Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 4 de novembro de 2011

Os teus comentarios teñen moito VALOR


Xa chegou Novembro e con el boas novas dende a biblioteca.
Queremos incentivar a participación do alumnado no blog. Queremos que comentedes, opinedes, cuestionedes...todo o que aquí vamos colgando. Todo o traballo que dende aquí facemos está pensado para vós e por vós. Quixéramos tamén facelo "CON VÓS".
Para iso, queremos continuar cunha labor comenzada o ano pasado e desenvolvida polo alumnado de 4º ESO, organizándose en grupos pequenos: entrevistas a ex-alum@s, entrevistas a profesor@s (proxecto que se quedou neso, nun proxecto), crónicas sobre a Liga de Fútbol Sala do cole, crónicas sobre o Trazo F.C., opinións sobre libros, artigo sobre os Xeitosos de Trazo, artigos varios sobre cousas que vos interesen... Pasade pola biblioteca e falade con Asun, ou ben, enviade as vosas propostas (enlaces, noticias interesantes q vedes por aí, opinións sobre os contidos do blog...)Toda colaboración será benvida e celebrada.
Ademais, imos premiar este trimestre a aquel@s alumn@s que fagan máis comentarios (con xeito) no blog. Os comentarios podédelos facer abaixo de cada noticia que colgamos. Xa hai moitas colgadas este curso, botádelle un ollo, e iremos colgando máis. Á dereita, abaixo, tedes as etiquetas cos temas que fomos tratando. Hai de todo, para todos os gustos e afecións. É moi fácil comentar. A lista dos que máis comentan podédela ver no blog, á dereita. Conforme vaiades comentando a lista irase renovando e os situados nos primeiros postos obterán un "detalliño/regaliño/premio"(e digo "-iño" porque xa sabedes que andamos con recortes e con crise), en Decembro, antes de marchar de vacacións.
Animádevos, porfa, que a veces temos a sensación de que ninguén de vós nos le :(

3 comentarios:

Noelia dixo...

Procurarei comentar un pouquiño máis (con xeito logo). Pero comentarei máis a miudo.

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Estaremos atent@s ás túas aportaciósn, Noelia, e ben content@s :)

Jennifer dixo...

Eu tamén penso aportar o meu gran de area.