Pincha en los enlaces
http://www.xtec.cat/~jgenover/predic1.htm
http://www.xtec.cat/~jgenover/predic2.htm
luns, 18 de marzo de 2019
Andel de Libros (XXVI): Made in Galiza, de Séchu Sende
Este
libro gustoume moito e foi moi entretido. Pareceume moi divertido por
estar feito por moitos contos máis pequenos. É dicir, aínda que
teña sempre algo en común (a defensa da lingua galega), as
historias son totalmente diferentes. Os capítulos son moi pequenos e
lense moi rápido.
Houbo unha historia que me gustou moito a pesar de ser moi breve, ía sobre namorarse, e como o fixeran dúas
persoas. Faría de cambios que, xa que se está a defender o galego,
poñer menos contos noutros idiomas, por exemplo o castelán, xa
que hai varios que falan en castelán. Aínda así, gustoume moito.
Séchu sabe moi ben como poñerse na pel dos protagonistas (porque en
cada historia hai uns diferentes), e faicho pasar moi ben mediante a
lectura.
O libro é moi emocionante, e ás veces tamén contraditorio,
por exemplo, nun capítulo defende moito a lingua galega, e noutro, pola contra, fala todo o tempo en castelán, supoño que isto estará
feito adrede para que nos decatemos.
É un libro que lle recomendo a
calquera persoa de calquera idade e ten unha lingua moi fácil de
entender.
Tania Villasenín Bello (4º ESO)
A min o libro Made
in Galiza pareceume xenial e foi un dos libros que máis me gustou ata agora xa
que toca un tema moi vixente no galego e faiche reflexionar bastante.
Non se
trata dun libro ao que estemos acostumados porque non consta dun principio, nó
e desenlace, senón que é un conxunto de relatos. Relatos moi pequenos e cunha
lingua moi sinxela polo que son moi fáciles de ler, cada un cuns personaxes
diferentes: uns vellos, outros novos, uns reais, outros imaxinarios... pero
todos teñen un tema común que é a lingua.
Penso que o que pretendeu Séchu Sende
ao escribir esta obra era facer chegar aos seus lectores o que lle está
acontecendo ao galego xa que é unha lingua minoritaria e estase vendo invadida
polo castelán, e facernos reflexionar sobre iso para que tentemos difundila e
coidala ó máximo posible para que non desapareza.
Paula Lema Domínguez (4º ESO)
Este libro gustoume moito, é moi interesante e entretido. Son un conxunto de relatos de diferente temática. Ten unha linguaxe moi doada de entender polo que se le moi rápido e sen problema.
Neste libro non hai relación entre portada e contido, na portada aparecen unhas bombonas cunhas caras pintadas e no libro non aparece isto.
Este obra recibiu un premio, o chamado premio Anxel Casal. Xusto llo deron no ano en que se publicou, en 2007. Foi o mellor libro do ano.
O relato que máis me gustou de este libro foi “A agulla de marear “ porque me pareceu moi divertido.
En canto aos personaxes, un dos que máis me gustou é o rapaz de "A agulla de marear", porque foi o relato que máis me gustou. Outro personaxe que tamén me gustou moito foi Luis de "Fixen unha ouiha co espirito de Castelao", porque foi moi gracioso que acabara falando o galego.
Recomendo este libro sen dúbida ningunha porque seguro que lle vai encantar a todo aquel que o lea.
Damián Regueiro Liste (4º ESO)
Andel de Libros (XXV): Miss Ourense, de Bieito Iglesias
Este libro foi moi interesante porque cada historia
enganchábate moito mais debido aos casos ían sucedendo.
Para min o momento máis importante desta historia foi cando o protagonista resolveu os 3 problemas.
A min o personaxe
que mais me gustou foi o detective xa que resolvía os problemas moi facilmente
e sen ningún problema. Os outros personaxes que mais me gustaron foron Claudina
e mais o seu home xa que lle axudaron moito ao detective a resolver un dos
crimes e en concreto non teño ningún personaxe que non me gustara.
Sobre o seu
desenvolvemento non cambiaría nada porque para min persoalmente penso que este
libro está ben escrito. E sobre o final poñeríalle a cada historia unha distinta.
Con respecto á lingua para min non foi moi difícil de entender xa que penso que ten
unha vocabulario bastante xeral.
Eu recomendaríallo a persoas que lles gusten
os temas sobre os crimes.
Alejandro Vásquez Fernández
(4º ESO)
A min o momento
máis importante do libro pareceume a escena no que entra a rapaza e está o
detective dentro falando coa muller de
Aquilino sobre o seu asasinato e se había algunha persoa que lle tivese tirria,
entón entrou a rapaza cunha roupa demasiado inadecuada para o momento no que
mataron a o seu pai. Este momento paréceme o mais importante porque é o que
mais me gustou xa que a rapaza é moi "pasota", así coma nós.
Polo demais, parécenme unhas
historias moi interesantes e gustáronme moito, só que custa moito comprender o
que está a contar en cada momento xa que a lingua é moi complicada, cambiaría a
linguaxe do conto porque era moi custoso seguir a trama.
O final pareceume axeitado xa que conseguiron resolver os asasinatos dos asasinados.
Eu este libro só o recomendo para persoas maiores de 19
anos xa que na miña opinión é moi doado de entender para elas, pois como xa dixen a lingua era demasiado complicada para as a nosas idades.
Alicia González
Lage (4º ESO)
venres, 15 de marzo de 2019
Book tráiler (XXXII): "Corredora" de María Reimóndez. Por Laura Codesido Fernández
Unha nova entrega no noso recuncho de realización
youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez
(col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Laura Codesido Fernández, 2º ESO, CPI Viaño
Pequeno (Trazo)
xoves, 14 de marzo de 2019
Book tráiler (XXXI): “A canción de Sálvora", de Antón Riveiro Coello. Realizado por Nerea González Rey
Unha nova entrega no
noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A canción de Sálvora, de Antón Riveiro Coello (A Nosa
Terra, 2002). Realización youtubeira: Nerea González Rey, 2º ESO, CPI Viaño
Pequeno (Trazo)
Andel de Libros (XXIV): A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz
Este libro gustoume moito, grazas aos seus personaxes e á súa historia
penetrante.
O que para min foi o momento máis
importante foi ao final cando os dous personaxes principais se meten no saco de
durmir e comézanse a bicar, e gustaríame saber o que sucedeu de verdade debaixo
desa tenda de campaña.
O tema do libro paréceme interesante e emocionante, polo traballo dos seus
pais e pola historia de amor non correspondido do protagonista xuvenil galego,
e coa súa moza que era filla dun importante xurado de Barcelona e que metía na
cadea á xente como o pai do protagonista.
Na miña opinión, non faría ningún cambio no desenvolvemento, paréceme
perfecto e sinxelo, pero cambiaría algún capítulo pola metade suprimindo e
cambiando por algunha das cartas que se redactaban.
Falando do final, eu penso que é axeitado, pero teríame gustado algo máis
espontáneo e non tan acaramelado.
A lingua é facilmente entendible.
Daniel Balsa Balsa (4º ESO)
A min este libro gustoume moitísimo. Ao principio non me decataba moito do que estaba a contar, pero logo dun tempo lendo empeceime a decatar e despois empezoume a gustar e cada vez máis.
O momento máis importante do libro, para min, foi os días nos cales levaron presa a súa nai, e nos cales unha morea de sentimentos e pensamentos roldaron pola súa cabeza.
Os personaxes teñen un papel fundamental nesta historia, xa que os pais nos dan a ver que hai diferentes tipos de pensamentos.
Este libro foi moi interesante, unha vez posta a ler nel, resultaba moi difícil parar de ler, dá a sensación que a intriga tira por ti para seguir lendo nesta novela.
Eu persoalmente neste libro non faría ningún cambio, nin polo medio, nin polo final, gústame así, sen realizar ningún cambio.
A lingua é bastante axeitada, se cadra hai algunha palabra que non se entende, pero acábase deducindo polo texto que segue.
Laura Pena Gutiérrez (4º ESO)
A min este libro gustoume moitísimo. Ao principio non me decataba moito do que estaba a contar, pero logo dun tempo lendo empeceime a decatar e despois empezoume a gustar e cada vez máis.
O momento máis importante do libro, para min, foi os días nos cales levaron presa a súa nai, e nos cales unha morea de sentimentos e pensamentos roldaron pola súa cabeza.
Os personaxes teñen un papel fundamental nesta historia, xa que os pais nos dan a ver que hai diferentes tipos de pensamentos.
Este libro foi moi interesante, unha vez posta a ler nel, resultaba moi difícil parar de ler, dá a sensación que a intriga tira por ti para seguir lendo nesta novela.
