A min persoalmente
este libro non me gustou moito pero tampouco me desgustou de todo. As historias
que conta en si gústanme bastante, pero despois a forma en que está contado fai
que perda todo o seu interese, xa que se enguedella demasiado, e pérdeste
moitas veces lendo.
A escena máis
importante penso que foi cando se reconciliou con Tina, a súa muller, xa que
despois de se pelexar, Sindo tiña que durmir fóra da casa, e a el iso
facíaselle moi duro.
O tema é
emocionante, porque relata os sucesos que ten que resolver un inspector, e todo
o proceso que leva a cabo ata chegar á solución.
Algún cambio si que
faría, como cambiar a forma en que está narrado, e facelo dunha maneira máis
sinxela. Con respecto ó final, prefiro o do libro e non o que inventei eu,
porque o meu paréceme bastante aburrido.
A lingua non foi especialmente fácil de entender, xa que había bastantes palabras que non entendía.
Jennifer López Becerra (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario