O porco de pé, Vicente Risco, Galaxia
A min este
libro gustoume bastante,
ademais coincide o tema do libro co tema que estamos estudando na asinatura de
sociais (o caciquismo), iso axudoume a comprender un pouco mellor o libro.
O momento
do libro que máis me gustou foi cando definen físicamente a don Celidonio, gustoume porque
me resultou bastante graciosa.
Entendín
bastante ben o vocabulario xa que non era moi complicado.
O final
deixoume un pouco con intriga xa que non se sabe que vai pasar coa biblioteca
municipal, se conseguiran apagar o incendio ou se en caso de que non o deran
apagado a tempo levaría as culpas don Celidonio ou mesmo se despois do incendio
empezarían a cuestionar a don Celidonio como alcalde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario