mércores, 3 de maio de 2023
Book tráiler (LXXVIII): Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre. Realizado por Laura Noya Sánchez
luns, 24 de abril de 2023
Book tráiler (LXXVII): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Lucía Sánchez Couselo
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Lucía Sánchez Couselo, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
mércores, 19 de abril de 2023
Book tráiler (LXXVI): Volvo! O regreso de Usha, de María Reimóndez. Realizado por Sofía Dafonte Pazos
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Volvo! O regreso de Usha, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Sofía Dafonte Pazos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
sábado, 18 de marzo de 2023
Book tráiler (LXXV): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Ainoha González Iglesias
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
luns, 13 de marzo de 2023
Book tráiler (LXXIV): Os dous de sempre, de Castelao. Realizado por Lucía Grela Seoane
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Os dous de sempre, de Castelao (col. Biblioteca Castelao. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
venres, 10 de marzo de 2023
“Agora cabelos negros...”, de Follas Novas, na voz de Hugo Bello Liñares
“Agora cabelos negros...”, de Follas Novas, na voz de Hugo (10 anos), irmán de Antía Bello Liñares (3º ESO A). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno.
#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia
Agora cabelos negros
Agora cabelos negros, máis tarde cabelos brancos; agora dentes de prata, mañán chavellos querbados, hoxe fazulas de rosas, mañán de coiro enrugado.
Morte negra, morte negra,
cura de dores e engaños:
¿por que non máta-las mozas
antes que as maten os anos?
Primeira parte de “Campanas de Bastabales”, de Cantares Gallegos, na voz de Begoña Liñares García
Primeira parte de “Campanas de Bastabales”, de Cantares Gallegos, na voz de Begoña Liñares García (45 anos), nai de Antía Bello Liñares (3º ESO A). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno.
#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia
Campanas de Bastabales
Campanas
de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de
soidades.
I
Cando vos oio tocar,
campaniñas,
campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de
lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas
me doio.
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida
enteira
i hoxe teño media vida.
Sólo media me
deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me
roubaron.
xoves, 9 de marzo de 2023
Book tráiler (LXXIII): Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas. Realizado por Ainoha González Iglesias
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro de relatos Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2015). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Primeira parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de Ainoha González Iglesias
Primeira parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de Ainoha González Iglesias (3º ESO A). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno.
#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia
¡Pra a Habana!
I
Vendéronlle
os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a
manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que
tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.
"María,
eu son mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
pra
ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me
vou...
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!"
sábado, 4 de marzo de 2023
Primeira e quinta parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, nas voces de Nuria Recouso Pena e seu irmán Adrián
Primeira e quinta parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, nas voces de Nuria Recouso Pena (3º ESO B) e seu irmán Adrián, ex-alumno. Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno.
#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia
¡Pra a Habana!
I
Vendéronlle
os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a
manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que
tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.
"María,
eu son mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
pra
ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me
vou...
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!"
V
Éste
vaise i aquél vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin
homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos
e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e
fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sufren
longas
ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén
consolará.
Book tráiler (LXXII): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Ángel Castro Noya
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Book tráiler (LXXI): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Lidia González Rey
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
“Xan”, de Follas Novas, nas voces de Laura Gómez García e seu pai José Luís Gómez Fernández
Sara Gómez García (3º ESO A) achéganos a gravación de “Xan”, de Follas Novas, nas voces de súa irmá Laura (10 anos) e seu pai José Luís Gómez Fernández (47 anos). CPI Viaño Pequeno.
#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia
Xan
Xan
vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan
vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva
o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á
fonte por augua,
e vai a misa cos nenos,
e fai o leito i o
caldo...
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos que a cada
muller
lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un
Xan,
casi sempre atopa un Pedro.
Pepa,
a fertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentras seu
home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátalle as pulgas
ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalles millo ás
galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira si hai ovos no
niño,
bota un ollo ós mazanceiros,
e lambe a nata do
leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, que
agachado
traillo en baixo do mantelo.
E cando Xan pola
noite
chega cansado e famento,
ela xa o espera antre as
mantas,
e ó velo entrar dille quedo:
—Por Dios non
barulles moito...
que me estou mesmo morrendo.
—¿Pois
que tes, ña mulleriña?
—¿Que hei de ter? Deita eses
nenos,
que esta madre roe en min
cal roe un can nun
codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do
simiterio...
—Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio
que aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentras os
meniños deito.
De bágoas se enchen os ollos,
de Xan
ó ver tales feitos;
mas non temás, que antre mil,
n' hai
máis que un anxo antre os demos;
n' hai máis que un
atormentado
antre mil que dan tormentos.
“A xusticia pola man”, de Follas Novas, nas voces de Sara Gómez García e de súa nai Ana María García Porta
Sara Gómez García (3º ESO A) achéganos a gravación de “A xusticia pola man”, de Follas Novas, na súa voz e na de súa nai Ana María García Porta (48 anos). CPI Viaño Pequeno.
#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia
A xusticia pola man
Aqués
que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu'
eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de
cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu
vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso
cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!...
que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que
tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm'
un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre
maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
―Salvádeme
¡ouh, xueces!,
berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a
xusticia.
―Bon
Dios, axudaime, berrei,
berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m'
oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con
rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas
sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus
compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as
mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I
ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando
pola alba do día.
I estonces... estonces cumpreuse a
xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira
venres, 3 de marzo de 2023
Book tráiler (LXX): Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro. Realizado por Carla Caramés Rivas
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro (col. Árbore. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)








