Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 19 de marzo de 2013

Andel de Libros (XXXV): Polaroid, de Suso de Toro





A min este libro gustoume bastante, porque contiña relatos moi variados, algúns mais divertidos ou interesantes que outros.
O mellor final sen dúbida ningunha e o de “Só”, porque chamoume moito a atención que en comparación cos outros relatos a non ser algún, que aparecían palabras cochiñas.
Cambiaría o de por exemplo “Ti”, porque só son dúas liñas de relato .
Tampouco entendín moito o título deste libro Polaroid que debe ser unha palabra de orixe inglesa pero que non atopei o seu significado.
Pero en xeral o libro era bastante entretido e nalgúns relatos enganchábaste a seguir lendo. Despois os personaxes, a non ser nalgún caso non lle daba un nome ou lle chamaba rapaz/rapaza ou así, non era bo á hora de expoñer os personaxes.

Bertín López Ramas (4º ESO)

Ningún comentario: