Neste novo curso
2013/2014 continuamos con este apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Viaño Pequeno
(Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves
recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura
Galega.
Desta volta
vaise chamar Balda de Libros e agora
que a alumna Verónica Barreiro Calviño xa marchou a estudar o
Bacharelato non foi ela, como adoitaba, a primeira alumna en achegar material
crítico para o noso recuncho de lecturas. Neste curso o mérito é para a alumna Margarita Pombo Castro (4º PDC).
Este libro é moi completo, porque ten variedade de historias que suceden
en lugares e tempos diferentes.
O seu título Dos arquivos do trasno
é adecuado ao contido. Eu non cambiaría o título que ten por outro porque
é moi axeitado e son historias que teñen lugar e dan a entender cada una a súa
cousa, por iso di arquivos.
Recomendo ler este libro xa que é un volume de poucas páxinas e porque
tamén ten poucos personaxes e así cando se fai o traballo non te confundes uns
cos outros.
Ademais ten poucas palabras descoñecidas que non se poidan entender.
Algunhas historias enténdense mellor como “O vagamundo”, “Pampín”, “Na
morte de Estreliña”, “O neno suicida”, “De como veu a Rianxo unha balea”,
etc. Pero non quero dicir que as outras todas non se entenden senón que tamén
outras me gustan máis como “Na morte de Estreliña” porque como di o título hai
unha morte, ela morreu pero esta Estreliña era unha rapaza moi gabexeira e
linda. Ela sempre cumpría co que lle mandaban, facía os recados pero pasoulle
que un día morreu, como lle pasa a calquera, que un día tamén imos morrer nós,
uns diante e outros detrás.
Pero a fin de contas todo o libro pódese ler e entender bastante ben.
Este
libro abrangue 20 relatos que xiran arredor da psicoloxía e das
experiencias extraordinarias da
xente
galega. Son relatos que non están nada relacionados uns cos outros
pero que non deixan de
ser
interesantes.
Aínda
que para min, os dous relatos que máis me gustaron foron “Sobre a
morte de Bieito” e “O
neno
suicida”, porque son historias orixinais e que non esperas que
acaben como van acabar. Sobre
todo
“O neno suicida”, que o de nacer vello e ir para mozo, non é
mala idea. Porque traballas como
un
escravo de vello e folgas de novo, pasando a mellor vida de todos e
gozándoa ao máximo. En
cambio
se vas de mozo para vello, tes que traballar de mozo e folgar de
vello, cando xa non tes
ganas
nin de ir de festa nin nada.
O
libro está moi ben, aínda que por veces, en algúns relatos, non se
entendía moi ben a historia, o
que
che obriga a volver a lelo. Pero polo resto, está moi ben.
Belén
García Lijó (4º ESO)
A min persoalmente este libro gustoume moito. Porque os
relatos que lin parecéronme moi bonitos, xa que algúns están baseados en lendas
populares e contos tradicionais.
A parte que máis e gustou foi o relato de “O vello que
quería ve-lo tren” xa que é un relato moi emotivo de cómo un velliño cumpre o
seu desexo mais importante para el, xa que era o que el quería facer antes de
morrer.
Este libro ten unha linguaxe moi sinxela de ler e parsoalmente
penso que é un libro que lle gustaría a toda a xente que o lea, xa que é moi
fácil de ler e os relatos son moi breves e moi interesantes cada un deles.
Este libro o bo de que teña tanta variedade de relatos é que
o lector/a se non lle gusta un relato polo motivo que sexa, sempre haberá un
relato que verdadeiramente lle guste e que disfrute cando o lea.
Por iso recoméndolle a toda a xente que o lea, xa que é un libro moi
entretido e cunha gran variadade de relatos, porque hai relatos de medo, relatos
cun final aberto, de intriga e tamén poderás atopar relatos que te emocionen.
Laura
Moar Iglesias (4º ESO)
A min este libro gustoume bastante, é divertido xa
que nuns contos mentres os lías me puxen a rir, por exemplo: “O drama do cabalo
de axedrez” e a chorar, por exemplo: “A morte de Estreliña”.
Pareceume interesante e seguramente que a moita
xente máis, aínda que pode haber xente a que só lle guste ler libros con contos
ou con só unha historia, eu nese caso son variada, tanto me pode gustar un como
outro, non teño nada predestinado.
Eu o final só llo cambiaría ao conto de “Na morte de
Estreliña”, gustaríame que acabase doutro xeito, mentres que nos outros me
gustou tal e como acabaron.
Foime fácil de entender aínda que tiña algunhas
palabras complicadas que tiven que utilizar o dicionario para poder entendelas.
Na miña opinión este é un libro que pronto se acaba
de ler xa que son contos curtos e fáciles de ler. Recomendo que o leades, aínda
que non teñades os mesmos gustos ca min, que seguramente os haxa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario