Este libro foi un dos que máis me gustou porque ten
un vocabulario moi fácil, deste modo é moi fácil ler.
Tamén faiche entender o importante dos verdadeiros
amigos, xa que Branca estaba enferma na cama e non podía ir á escola, pero
Raquel unha verdadeira amiga ía visitala todos os días a contarlle o que pasara
no colexio. Eu non eliminaría ningún personaxe.
O momento que máis me gustou foi cando a nai de
Branca lle prohibiu a Branca andar con Lois (cun amigo de Branca), porque a nai
de Branca escoitara no colexio que era unha mala influencia, pero Branca quería
andar con Lois . Ata que un día no colexio a mestra mandoulle facer un
traballo por grupos, e con tan mala sorte para a nai de Branca tocoulle a Branca
e a Lois no mesmo grupo, e deste modo seguironse vendo.
Recoméndollo a todos os meus amigos, porque este
libro é divertido xa que vai de menos da nosa idade.
Sergio Arias García (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario