Unha presa de terra. Marilar Aleixandre. Ir Indo
Esteban Becerra Varela (4º ESO)
Marta Otero Ramas (4º)
Foi un libro que me gustou bastante, xa que trata
dun homicidio moi interesante en todos os seus aspectos, con interrogatorios de
todo tipo que levan a Ana e ós inspectores a descubrir satisfactoriamente quen
foi o asasino. Recomendaríalle ler este libro a calquera persoa á que lle
gusten os crimes.
O que máis me gustou do libro foi a intriga que
garda ata o final e o momento no que Lorena lle disparou no xeonllo a Pepe, xa
que iso demostra a valentía que teñen moitas mulleres en estos casos, non tan
fáciles.
Cambiaría o momento no que Ana di que non vai
denunciar a Pepe, xa que estes casos sempre deben ser denunciables, e máis se
se trata dun individuo que xa cometera outro crime, como foi o asasinato da
señora “Lulú”.
Para min un gran libro, con moitas accións
interesantes!
Esteban Becerra Varela (4º ESO)
Persoalmente, este libro gustoume, xa que me gustan deste tipo, é dicir,
de misterio, asasinatos e cousas polo estilo.
A pesar de ser un libro curto é un
destes nos que te enganchas e queres seguir lendo para saber o desenlace final.
Lin a edición de La Voz de Galicia polo que non sei se son os mesmos debuxo
que no libro orixinal, pero gustáronme, son moi coloridos e axudan a entender a
historia mellor.
Con respecto á lingua, o libro é fácil de entender. Como escena que máis me
gustou non sabería con cal quedarme, pero quédome na que Ana vai xunta o inspector e lle di que o verdadeiro
culpable é Pepe, xa que é un punto clave na historia.
Marta Otero Ramas (4º)
A narración Unha
presa de terra gustoume moito xa que as historias de asasinatos e similares
rematan gustándome xeralmente.
A pesar diso cambiaría algunhas cousas, como darlle
máis importancia e máis aparicións a Rosa, a muller da limpeza e a cal
descubriu o corpo de Lurdes xa sen vida.Tamén o final na parte en que Pepe
Castro atopa a gravadora que tiña Ana Candeán agochada e logo de descubrila pégalle
a Ana e está a punto de matala. Pois o cambio que faría eu sería que logo de
agredila deixaríaa inconsciente e fuxiría no momento en que o inspector Couto e
a policía o buscasen.
Aínda así a narración gustoume moito como xa dixen
antes e as escenas máis importantes foron todas as que Ana foi ao piso de Pepe,
dentro destas a máis importante para min foi na cal Ana xa case deixa a un lado
o caso e vai para onda Pepe, non precisamente para seguir obtendo información
para resolver o caso, e tamén me gustou moito a escena na cal collen a Pepe
agredindo a Ana e o deteñen.
Damián Muíño Bello (4º)
Ningún comentario:
Publicar un comentario