As actividades que desenvolvemos no centro con motivo do Día Internacional contra a violencia machista co@s maiores parece que a tod@s nos pareceron interesantes: a charla de Ianire Estébanez, psicóloga e especialista en prevención de violencia de xénero e a creación "Ponlle cara ao maltrato", que está en proceso de montaxe. Aquí non remata nada, pois cada día temos que ser quen de posicionarnos, sempre, contra aquel@s que fan dano e exercen a violencia inxusta do machismo.
Deixámosvos hoxe un vídeo contra outro tipo de violencia, a que os propios estados exercen contra @s cidadáns, neste caso contra rapaces e rapazas coma vós que exercen o que se está dando en chamar "desobediencia civil", posicionarse contra as leis exercidas polo poder establecido dos gobernos.
4 comentarios:
A charla de Ianire estuvo xenial! Temos que ter máis dese tipo (:
Joo! Nós tamén queríamos charla eh :P
Tomamos nota, chicas. Haberá máis, e haberá tamén pa 1º e 2º. A decisión de q fose o alumnado só de 3º e 4º tomouse seguindo os consellos da propia Ianire.
Marta, nos hemos paseado por tu blog. Mola ! :)
Publicar un comentario