Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 4 de novembro de 2011

Hoxe celebramos o Día da Ciencia en galego

Entre outras actividades, o alumnado de Secundaria foi repartido en grupos para a elaboración de prácticas curiosas e divertidas no laboratorio e outras aulas. Algúns dos experimentos foron realmente asombrosos. A algúns e algunhas quedounos a cara do alumno da imaxe diante dos efectos "físicos e químicos" que estabamos a presenciar.

Noraboa ao profesorado do Departamento de Ciencias e do Departamento de Física e Química por botar a andar esta iniciativa.

Queres contarnos como foron os experimentos? Cal foi o que máis che gustou? A nós chamounos especialmente a atención o do vinagre misturado con bicarbonato en efervescencia. Nunca tal víramos! . Cando nós estudiabamos, non se facían estas cousas!



3 comentarios:

Alba Docampo Noya dixo...

Esta actividade gustoume moito teño que admitilo foi unha das que mais me gustou de todas as que levamos feitas ata agora.Xa que provamos diferentes experimentos que nunca na nosa vida viramos mais ben falando por min.Eu apoiovos a facela todos os anos e se fago falta para axuda pois xa sabedes donde estou.

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Grazas pola túa oferta de colaboración, Alba. Sempre tan disposta e participativa :)

Jennifer dixo...

Eu tamén o pasei moi ben, quero que se volva a facer. Foi divertidísimo, e ademais aprendemos moito.