Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 11 de febreiro de 2010

ROSA ANEIROS

BIOGRAFÍA

Meiras- Valdoviño, 1976. É xornalista e investigadora da Sección de Comunicación de Consello da Cultura Galega. Colaboradora habitual en distintos medios de comunicación impresos e dixitais , entre eles culturagalega.org ( sección Agardando as lagarteiras ) , Diario de Pontevedra , El Progreso , Galicia Hoxe , El Ideal Gallego, Diario de Ferrol ( a traves da axencia AGN), Compostelán , El País Semanal , Cerna, Faneka brava , Grial, Fadamorgana ou Casa da gramática.

OBRAS

En 1999 presentou a súa primeira novela Eu de maior quero ser ( Editorial Sotelo Blanco ) á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre ( Laviovento , 2002 ) , Resistencia ( xerais 2003 ) , O xardín da media lúa ( Galaxia , 2004 ) , o volume recompilatorio de artigos literarios Agardando as lagarteiras ( culturagalega.org , 2003 ) e Veu visitarme o mar ( Xerais , 2004) .

Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras ( Edicións Xerais de Galicia , 2000 ) , Relatos ( Librería Cartabón de Vigo , 1999 ) , Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 ( Edicións do Castro , 2001) , Seis ferroláns ( Edicións Embora ,2003 ) Alma de Beiramar perdida ( A Nosa Terra , 2003 ) , Botella ao mar ( AGAV , 2003 ) e Narradio ( Xerais , 2003 ).

Conta no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo ( Pedrón de Ouro , 1998 ) ; o Manuel Lueiro Rey ( 1996 ) ; o Manuel Murguía (2001) , o Carvalho Calero ( 2001 ) e o Premio Arcebispo Juan de San Clemente ( 2003 ) . En 2009 gana as dúas categorias dos premios que convoca Edicións Xerais de Galicia : o Premio de Novela coa obra Sol de Inverno ( Xerais , 2009 ) , así como o Premio de Literatura Xuvenil con Ás de Bolboreta ( Xerais , 2009 ).

En You Tube pódese escoitar e ver a Rosa Aneiros contando que é o que a fixo comezar a escribir , así como coñecer máis a esta escritora a través dos seguintes enlaces : entrevista en Netclub ; entrevista en portugués realizada polo escritor Antonio Manuel Venda ; entrevista na web da Asociación Cultural Barbantia.
( fonte : http:// ciberclub.blogsome).
Noelia Gonzalez Alumna do PCPI

Ningún comentario: