A lectura dun fragmento do relato "O lobo da xente" de Vicente Risco na aula de 4º da ESO deu pé a facermos unha actividade voluntaria que consistía en escribir unha narración sobre o lobishome ou sobre calquera outro personaxe popular: o home do saco, o sacaúntos...
Verónica Barreiro Calviño foi a primeira en nos facer chegar a súa proposta que ten como protagonista "O Apalpador".
CASTAÑAS CONTRA
SACOS
Era noite pecha cando o apalpador baixou dende o alto da
montaña para palpar as barriguiñas dos rapaces de Ribán como facía cada ano
para deixarlle castañas aos que tivesen fame.
O ano pasado fora un bo ano para el, pois fora o ano que
máis castañas repartira e de todo isto el sacaba comisión; e ademais a
necesidade de axudantes para atender os seus castiñeiros fixérono raptar a dous
rapaciños maltratados polos pais.
Este ano viña disposto a facer o mesmo, non porque lle
gustara raptar nenos senón porque ía vello e necesitaba un sucesor, xa que el e
a súa muller a apalpadora tiveran dous, pero ambos estaban estudando na universidade da Castaña.
Por iso cando na casa do rapaz que ía raptar se atopou co
home do saco non soubo como reaccionar. Ambos querían o rapaz, e ningún estaba
disposto a perdelo, polo que se embarcaron nunha loita do que ningún saíu
ileso.
A pelexa gañouna o apalpador porque apareceu de súpeto a
apalpadora que lle rebentou unha castaña no medio da testa ao home do saco.
Deste xeito os apalpadores de Ribán marcaron o seu territorio e o home do saco
nunca volveu aparecer por alí.
2 comentarios:
Que boa historia, ademais inventada!!
Esa muller apalpadora valente !!
Publicar un comentario