Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 24 de novembro de 2011

Tal día coma hoxe...

Tal día como hoxe, hai 20 anos, morría na súa casa da luxosa rúa de Knighsbridge o solista da banda de rock británica Queen, lonxe dos flashes e a atención mediática que o perseguiron nos multitudinarios concertos e un día despois de anunciar que padecía sida.
“Freddie Mercury faleceu pacificamente esta noite na súa casa de Kensington, en Londres. A súa morte é resultado dunha broncopneumonía causada pola sida”, informou entón o seurepresentante nun conciso comunicado.
Este fillo do Imperio británico, nado en Zanzíbar (Tanzania) e criado na India, deixou atrás h imno s c omo I want to break free, Don’t stop me now ou Bohemian rhapsody, cantados coa súa Farrokh Bulsara. Nos seus tempos mozos cambiou ese nome polo de Freddie e, cando xa se dedicaba á música, substituíu o seu apelido.
A carreira de Freddie Mercury, un home culto que adoraba a ópera e estudou debuxo e deseño,
estivo sempre unida ao guitarrista Brian May e ao batería Roger Taylor, cos que formou Smile en 1967, e ao baixista John Deacon. Os catro crearon en 1971 Queen e gravaron doce álbums de estudo, entre eles os primeirizos e aclamados Sheer heart attack (1974) e A night at the opera (1975).
Dúas décadas logo da morte de Mercury, os fans non poderán prestar hoxe tributo en ningún cemiterio, xa que o corpo foi incinerado en Londres e as cinzas esparexidas nun lago suízo.
Voz única, cun rexistro de varias oitavas, e interpretadas de forma teatral e operística, ata crear un estilo imposible de imitar. Algúns copiaron a Freddie Mercury, pero ninguén foi capaz de emular a personalidade arrebatadora e carismática en escena deste showman de grandes dentes, que se converteu nunha das iconas dos 80 a pesar de ser tímido.
O cantante de The great pretender e We will rock you declarouse abertamente homosexual.
Coas súas espectaculares postas en escena, Queen transformou a música dos 70 e 80 e vendeu máis de 370 millóns de discos, a maioría logo da morte do seu cantante, quen nacera o 5 de setembro de 1946 en Zanzíbar, fillo dun funcionario británico.

Artigo visto no Xornal De Luns a Venres: http://www.galiciae.com/


We are the Champins converteuse nun himno nos últimos anos, coñecido e tarareado por tod@s, pero se queres escoitar outras xoias deste que deron en chamar "Deus do rock", en Youtube dispoñen dun canal exclusivo deste artista. Aquí:


Recomendamos todo, pero por destacar algunha: Love of my life e Don't stop me now. Encantad@s de escoitar as vosas recomendacións.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Grande Mercury!! :)

Noelia Casas Gacía dixo...

Según di miña nai, este home foi un dos grandes da música, DEP Mercury.