Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 28 de xaneiro de 2015

Andel de Libros (XVII): Os dous de sempre, de Castelao


Os dous de sempreCastelao. Galaxia

Para min Os dous de sempre é un libro bastante entretido de ler, pese a estar escrito en galego doutra época, mais aínda que hai algunhas palabras que me resultaron difíciles de comprender, moitas delas, lográbanse sacar polo contexto.

Desde o principio engancheime moitísimo ao libro, xa que, os capítulos non son moi longos e están ao final acompañados dun debuxo do autor.

A parte máis importante do libro, e ademais, a que máis me gustou foi cando Pedriño e Rañolas se atopan despois de tanto tempo.

Páreceronme moi divertidas a maioría das intervencións da sogra, aínda que ás veces Pedriño me daba un chisco de pena.

O que menos me gustou do libro foi cando a tía Ádega non quería que Pedriño andase con Rañolas polo simple feito de estar eivado.

Recomendaríalle este libro ás persoas que quixeran saber como eran a sociedade da época de Castelao

Noelia Casas García (4º ESO)

A min persoalmente gustoume moito este libro. Gustoume tanto como está estruturado, por capítulos curtos e un debuxo que ten que ver con algo do capítulo ao final, xa que isto fai máis entretida a lectura, como a historia dos dous personaxes principais.

Houbo varias escenas que me chamaron a atención á vez que me emocionou. Unha delas foi cando Rañolas lle axuda á señora na feira cando a outra señora lle tirara as cousas da cesta, e outra delas foi cando Pedriño e Rañolas se encontran despois de tantos anos sen verse.

A escena que menos me gustou foi cando a tía Ádega non lle permitía a Pedriño estar con Rañolas xa que este tiña un problema nunha perna.

Penso que é un libro fácil de ler , xa que é entretido e engancha pronto, por iso eu non lle faría ningún cambio.

Este libro eu recomendaríallo a calquera persoa xa que a todo o mundo lle gusta ter amigos e este libro represéntao moi ben.

Sandra Noya Redondo (4º ESO)

A min persoalmente este libro gustoume moito, tanto o relato en si, coma a forma en que está deseñado, xa que os capítulos son de cómo máximo tres páxinas, e antes deles hai un debuxo que ilustra o seu contido, e isto permite que a lectura sexa máis fácil, e á vez entretida.

A escena máis importante penso que foi cando Pedriño e Rañolas se reencontraron despois de tanto tempo, xa que é un momento moi emotivo.

O tema penso que é emocionante, xa que conta as aventuras de Pedriño e Rañolas, e non podes deixar de lelo, engancha dende a primeira páxina. Pero por outra banda penso que é triste, xa que amosa o mal que o tiveron que pasar os dous personaxes para gañar a vida.

Non faría ningún cambio, penso que todo está moi ben así

No referente á lingua, había algunhas palabras que non se entendían, pero en xeral foi bastante fácil de ler.

Este libro sen dúbida  recomendaríallo a toda a xente, aínda que non lle guste ler, xa que é moi entretido, e pasas un bo momento.

Jennifer López Becerra (4º ESO)

Ningún comentario: