Neste curso 2012/2013 continuamos o apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Trazo onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega.
Desta volta vaise chamar Andel de Libros e, coma no anterior curso, a primeira alumna en achegar materia crítica para o noso recuncho de lecturas é Verónica Barreiro Calviño (4º).
Este libro gustoume, pero en parte levei unha desilusión porque pensei que me ía gustar máis.
O vocabulario para min era bastante complicado por exemplo: “o cariz macio e arrufado dáballe aires de fidalguía”, a maioría do vocabulario sacábao polo contexto ou como ten un vocabulario antigo tentaba imaxinar as posibilidades.
Á hora de redactar tamén me foi algo complexo porque o libro ao ter os dous personaxes combinados, facía que eu tivese que andar de adiante a atrás para formar a historia, aínda que por outra parte facía o libro moi ameno. Tamén as imaxes e o humor axudaron a que fose mellor de ler.
Polo tanto considero que é unha lectura interesante porque os personaxes e a historia están ben.
Verónica Barreiro Calviño (4º)
Verónica Barreiro Calviño (4º)
O libro
gustoume bastante, pero o vocabulario que usou o autor para escribilo está cheo
de castelanismos, dialectalismos e arcaísmos, algo que é normal na época na que
o escribiu; e isto fai que o libro sexa máis difícil de entendelo.
O libro parece
unha anécdota da vida porque os que son preguiceiros non conseguen nada, aínda
que ao principio vivan ben, ao final, na vida, teñen o que merecen e o que
estiveron conseguindo pouco a pouco.
Pero os que
son traballadores e queren conseguir as cousas, conséguenas e ao final teñen
unha vida mellor.
A historia que
máis me gustou foi a de Rañolas, porque está baseada no esforzo persoal de querer
conseguir algo, que aínda que empeces sen ter moito, podes ir mellorando co
paso do tempo. Aínda que acaba mal porque ao final Rañolas
tolea e suicídase.
3 comentarios:
Debe estar chulo este conto, en primeiro limos un fragmento, e gustoume moito, a verdade.
Este libro ten pinta de estar xenial,se xa o fragmento que lemos en 1º estaba ben,o libro terá que estar moito mellor.
Ten boa pinta... Oxala chegue a lelo algun dia.
Publicar un comentario