Este é o primeiro libro
que leo de Xosé A.Neira Cruz e gustoume moito por varias razóns. Unha delas foi porque mostra que a xente pensa as cousas de forma negativa, e que á fin e ao
cabo non sempre teñen a razón senón que se equivocan.
Tamén conta ben como
hai xente que crítica aos demais de forma destrutiva mentres que eles só
intentan facer o mellor.
Outra cousa que me gustou moito foi que os personaxes
teñen as súas propias ideas, que non se deixan manexar pola outre xente.
O momento que me
pareceu máis importante foi cando Marga e Afonso van cara á casa de Elías, xa
que é un momento clave da historia.
O libro está moi ben pero eu faríalle un
cambio ao final, daría algo máis de datos sobre como ocorren as cousas.
A linguaxe non era complicada
de entender.
Sonia
Pumar Muíño (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario