Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 3 de xuño de 2024

Book tráiler (LXXXVI): Déixao medrar, de Silvestre Gómez Xurxo. Realizado por Fernando Muíño Couto

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Déixao medrar, de Silvestre Gómez Xurxo, ilustracións de Creus Dalgá (col. Merlín. Xerais, 2001). Realización youtubeira: Fernando Muíño Couto, 1º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Balda de Libros (XXXII): Servicio de urxencias, de Suso de Toro

 

Servicio de urxencias. Suso de Toro. Xerais

A min este libro gustoume moito. Aínda que non adoito ler libros de teatro e de comedia, esta obra sorprendeume e superou as miñas expectativas. Trata dun hospital un pouco distinto dos hospitais aos que adoitamos acudir porque os médicos teñen unha maneira de atender os doentes un pouco peculiar. Contén unha serie de historias entrelazadas que fan referencia a cada quenda de noite que pasaban.

Non son moitos os personaxes, pero entre eles temos un par de doutores, unha enfermeira, un celador e un xerente. Todos eles son personas que seguro che fan rir.

O meu personaxe favorito é Paulino, un dos doutores. Paréceme o máis simpático de todos e faime moita gracia cando saca a súa tarteira para comer a calquera hora da noite. Sen importarlle se son as dez, as dúas ou as seis da mañá, el sempre terá unha probiña dos callos milagreiros de súa nai á túa disposición.

Recoméndovos ler este libro xa que, como está escrito nun rexistro bastante coloquial, ten un vocabulario bastante sinxelo e fácil de entender que ameniza a lectura.

Uxía Mariño Parafita (4º ESO)

Persoalmente a miña opinión sobre o libro Servicio de Urxencias é que me parece unha obra de teatro moi doada de ler, non ten un vocabulario difícil e enténdese moi rápido. Calquera persoa da miña idade é capaz de entendelo e de que lle guste tanto como a min.

Para min este libro tivo momentos moi icónicos e graciosos pero creo que o máis interesante sería cando o exmozo de Chus se disfraza de vella para poder ir ver a súa amada.

Nesta obra trátanse temas moi diversos, como por exemplo, o amor dunha nai (cando a nai de Cipri lle trae comida), o amor nunha parella (represéntao moi ben a exparella de Chus) ou tamén a situación real que ocorre nos hospitais diariamente.

Fai unha mestura de moitos temas, pero non hai un que me pareza mellor que os outros, son todos moi interesantes e importantes a tratar e a dar a ver.

Falando do final ten un desenvolvemento bastante aberto, aí sí que faría algún cambio para que tivese un final pechado, xa que en toda a obra son historias soltas de urxencias que hai os sábados ás noites.

Este libro gustoume moito, e paréceme que todos os personaxes levan unha historia que contar ás súas costas.

Antía Bello Liñares (4º ESO)

 

Balda de Libros (XXXI): O cero escuro, de An Alfaya

 


O cero escuro. An Alfaya. Tambre - Edelvives

O cero escuro é un libro escrito por An Alfaya, penso que conta unha historia moi interesante e moi entretida, trata sobre un tema moi importante, as redes socias e os perigos escondidos nelas, lanza unha mensaxe a todos os adolescentes para que non se fían da xente que hai tras a pantalla, xa que son uns descoñecidos e en moitos casos non son boas persoas nin teñen boas intencións.

O meu personaxe favorito é Nadia, penso que é unha rapaza moi boa que busca o benestar da xente que a quere e que daría a vida polos seus amigos. Á parte diso penso que é moi sincera, que dá unsconsellos moi bos para a sua curta idade. Outro personaxe que destaca é Aurora, penso que é unha rapaza moi fráxil que se esforza por aparentar que é moi forte pero a realidade é que non é así. Os profesores que se describen no libro son moi boas persoas, preocúpanse moito polos seus alumnos.

Os lugares están moi ben descritos, é doado imaxinarse como son, penso que son os adecuados para cada situación.

Este libro, na miña opinión, é para todas as idades, en especial para os adolescentes que confían de todo en xente que se atopan tras a pantalla, e que son tan inocentes que pensan que todo o mundo é bo, cando en realidade hai xente boa, pero tamén mala.

Cristina García Regueiro (3º ESO)

xoves, 30 de maio de 2024

Book tráiler (LXXXV): A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello. Realizado por Ariadna Hernández Bautis

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do relato A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello (Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Ariadna Hernández Bautis, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXIV): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Realizado por Sofía Dafonte Pazos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Sofía Dafonte Pazos, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

mércores, 22 de maio de 2024

Book tráiler (LXXXIII): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Fernando García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Fernando García Regueiro, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

martes, 14 de maio de 2024

Book tráiler (LXXXII): Reo, de Xesús Fraga. Realizado por Iván Regueiro Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Reo, de Xesús Fraga (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Iván Regueiro Liste, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

mércores, 8 de maio de 2024

Balda de Libros (XXX): Eu de maior quero ser, de Rosa Aneiros

 


Eu de maior quero ser. Rosa Aneiros. Sotelo Blanco

Este libro é moi entretido xa que nos fala de como afrontan o derradeiro curso da carreira diferentes estudantes. Todos teñen algo en común xa que viven xuntos. Nel podes ver cinco estudantes cun mesmo obxectivo, sacar o curso a diante, pero son moi distintos entre eles.

A miña personaxe preferida foi María xa que sempre ten gañas de facer novas cousas.

Outro personaxe que me gustou moito foi Miguel porque se esforza moitísimo e estuda moitas horas diarias para poder conseguir o seu soño, que é ser avogado algún día.

A miña parte preferida foi cando Miguel e Ainhoa foron á praia de Vilagarcía. Alí Miguel díxolle o que sentía por ela. É unha parte moi bonita. A parte que menos me gustou quizais sexa o final.

É un libro no que en cada capítulo fala de cousas que pasan en distintos días, non é unha historia. Recórdame un pouco a un diario no que van apuntando como vai o seu curso, as cousas que van facendo...

Esta novela é moi fácil de entender e o vocabulario é axeitado e sinxelo. Recoméndoo para as persoas que lles gusten os libros entretidos e xuvenís. A min o que máis me gusta é a amizade que teñen entre os cinco.

Lucía Rey Martínez (3º ESO)

Book tráiler (LXXXI): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Lara Piñeiro González

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Lara Piñeiro González, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

martes, 7 de maio de 2024

Book tráiler (LXXX): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Lidia González Rey

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (LXXIX): Eu de maior quero ser, de Rosa Aneiros. Realizado por Lucía Rey Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Eu de maior quero ser, de Rosa Aneiros (Sotelo Blanco, 1999). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



mércores, 24 de abril de 2024

Book tráiler (LXXVIII): O Bosque Pálido, de Jaureguizar. Realizado por Sofía Dafonte Pazos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Bosque Pálido, de Jaureguizar (col. Serie azul. Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Sofía Dafonte Pazos, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXVII): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (LXXVI): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

martes, 23 de abril de 2024

Balda de Libros (XXIX): Iridium, de Francisco Castro

 


Iridium. Francisco Castro. Galaxia

Ben, para empezar vouvos falar do que me pareceu Iridium, é dicir, a min este libro gustoume bastante, xa que ten un vocabulario moi sinxelo, fácil e adecuado para as nosas idades. E á parte de ser doado de ler é moi curtiño o que me facilitoume moito neste caso a lectura.

Meténdome na historia do relato, tamén me gustou xa que o volvería a ler sen problema. Trata de temas que non son moi comúns na lectura creo eu, como a enfermidade de Iris dos ollos, que ten un de cada cor e tamén a paralise que sofriu polo choque co coche.

En si a historia é sobre Iris, unha rapaza con esas peculiaridades de dezaoito anos, a quen lle puxeron os cornos cando estaba co seu mozo, xa quee mentres estivo en coma el comezou a saír con outra e púxolle como excusa que fora porque lle axudara moito e fora o seu maior apoio cando ela estivera no hospital.

Ben, en xeral si que me gustou o relato e sobre todo os temas de que fala. Espero que me entendérades.

Carla Caramés Rivas (3º ESO)

Iridium de Francisco Castro é un libro que conta a historia de Iris, unha rapaza de 1º de bacharelato que tivo un accidente e quedou con DCA (dano cerebral adquirido).

A min este libro gustoume bastante porque é fácil de ler e rápido, ademais de ser moi entretido e ten un bo final.

O momento máis importante para min foi precisamente cara ao final cando foi á casa de Mario para botarlle cara a Chechu, paréceme que é o momento mais importante porque é onde se desvela toda a historia de Iris, Chechu e Mario.

Outro momento que me gustou foi cando lle fixeron a festa a Iris polo seu regreso ao colexio, porque nesa festa pásao moi ben (menos no final) fala con Mario, con Rut (a súa mellor amiga)...

O meu personaxe favorito é o pai de Iris porque está para ela sempre e sempre lle axuda en todo, ademais confia moito nela. E outro personaxe que me gustou moito foi Rut, porque é unha rapaza que quere moito a Iris e a axuda en todo. Pola contra, o personaxe que menos me gustou é Chechu porque lle mente moito a Iris e lle fai sentir mal xusto no seu peor momento, cando queda en coma.

O final gustoume moito, o vocabulario é fácil e enténdese case todo. Recoméndollo á xente que lle gusten os libros de romances ou de adolescentes. A min persoalmente gustoume moito.

Lidia González Rey (3º ESO)

Iridium, unha rapaza de dezaoitos anos con heterocromía e DCA (dano cerebral adquirido) que ten un mozo que lle pon os cornos con outra rapaza debido a que ela estivera no hospital e esa moza fora o seu apoio.

A novela gustoume moito xa que ten un vocabulario moi fácil de entender e a maiores axeitado para a nosa idade. A cousa que mais me gustou é que sexa unha historia real, xa que Francisco Castro baseouse na historia dunha rapaza pare escribir este relato.

O momento máis importante e que máis me gustou foi cando Iris e Mario empezan a ser mozos e se bican porque me parece unha historia moi bonita.

Outa cousa que me pareceu moi ben é que hai dous persnoaxes moi fundamentais para Iris xa que lle axudaron cando ela soa non podía. Eses personaxes son o pai de Iris e Rut. Polo tanto os meus personaxes preferidos van ser eses dous polo gran apoio que lle deron. Sobre todo seu pai que estaba aí para ela en todo momento e apoiouna en todo.

Este libro é un dos poucos que volvería ler, por dous motivos. Lese moi rápido, xa que é curto, e o tema do que trata gústame moito.

Laura Rodríguez Seoane (3º ESO)

A novela Iridium de Francisco Castro é unha novela que me gustou moito xa que é unha historia moi actual que pode pasar na actualidade. Que trate o tema de Instagram e os seguidores e todo o relacionado coas redes sociais penso que fai que a xente nova, se enganche á trama e queira seguir léndoa ata o final.

Iridium gustoume e recoméndoa porque é unha novela de moitos tipos, é unha novela de amor, é unha novela de amizade, é a novela dunha raíña das redes sociais, e sobre todo unha novela que trata de temas actuais.

Sen dúbida o meu personaxe preferido é o pai de Iris, porque é o pai que todos e todas desexamos ter; que nos apoie sempre e que estea ao noso lado nas boas e nas malas.

Ruth tamén é un personaxe que me gusta pois é unha boa amiga para Iris e axúdaa e deféndea. O momento máis impactante da historia é o accidente. Móstranos o importante que é conducir nunhas condicións axeitadas pois podes acabar coa túa vida ou coa doutra persoa.

É unha historia que fai sentir moitas emocións, unhas boas e otras non tanto, pois trata sobre dificultades, prexuízos, discriminacións, amor, amizade...

Lara Piñeiro González (3º ESO)

O libro Iridium escrito por Francisco Castro, gustoume moito, conta unha historia moi interesante pois a calquera persoa lle podería pasar o mesmo, xa que un día vas camiñando pola rúa e alguén pode atropelarte.

Esta narradá en primeira persoa, o cal é un puntazo xa que sabes en cada momento como se sente a protagonista, tamén conta que as persoas adoitamos tratar diferente a quen sofre calquera discapacidade, e no libro fai fincapé no molesto que é para quen ten unha dificultade.

O meu personaxe preferido é Iris, xa que me parece unha persoa que amosa unha forza incrible, pois é capaz de ver o lado positivo de calquera dificulade. Outro personaxe que ten importancia no libro é Rut, penso que quere moito á súa amiga, demostrouno celebrando unha festa no seu honor, á parte diso preocupouse moito por ela cando estivo no hospital.

Persoalmente, eu recomendaríallo a calquera persoa de calquera idade, pero se tivera que recomendarllo a alguén en especial sería ás persoas que xulgan a outras sen saber as batallas coas que ten que loitar esa persoa.

Cristina García Regueiro (3º ESO)

Esta novela conta a historia de Iris. No meu punto de vista é unha historia de amor pero tamén de discriminacións, inxustizas e dunha amizade máis aló das dificultades.

A miña personaxe preferida foi Iris porque tenta ser unha adolescente totalmente normal a pesar do problema que ten. Outra cousa que me gusta dela é que a todo lle saca unha parte positiva e sempre segue adiante. Outro personaxe que me gustou foi Mario porque a pesar dalgunha cousa que fixo relacionada coa escola paréceme que é boa persoa e que quere o mellor para os demais. Pola contra o personaxe que menos me gustou foi Chechu porque é mentireiro e gárdalle segredos a Iris.

O momento máis importante do libro para min foi a festa sorpresa que lle organizou Rut (a mellor amiga de Iris) a Iris xa que nese momento Chechu e Mario tiveron un encontronazo. O que máis me inpactou foi cando se resolveu o tema do Iphone de Chechu porque esperaba que o tivese Mario. E o momento que máis me gustou foi o final.

O libro en si é moi curto, lese moi rápido e ensina moito en poucas palabras.

Lucía Rey Martínez (3º ESO)

O libro é moi interesante xa que conta unha historia que non se aparta moito da realidade. Algo que me gusta moito é que usa unha linguaxe fácil de entender e unha forma de falar bastante actual.

O meu momento favorito é cando Iris se pelexa e lle pon cara a Chechu para que deixe de meterse coa xente e para que a deixe tranquila.

Fala sobre uns adolescentes que se namoran e teñen diversos problemas persoais, tentan amañar todos os problemas aínda que algún non o dea resolto.

Se queres ler o libro a mellor idade para facelo é entre doce e dezaseis anos, xa que nelas seguramente sexas capaz de poñerte na súa pel e desfrutar máis da trama.

Os meus personaxes favoritos son Mario e Iris. Mario, xa que loita contra todos os prexízos que lle impón a xente, aínda que non o coñezan. E Iris dado que trata ben a todos e tenta facer todo soa e non perde o tempo con ninguén, como por exemplo non chora por Chechu.

Noelia Martínez Rodríguez (3º ESO)

Iridium foi unha boa lectura porque se me fixo curto o tempo de ler o libro, con un vocabulario fácil de entender e é entretido, pero, a pesar disto non o volvería ler e logo direi por que.

Chamoume a atención a enfermidade que tiña Iris, esta só a tiñan moi poucas persoas. A parte que máis me gustou foi cando a mellor amiga de Iris faille unha festa sorpresa, isto provocou que Iris o pasase moi ben despois do atropelo que tivo.

Os meus persoaxes favoritos son a mellor amiga da protagonista porque esta estivolle axudando a Iris no cole, e o pai de Iris porque este estivo axudándolle e prestándolle moita atención á protagonista despois do accidente que tivo. Chechu foi o personaxe que menos me gustou, xa que enganou a Iris con unha zapaza chamada Martha, e tamén lle dicía mentiras.

En conclusión, non é un mal libro, pero non o lería por segunda vez xa que non me gustan os temas de amor, de enfermidades e de que o protagonista fale da súa vida senón os de aventuras.

Iván Regueiro Liste (3º ESO)

A min este libro gustoume tanto como moitos pero non me esperaba que fose acabar así.

O momento que máis me gustou foi cando Mario a defendeu e o peor cando o pasa mal cando Chechu lle pon os "cornos" a Iris e séntese el mal sen culpa ningunha e intentaba sacarlle un sorriso e pensando como facela feliz e nese momento faina feliz por instagram.

O meu personaxe favorito é o pai de Iris porque sempre está aí para ela e sempre a axuda en todo, e tamén confía moito nela. E outro personaxe que me gustou moito foi Ruth, porque é unha rapaza que lle conta todo a Iris e a axuda en todo. O único personaxe que non me gustou moito foi Chechu porque púxolle os "cornos" a Iris ás súas costas e as súas escusas eran nefastas e non lle quixo dicir a verdade cando se puxo ben.

O vocabulario era sinxelo, polo que resultoume moi sinxelo de ler e tamén porque era moi curto pero cheo de sentimentos, polo que non fai falta para iso escribir un libro longo.

Ángel Castro Noya (3º ESO)

Este libro relata os feitos dunha rapaza chamada Iris, a cal padece de Heterocromía, Iridium. A historia engánchate dende o comezo co accidente de tráfico que lle sucedera anteriormente e polo cal estivo en coma durante 7 meses e o suceso de moitas situacións moi comprometidas, tanto para ela coma para o seu mozo Chechu (agora ex-mozo) e para os seus pais os cales tiveron que pasar seguramente por moito mentres ela estaba en coma.

Xa só o tema do libro é interesante pero os matices coma o anteriormente contado sobre os seus pais, aínda que non se comenta como o viviron eles durante eses meses, e sería un punto que estaría ben que aparecera na trama.

Ademais disto, o libro dá sempre moitos datos que son moi interesantes, por exemplo como trataban a Iris cando volveu do coma ou canto lle afectou a Chechu o seu coma (aínda que lle puxese os cornos mentres ela estaba ingresada).

En xeral o libro é dos mellores que lin e recomendo á xente que o lea.

Diego Vásquez Fernández (3º ESO)

A min gustoume moito xa que é un libro moi rápido de ler e moi entretido. Pero tamén porque eu sei o que se sente que te traten como se non puideses facer nada e fora inútil, xa que cando me operei non puiden facer case nada durante seis meses e sei que o TCE é para toda a vida e non ten ningun tipo de comparación cunha operación, pero, aínda así esa sensación de non poder facer nada é a mesma.

A miña personaxe favorita é Iria, porque ten que aprender a vivir despois do accidente que tivera e tanén ten que aguantar que a xente pense que xa non vale para facer nada. Outro personaxe que tamén me gustou foi Mario, porque foi o único que non cambiou a súa forma de ser con Iris antes e despois do accidente. Pero o que menos me gustou foi Chechu porque pensa que todo está relacionado con el, por exemplo, cando Matha o “consolou” cando Iris estaba en coma.

A miña escena favorita do libro foi cando Mario chamou a Iris polo apodo que o facía antes do accidente, porque Iris sentiuse feliz xa que era a primeira vez que alguén non cambiara a súa forma de ser con ela despois do accidente.

Ainhoa Leis Ríos (3º ESO)

O momento máis importante do libro para min é cando Chechu e Mario se pelexan, e Chechu deixa caer o teléfono e Iris cólleo, e el, pensando que era Mario, vai para a casa e comeza a berrar coma un tolo.

O libro parecía un pouco triste ao principio polo que lle pasara ao protagonista pero a medida que avanzaba a historia acabou sendo moi interesante e ás veces moi divertido por algúns comentarios que fixeron os personaxes.

Para min os personaxes máis importantes foron Mario, Chechu e Iris xa que a parte máis interesante da historia transcorre entre estes tres que son os que provocan a maioría dos conflitos.

Creo que o desenvolvemento é bo, aínda que as parénteses me perden un pouco xa que din outras cousas que non teñen moito que ver co que está a pasar.

O final é moi bo pero non vou facer "spoiler".

Para min a lingua era moi fácil de entender xa que supostamente está escrita por unha rapaza da nosa idade e por iso todo é máis fácil de entender.

Recoméndolle moito este libro a todas as persoas que lles guste ler por suposto pero sobre todo ás persoas que lles gusten os rexoubeos e os conflitos, xa que nesta novela as mellores partes son cando pelexan.

Brais Castro Señarís (3º ESO)

Este libro de Francisco Castro gustoume por tres razóns:

A primeira, pola historia tráxica que nos conta dunha rapaza que por culpa dun accidente de coche ten que estar hospitalizada durante sete meses, ademais o seu mozo xa estaba con outra rapaza, estes feitos fan que lle collas moito cariño ao personaxe principal. Ademais intereseime moito coa enfermidade que ten, chamada hetecromia que fai que teña os ollos de diferente cor, doenza que xa estou afeita a ela xa que a miña tía ten esta enfermidade.

A segunda é polo personaxe principal, como xa contei, a súa historia fai que lle collas cariño e empatices moito con ela, ademais a enfermidade que ten ao meu parecer "mola" moito, e por poñer outro exemplo tamén Mario, un rapaz que volve dunha expulsión e ten a etiqueta de malévolo e ao final resulta que sae namorado de Iris, acto que a ela lle serve para non perder o interese polo sexo masculino.

E a terceira razón pola que me gustou o libro é a súa linguaxe doada e interesante de ler, unha característica moi importante para min que fai que me enganche ao libro.

Mateo Pérez Vázquez (3º ESO)