48 horas, Cándido Paniagua Pousa. Xerais
O personaxe que máis me gustou foi o mellor amigo de Lois, Néstor, porque o coidaba moito e
ata que non o atopou non parou, tamén estivo insistindo en saber como ía o caso e se xa se
sabía algo de Lois.
O que máis me gustou deste libro é que trata dunha desaparición polo cal faise moi
entretido e interesante. Pero o que menos me gustou do libro é que a desaparición se alongara
tanto xa que era un xogo para o rapaz desaparecido.
Esta narración nin me gustou nin me desgustou xa que era entretida pero tampouco o escollería
para ler, aínda que tema que se trataba na historia gustoume xa que tiña uns momentos moi
interesantes e tamén porque me gustan os libros sobre desaparicións.
Recomendaríalle esta lectura a rapaces e rapazas ás que lle gusten os libros sobre
desaparicións, xa que é un bastante entretido e ao comenzar a lelo queres seguir lendo
para saber como segue a historia.
A lingua deste libro foi fácil de entender, pois non tiña ningunha complexidade.
Valeria Grela Bello (3º ESO B)
O
libro, gustoume moito, xa que vai narrando a desaparición de Lois
Figueirido despois dunha saída para ir facer un traballo audiovisual
para a materia de Xeografía e Historia. Esta novela relata como
ocorreu a desaparición e como, os seus compañeiros, mediante
recordar que fixeran ese día, logran atopalo.
Pareceume
moi fácil de ler, pola súa sinxela expresión e o seu vocabulario
fácil de entender.
O
meu personaxe favorito foi Néstor, o mellor amigo de Lois, que non
para de buscar ata lograr atopalo e pon de todos os seus medios para
que sexa rápido.
O
que máis me gustou deste libro foi como van actuando os diferentes
personaxes ao tratar de atopar ao seu amigo Lois e como te mantén en
suspense ata o final da historia.
É
unha novela que me resultou moi fácil de ler e, sobre todo que chega
a engancharte grazas a intriga e ao suspense que crea.
Recomendaríavos
lelo se vos gustan as historias de desaparicións e de intriga.
Sara
Gómez García (3º ESO A)