Eu persoalmente neste libro non faría ningún cambio, nin polo medio, nin polo final, gústame así, sen realizar ningún cambio.
A lingua é bastante axeitada, se cadra hai algunha palabra que non se entende, pero acábase deducindo polo texto que segue.
Laura Pena Gutiérrez (4º ESO)
Andel de Libros (XXIII): Pensao nao, de Anxo Angueira
A parte máis
importante do libro, para min, é a morte
de Camoiras, porque me parece a parte que máis contradicións sentimentais
permite ter, e iso gústame. Mentres que lía ese anaco do libro sentíame triste
porque ían matar a Camoiras, unha das
miñas personaxes preferidas e ao mesmo tempo facíame gracia a afouteza e
bravura de Camoiras contra os falanxistas.
Paréceme un
libro interesante, pois conta con detalles e feitos históricos múltiples,
emocionante e triste ao mesmo tempo.
Quitaríalle
algunhas partes onde non se conta nada, é dicir, nas cales a información que
dan é relativamente irrelevante, que isto tampouco é dun todo cero, xa que,
todo o que conta segue un fío e está así contado e escrito por algo. Pero como
ía dicindo, que lle quitaría algúns anacos porque á hora de traballar sobre o libro,
como tiven que facer eu, sería máis doado.
O final paréceme
axeitado, porque como dixen antes, todo segue un fío e gústame moito porque o
libro acaba co título do libro, Pensa nao.
E en canto á
linguaxe pareceume moi complexo e custoume entendelo todo ben, pero polo
contexto, máis ou menos, podes deducir o que quere dicir.
Uxía Iglesias Vázquez (4º ESO)
Andel de Libros (XXII): Enderezo descoñecido, de Kressmann Taylor
Gustoume
moito este libro, ademais é moi entretido. Nel, móstrase como era a
vida tanto antes como mentres Hitler foi collendo o poder e como foi
cambiando a sociedade e o pensamento alemán.
Chamoume moito a
atención que ten moitos detalles, como por exemplo as cartas, entre
elas, hai moita diferenza de datas (un mes ou nalgúns casos aínda
máis). Hai algunhas fallas a nivel escrita, como por exemplo faltar
letras, ademais é un libro traducido, xa que o idioma orixinal é o
inglés. É un libro que reflicte moi ben toda a historia de Alemaña.
Este libro demostroume como, aínda que ti non queiras, as cousas
poden cambiar de un día para outro. Os amigos non son (neste caso)
tan bos amigos como parecían, xa que de un día para outro, teñen
que deixar de falar xa que un non podía facelo, e diso dependía el
e a súa familia.
Foi moi entretido, pero á vez foi un pouco duro
porque non me imaxinaba que isto puidese ser así, xa que apenas tiña
coñecementos sobre esta época.
É un libro que recomendo ler a calquera.
Enténdese moi fácil e ten unha lingua fácil de entender. Lese moi
rápido e é moi breve, así que desta volta esa non pode ser a
desculpa!
Tania Villasenín Bello (4º ESO)
Este libro recoméndollo a todas aquelas
persoas ás que lles guste as novelas cun tema histórico. Esta obra fala de como dous amigos se poden pelexar por culpa dunha guerra.
A
historia está ambientada na Segunda Guerra Mundial. Conta a historia
de dous amigos, un alemán e outro xudeo. Martin, o alemán, marcha
coa súa familia a Alemaña, xa que estaban a vivir en California.
Max, o xudeo, queda encargado da galería de arte que tiñan en
común. Estes cartéanse durante un tempo, falando de como lle vai a
vida a cada un, como evoluciona o mundo,... Cando estala a guerra,
Martin vólvese nazi, e non pode mandarse cartas con Max. Por culpa
dunha traxedia, Max víngase de Martin ata que lle provoca a morte.
Este libro é moi sinxelo de ler, xa que conta con 60 páx. Lese moi
rápido e é un libro que che fai pensar. Este relato cóntase nun
formato coma se fosen cartas, as cartas que se mandan entre eles. A
min gustoume moito.
María Gigirey Iglesias (4º ESO)
Este libro pareceume moi interesante e creo que é moi recomendable que a xente o lea.Trata sobre dous homes que levan a cabo un negocio xuntos. Un é xudeu e outro é alemán. E cando Xitler acadou o poder a súa relación acabou, xa que Xitler meteralle ideas na cabeza a sociedade de Alemaña que non eran normais e o amigo alemán cambiou moito debido a isto. Entón o xudeu non podía relacionarse co seu amigo de Alemaña.
A linguaxe deste libro é moi doada polo que se le sen problemas e tamén é un libro moi curto, que en media hora xa se ten lido.
En canto aos personaxes, o que máis me gustou foi o xudeu, porque non cambiu coma o outro. O alemán cambiou moitísimo e non para ben.
Eu penso que este é un libro que todos deberíamos de ler xa que te fai pensar sobre estes temas, e seguro que lle gusta a case todo o mundo que o lea.
Damián Regueiro Liste (4º ESO)
Este libro pareceume moi interesante e creo que é moi recomendable que a xente o lea.Trata sobre dous homes que levan a cabo un negocio xuntos. Un é xudeu e outro é alemán. E cando Xitler acadou o poder a súa relación acabou, xa que Xitler meteralle ideas na cabeza a sociedade de Alemaña que non eran normais e o amigo alemán cambiou moito debido a isto. Entón o xudeu non podía relacionarse co seu amigo de Alemaña.
A linguaxe deste libro é moi doada polo que se le sen problemas e tamén é un libro moi curto, que en media hora xa se ten lido.
En canto aos personaxes, o que máis me gustou foi o xudeu, porque non cambiu coma o outro. O alemán cambiou moitísimo e non para ben.
Eu penso que este é un libro que todos deberíamos de ler xa que te fai pensar sobre estes temas, e seguro que lle gusta a case todo o mundo que o lea.
Damián Regueiro Liste (4º ESO)
venres, 8 de marzo de 2019
Book tráiler (XXX): “Aire negro", de Agustín Fernández Paz. Por Miguel Mariño Martínez
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler
da novela Aire negro, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo, Xerais, 2012).
Realización youtubeira: Miguel
Mariño Martínez,
3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Book tráiler (XXIX): “Trece anos de Branca", de Agustín Fernández Paz. Por Sara González e Valeria Vásques
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler
da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (Rodeira-Edebé,
1994). Realización youtubeira: Sara González Castro e Valeria Vásques Fernández, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
xoves, 7 de marzo de 2019
Book tráiler (XXVIII): “Trece anos de Branca", de Agustín Fernández Paz. Por Lucía González e Ana Señarís
Unha nova entrega no noso recuncho de realización
youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de
Agustín Fernández Paz (Rodeira-Edebé, 1994). Realización youtubeira: Lucía González Castro e Ana Señarís Veiras, 1º ESO, CPI Viaño
Pequeno (Trazo)
xoves, 28 de febreiro de 2019
Andel de Libros (XXI): Europa Express, de Andrea Maceiras
Ola! O meu nome é Paula e estou aquí de
novo, desta vez para falarvos do libro Europa Express, de Andrea Maceiras.
Este relato fala duns mozos e mozas que ao acabaren o bacharelato deciden
percorrer Europa no Interrail, para
descubrir o que verdadeiramente é a liberdade. Na súa estancia en Berguen
(Noruega), alguén tira unha foto no preciso momento no que o grupo de adolescentes cruza o porto
da cidade. Dez anos despois, un membro da panda
atopa esa mesma foto nunha postal que compra nunha nova visita á cidade.
Esta coincidencia, leva ao novo reencontro dos antigos estudantes pero un,
Xacobe, xa non está entre el@s.
Ao falar dos personaxes, o meu
favorito é Piero, un rapaz veneciano que ve todo dunha maneira moi especial.
Para min o momento máis importante foi
cando Aroa marchou da casa, porque é moi emocionante e intrigante.
Non faría ningún cambio, porque está
todo moi ben ligado entre si. Tampouco no final, porque o atopo axeitado e
inesperado.
En canto ao vocabulario, emprega unha
lingua sinxela de fácil comprensión.
Finalmente, coma sempre, recomendarvos
esta lectura porque realmente vale a pena.
Paula Noya Redondo (3º ESO)
Gustoume moito o
libro. Pareceume que o
mellor momento foi cando foron falar coa brasileira, porque era como o final do
libro. É dicir, ir falar con esa muller foi como a solución aos problemas dos protagonistas.
O momento máis esperado, e gustoume moito esa parte.
O tema pareceume
interesante e diferente, bastante único. Non aburre nada, xa que ao facer
tantos flash backs, mantíñaste entretida.
