Illa Soidade, de An Alfaya, Xerais
Este libro para o meu gusto está bastante ben, xa
que expresa moitos sentimentos, e mostra a vida dende o punto de vista dos
indixentes.
Para min a escena máis importante foi cando Soa dixo
que ela fora quen lle prendera lume á figura que fixera Jean, e todo iso por
ciumes, porque ela quería vivir xunto a el.
O tema paréceme triste, xa que os indixentes dan
pena só con velos, e aínda máis se che contan toda a súa historia, e de cómo
chegaron a esta situación.
Non faría ningún cambio na historia, pero gustaríame
que ao final contara un pouco como lle ía nos estudos, se coñecera novos
indixentes... pero polo demais paréceme que está ben feita.
A lingua pareceume intermedia, porque non é moi
complexa nin moi fácil, xa que tiven que buscar algunha palabra que outra no
dicionario.
Jennifer López Becerra (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario