, de Roberto Salgueiro



Como mil cachiños de vidro que a dor escurece. Roberto Salgueiro. Deputación da Coruña

Este libro a min gustoume bastante, creo que trata temas moi importantes, os cales denuncia, como por exemplo o machismo e os tratos abusivos e agresivos sobre todo no fogar.

O vocabulario que emprega en ocasións é bastante groseiro e coloquial.

É unha obra de teatro interesante que aborda asuntos importantes, nunha conversación familiar durante a cea de noiteboa con numerosos conflitos. É sinxelo de ler e de entender pois non presenta maior dificultade.

Os personaxes e os seus diálogos bastante ocorrentes provocan que o interese por continuar a lectura sexa maior, pois fan comentarios ou abren certos debates que fan que a lectora / o lector desexe seguir lendo, para así poder observar como se resolven eses conflitos.

En xeral foi un libro que me sorprendeu en moitos aspectos e que sen dúbida ningunha recomendo e volvería ler nun futuro non moi afastado.

Lúa Edreira Martínez (4º ESO)

Book tráiler (XCVI): Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas. Realizado por Raquel Dafonte Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas (Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2016). Realización youtubeira: Raquel Dafonte Rodríguez, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCV): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Realizado por Raquel Dafonte Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (col. Biblioteca Castelao. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Raquel Dafonte Rodríguez, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)