A min, os personaxes que máis me gustaron foron Óscar e Nico. A maneira de falar de Óscar fixo que a lectura fora máis entretida, e a curiosidade de Nico por saber que fora realmente o que lle pasara ao seu amigo Xacobe, resolvíache calquera dúbida que puideras ter sobre o libro.
O final non estivo nada mal, aínda que
non lle daría tantas voltas, xa que me pareceu moi enredante.
A lingua pareceume
moi fácil de entender, incluso ás veces, botabas unhas risas coa maneira de
falar dalgún personaxe.
Recomendo ler este
libro porque me pareceu que enganchaba moito, e que ten un final feliz e é un relato moi real, é dicir, que podería pasar na realidade.
Iria Boquete Sánchez (3º ESO)
Ola, son Ana Cebey, e vou facer unha pequena valoración sobre Europa Express. O libro gustoume moito, de fácil lectura e fácil comprensión.
Lese moi rápido e
pareceume axeitado para a nosa idade, xa que usa un vocabulario bastante
sinxelo.
Unha das cousas que
máis me gustou foi que fala dende moitos puntos de vista, e así podes saber o
que pensa cada personaxe.
Non me gustou moito
que alternase épocas de tempo, xa que te lía un pouco.
O momento máis
importante para min foi na cea, xa que dende aí comezaron a pasar cousas moi
potentes.
O personaxe que
máis me gustou foi Nico, xa que me pareceu un rapaz bastante maduro, pero que
quere resposta para todo. Pero
considéroo unha persoa moi responsábel.
Tamén me gustaron
moito os personaxes de Xacobe e de Aroa, porque penso que o fixeron moi ben
para levar a súa relación en secreto.
A verdade é que eu
este libro lino en moi pouco tempo e enganchoume moito, recoméndollo a todo o alumnado. Adeus!
Ana Cebey de la Torre (3º ESO)
Andel de Libros (XX): Rúa Carbón, de Marilar Aleixandre
O momento máis importante para min foi
cando Paula le o poema en honor a Iñaki, porque a súa actitude paréceme moi valente e que non ten medo de expresar a súa opinión.
O tema é interesante porque son cousas
que pasaban fai anos como é o tema sobre a ETA, pero sinceramente é un libro
que non me enganchou nada e pareceume moi difícil de ler porque había moitas
palabras que non entendía, por exemplo algunhas palabras estaban en éuscaro e
non aparecía a tradución.
A verdade é que non sei que cambios
facerlle, porque a ver, o tema está ben pero como me pareceu moi difícil de ler
e tamén de entender pois xa non me interesou, pero sen dúbida unha das cousas que
lle cambiaría seria a portada pois, despois de ler o libro, non che sabería
dicir que relación ten a portada do relato co contido.
Pareceume difícil de ler, algunhas veces
ata tiven que ler varias veces a mesma páxina, pero ben, iso depende de cada
un.
Leticia
Añón Guerra (3º ESO)
Andel de Libros (XIX): Chamábase Luís, de Marina Mayoral
Este libro gustoume dende o primeiro
momento, e iso que a min non me gustan os libros con varias historias, mais
este enlázaas moi ben, o punto de vista da nai (Rosa) é como unha especie de
adianto do que vai pasar nas outras historias xa que ademais de contar a súa
vida de cando era pequena, os mozos que tivo... falaba de todos os outros
personaxes que relatan máis adiante o seu punto de vista.
Eu non podería dicir o momento máis importante, pois
todos teñen a súa importancia.
Este libro lino moi rápido parecíame tan entretido que
non podía parar de ler, negueime a facer outra cousa mentres non o acabase. O
único que faría de cambio sería alargar o libro e contar a vida de todos
despois da morte de Luis, pois quedei con ganas de saber se acababan sendo felices.
Rosa pareceume un dos mellores personaxes, pois trata moi
ben a todo o mundo, sen esperar nada a cambio, así como coida a Luis a cambio
de que este lle roube, e lle pida cartos, ela sufriu moito.
Alba Dafonte Rodríguez (3º ESO)
martes, 26 de febreiro de 2019
Book tráiler (XXVII): “Trece anos de Branca", de Agustín Fernández Paz. Por Alicia Martínez Rodríguez
Unha nova entrega
no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (Rodeira-Edebé, 1994).
Realización youtubeira: Alicia Martínez Rodríguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno
(Trazo)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













