Sobrevives?, de Fina Casalderrey, Xerais
Este libro
faiche ver moitas cousas.
Un rapaz que
vai pola vida sen que ninguén lle poña educación non pode acabar moi ben. Seu
pai, eu creo que pasaba del, porque nunca lle dicía nada .Cando morreu súa nai
ninguén soubo estar con el como lle facía falta e entón el quíxose facer o
duro. Pero ir pola vida desa maneira tampouco ten moito futuro, menos mal que
tiña un amigo ao que poder recorrer.
Cando viu a
través de Cali o que era o mundo das drogas quedou desfeito e eu creo que o
fixo recapacitar.
Tamén penso
que lle faltaba moito cariño e que se encontraba moi só.
Isto faiche
entender o importante que é ter unha boa educación e sobre todo ter una familia
e uns amigos que miren por ti e na que te poidas apoiar cando realmente che fai
falta.
Este libro gustoume moito, porque conta a vida
oculta, por dicir dalgunha forma, dun rapaz que parece que é feliz, pero no
fondo está a vivir outra vida que ninguén coñece.
Para min a escena máis importante da historia é
cando Francisco encontra o diario persoal de súa irmá , xa que alí foi onde
coñeceu a verdadeirra vida que levaba, e que seu tío era drogadito e non pode
deixar a súa adicción ás drogas.
O tema paréceme triste e emocionante á vez, paréceme
triste porque lle morre a nai a Fran, ten un tío drogadito, e a súa irmá estao
a pasar mal. Paréceme emocionante porque Fran vive moitas aventuras no colexio,
cos amigos ou cos cans.
Non faría ningún cambio na historia, paréceme que
todas as partes do libro están ben redactadas e ó final paréceme mellor o que
ten o libro que o final que fixen eu.
A lingua paréceme bastante fácil, aínda que había
algunhas palabras que non entendía e as tiven que buscar no dicionario, e
outras que se sacaban polo contexto.
Jennifer López Becerra (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario