Os textos para o casting son os seguintes:
ROMEO E XULIETA:
Romeo coñece a Xulieta nunha festa. Namóranse de inmediato, pero o seu amor non é posible xa que as familias de ambos están enfrentadas.
Unha noite, Romeo entra no xardín de Xulieta. Ela está no balcón, reflexionando soa sobre o amor que sente por Romeo. Ao principio, el escoita o que ela di, dubidando se falarlle ou non. Finalmente, decide declararlle o seu amor ...
Xulieta:
Ai de min!
Romeo:
Falou. Volve falar, anxo radiante,
porque aí no alto es a gloria desta noite,
como o alado menxaseiro do ceo
ante os ollos abraiados dos mortais
que alzan a mirada cando cabalga
sobre a vagorosas nubes
e cruza o seu do ar.
Xulieta:
Oh, Romeo, Romeo. Por que es Romeo?
Nega ateu pai e rexeita o teu nome.
Ou xúrame amor
e deixarei de ser unha Capuleto.
Romeo:
Sigo escoitando ou debo falar?
Xulieta:
Só o teu amor é o meu inimigo.
Ti es ti, aínda que sexas un Montesco.
Qué é un Montesco? Non é man, nin pé
nin brazo, nin cara, nin parte ningunha
do corpo. Cambia o nome!
Que é un nome? O que chamamos rosa,
con outro nome tería o mesmo recendo.
Se Romeo non se chamase Romeo,
conservaría a súa mesma perfección
sen ese título. Romeo, rexeita ese nome
que non forma parte de ti
e a cambio tómame a min.
Romeo:
Cóllote pola palabra.
Chámame amor e quedarei bautizado:
xa non serei Romeo.
Xulieta:
Quen es ti que, oculto na noite,
invades os meus segredos?
Romeo:
Cun nome non sei dicir quen son.
O meu nome, adorada santa, resúltame odioso
porque é o teu inimigo.
De estar escrito nun papel, racharíao.
Xulieta:
Non escoitaron os meus oídos cen palabras
da túa boca e xa coñezo o son .
Non es Romero , un Montesco ?
Romeo:
Nin un nin outro , fermosa dama , se che desagradan.
Xulieta :
Como é que estás aquí e por que ?
O muro do xardín é alto e díficil de escalar
e un lugar de morte , por seres quen es ,
se algún parente meu te atopa.
Romeo :
Coas ás do amor saltei o muro ,
pois para o amor non hai barreiras de pedra
e intenta todo o que está ao seu alcance.
Non me asustan os teus parentes.
Xulieta:
Se te ven aquí , mátante.
Romeo :
Ah ! Mais perigo hai nos teus ollos
que en vinte espadas . Mírame con dozura
e estarei a salvo da sua inimizade.
Xulieta :
Por nada do mundo quixera que te visen.
Romeo :
O manto da noite protéxeme dos seus ollos
mais, se non me amas , que me atopen.
Mellor morrer vítima do seu odio
que pasar a vida sen o teu amor.
Xulieta :
Quen te guiou ata este lugar ?
Romeo :
O amor , que fixo indagar.
Aconselloume e deume ollos.
Non son piloto , pero aínda que estivese lonxe,
na inmensa ribeira dos máis remotos mares,
aventuraríame por tal tesouro.
Xulieta :
O veo da noite oculta o meu rostro.
Se non, un rubor virxinal tinxiría as miñas meixelas
por mor do que esta noite me oíches dicir.
( .... )
Xentil Romeo , se me amas , dimo de verdade.
Se pensas que son presa fácil,
serei arisca e cruel e direi que non,
entón terás que galantearme , ou nada de nada .
É verdade , meu Montesco, que son moi apaixonada
e podes pensar que de conduta lixeira ;
pero confía en min e demostrarei ser máis fiel
que as que saben finxirse discretas.
Noelia González . Alumna do PCPI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario