A punta de pistola. Fran
Alonso. Xerais
Este
libro gustoume moito, simplemente porque ten un tema moi interesante.
Ao
principio pensaba que non ía ser entretido porque como empezaba con
dúas
historias á vez e
non pensei que esas historias se fosen a cruzar. E menos cando no
medio do libro empezou outra, no momento onde se intercambian as
historias pareceume moi orixinal.
O
meu personaxe favorito foi a camioneira, porque foi moi valente sendo
como era e comportándose
así diante da xente. En cambio o personaxe de “O Varas” non me
gustou nada, pensa dunha maneira machista e non sabe o que quere,
compórtase
como un neno pequeno e non sabe tratar cos fillos.
Foi
un libro moi doado de ler, cunha letra grande e con poucas páxinas.
Foi dos libros máis entretido e interesante dos que eu lin. Ten un
punto
de intriga no medio o cal lle dá
o toque que necesita. Por
iso eu recomendaríallo
a moita xente.
Antía
Bello Liñares (3º ESO A)
A
min, este libro gustoume moito. É un libro que conta dúas historias
paralelas, a historia dunha camioneira e a historia de Rica e o
Varas, unha parella a que os Servizos Sociais lle quitan os fillos
porque non os consideraban capacitados para ser pais polo trato que
lles daban, e que deciden ir a secuestralos.
Non
me resultou difícil de ler porque non se fai aburrido, e o
vocabulario, ao ser sinxelo, tampouco é difícil de entender.
Ao
meu parecer, o momento máis destacado do libro, foi cando leron os
historiais do Varas e de Rica, xa que me axudou a entender e a
encaixar moitas cousas no libro.
O
personaxe que máis me gustou do libro é a camioneira, xa que nos
demostra falando no seu galego dialectal o traballadora e constante que é con
respecto ao seu traballo.
Sen
dúbida recomendo este libro.
Uxía
Mariño Parafita (3º ESO B)