Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 12 de febreiro de 2020

“A xusticia pola man” nas voces de Laura Codesido Fernández e súa nai Cristina Fernández López



“A xusticia pola man” nas voces de Laura Codesido Fernández (3º ESO) e súa nai Cristina Fernández López. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia


A xusticia pola man


Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

―――

Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.



“¡Follas novas! risa dame” nas voces de Ana Cebey de la Torre e a ex-alumna Alicia González Lage



“¡Follas novas! risa dame!” nas voces de Ana Cebey de la Torre (3º ESO) e a ex-alumna Alicia González Lage. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

¡Follas novas! risa dame


 ¡Follas novas! risa dame
Ese nome que levás,
Cal s'a un-ha moura ben moura,
Branca ll'oise chamar.



 Non Follas novas, ramallo
De toxos e silvas sôs,
Hirtas, com'as miñas penas,
Feras, com'á miña dor

 —

 Sin olido nin frescura,
Bravas magoás e ferís...
¡Se n'a gándara brotades,
Como non serés así!

martes, 11 de febreiro de 2020

Book tráiler (XXXIX): “Unha branca de cobre para Martiño", de Ramón Carredano Cobas. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Unha branca de cobre para Martiño, de Ramón Carredano Cobas (col. Merlín. Xerais, 2005). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (XXXVIII): "O neno do pixama de raias", de John Boyne. Realizado por Sonia Muíño Riomayor



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, o Book tráiler da novela O neno do pixama de raiasde John Boyne, tradución de Daniel Saavedra (Faktoría K Narrativa, 2007). Realización youtubeira: Sonia Muíño Riomayor, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


venres, 7 de febreiro de 2020

“Adios ríos, adios fontes” na voz de Laura Codesido Fernández



“Adios ríos, adios fontes” na voz de Laura Codesido Fernández (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

     Miña terra, miña terra,
Terra donde m' eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey.

     Prados, rios, arboredas,
Pinares que move ó vento,
Paxariños piadores,
Casiña dó meu contento.

     Muhiño d' os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar.

     Amoriñas d' ás silveiras
Qu' eu lle dab' ó meu amor,
Camiñiños antr' ó millo,
Adios para sempr' adios!

     Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacin,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vin!

     Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pó lo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

     Mais son prob' e mal pecado,
A miña terra n' é miña,
Qu' hastra lle dán de prestado
A veira por que camiña
O que naceu desdichado.

     Téñovos pois que deixar,
Hortiña que tanto amei,
Fogueiriña dó meu lár,
Arboriños que prantei,
Fontiña do cabañar.

     Adios, adios que me vou,
Herbiñas do camposanto,
Donde meu pay s' enterrou,
Herbiñas que biquey tanto,
Terriña que vos criou.

     Adios tamén, queridiña...
Adios por sempre quizais!...
Dígoch' este adios chorando
Desd' á veiriña do mar.

Non m' olvides, queridiña,
Si morro de soidás...
Tantas legoas mar adentro...
¡Miña casiña! meu lar!

“Adios ríos, adios fontes” na voz de Uxía Beiras Rivas



“Adios ríos, adios fontes” na voz de Uxía Beiras Rivas (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

     Miña terra, miña terra,
Terra donde m' eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey.

     Prados, rios, arboredas,
Pinares que move ó vento,
Paxariños piadores,
Casiña dó meu contento.

     Muhiño d' os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar.

     Amoriñas d' ás silveiras
Qu' eu lle dab' ó meu amor,
Camiñiños antr' ó millo,
Adios para sempr' adios!

     Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacin,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vin!

     Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pó lo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

     Mais son prob' e mal pecado,
A miña terra n' é miña,
Qu' hastra lle dán de prestado
A veira por que camiña
O que naceu desdichado.

     Téñovos pois que deixar,
Hortiña que tanto amei,
Fogueiriña dó meu lár,
Arboriños que prantei,
Fontiña do cabañar.

     Adios, adios que me vou,
Herbiñas do camposanto,
Donde meu pay s' enterrou,
Herbiñas que biquey tanto,
Terriña que vos criou.

     Adios tamén, queridiña...
Adios por sempre quizais!...
Dígoch' este adios chorando
Desd' á veiriña do mar.

Non m' olvides, queridiña,
Si morro de soidás...
Tantas legoas mar adentro...
¡Miña casiña! meu lar!

“Cando penso que te fuches” na voz de Sara Pena Gutiérrez



“Cando penso que te fuches” na voz de Sara Pena Gutiérrez (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

Cando penso que te fuches

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.

xoves, 6 de febreiro de 2020

Book tráiler (XXXVII): "O misterio dos fillos de Lúa", de Fina Casalderrey. Realizado por Marcos Miramontes Otero



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, o Book tráiler da novela O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey (col. O Barco de Vapor. Editorial SM, 1995). Realización youtubeira: Marcos Miramontes Otero1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXVI): "Palabras de Caramelo", de Gonzalo Moure. Realizado por Iker Señarís Suárez




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Iker Señarís Suárez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXV): "Palabras de Caramelo", de Gonzalo Moure. Realizado por Sergio Señarís Suárez





Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Sergio Señarís Suárez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)




martes, 4 de febreiro de 2020

Book tráiler (XXXIV): "Lúa do Senegal", de Agustín Fernández Paz. Realizado por Irene Iglesias Domínguez




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Marina Seoane (col. Sopa de Libros, Xerais, 2009). Realización youtubeira: Irene Iglesias Domínguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXIII): "Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo)", de Marcos López Concepción. Realizado por Raquel Dafonte Rodríguez




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo), de Marcos López Concepción (col. Árbore, Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Raquel Dafonte Rodríguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXII): “Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



mércores, 29 de xaneiro de 2020

Book trailer (XXXI): "Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras. Realizado por Lúa Edreira Martínez



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Lúa Edreira Martínez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Conta de Libros (XXVII): Chamábase Luís, de Marina Mayoral



Chamábase Luís é un libro moi interesante, xa que trata de un tema delicado como é o das drogas, e vexo moi importante que se trate porque aínda que hoxe en día estea máis normalizado o tema aínda faltan algúns aspectos por entender ou explicar na sociedade, a xente non entende a dor que pasan as familias. 

Á parte do tema das drogas tamén trata os conflitos familiares de épocas anteriores á nosa. 

Non é fácil escoller personaxe favorito, xa que hai persoas que inflúen moito na novela, pero se tivera que escoller, sen dúbida sería Rosa. Rosa paréceme unha boa persoa que sempre sabe que dicir ou facer. É unha muller loitadora e sempre vai facer o que poida por salvar a seus fillos e defendelos. Ten unha gran debilidade por Luís, xa que é o fillo con máis problemas, pero iso non lle fai perder os estribos. 

A obra é curtiña e fácil de ler, o vocabulario da novela é doado, pero ten algunhas palabras complexas. Se queres saber algo máis do libro so tes que lelo.

Uxía Beiras Rivas (3º ESO)