Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 24 de novembro de 2011

Día das Librarías, mañá venres 25 de novembro



(Foto da Libraría Lello, de Porto, Portugal. Unha das librarías máis fermosas do mundo)


A Federación de Libreiros de Galicia organiza mañá venres 25 o primeiro Día das Librarías.

Esta efeméride celébrase en todas as comunidades o Estado, na nosa en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

A xornada, que pretende consolidarse cada derradeiro venres do mes de novembro, nace coa intención de reivindicar a importancia destes establecementos na difusión da cultura e do coñecemento. Os establecementos que participan no evento estarán abertos ata as 22 horas e ofertarán descontos de ata un 5%, polo que é unha boa oportunidade para adquirirmos ese libro que queremos mercar. Alén diso, todas as librarías pretenden desenvolver unha actividade común que consistirá na lectura dun texto elixido polos libreiros, para alén das actividades que desenvolva cada un dos diferentes establecementos.




Ningún comentario: