A min o libro
gustoume bastante en xeral, porque é moi entretido e porque cada capítulo que
les déixache algo novo para o seguinte capitulo, que te obriga a ler as seguintes páxinas.
O momento que máis
me gustou do libro foi cando pillaron a Virus, porque eu quería dende o
principio que fose Reo o rei da cidade, porque era o meu personaxe favorito.
Pero sen dúbida, o
momento que máis me impactou e o que me pareceu o máis importante da historia,
foi cando Cora lle dixo a Reo que ela tiña que marchar da cidade porque súa nai
non tiña traballo aquí, por sorte Reo tivo a idea de levala a capital a onde a súa
irmá, e así ela podería estudar moda en España como ela quería.
O que a min non me
gustou foi o final, iso de non saber quen era Oni, e o motivo de porque lle
quería arrebatar o posto de rei da cidade. Eu pensaba que Reo despois de que o
collese a policía, ía seguir a facer grafitis pola cidade, e non deixar de
facelos como aconteceu.
Adrián González Lage (3º ESO)
Este libro gustoume moito porque vai sobre rapaces aos que lle gustan os
graffittis , e a min gústanme os graffittis.
Na miña opinión o final do libro é o adecuado para a
historia porque hai unha traxedia, xa que morre Changui (un rapaz) ao final do elato, e a min gústanme os libros con final de traxedia.
Non eliminaría ningún personaxe porque sinón a
historia non sería tan emocionante coma se están todos os personaxes.
Para min foi un dos libros que máis me gustou, aínda que sexa é algo longo, pero lese rápidiño e se empezas a ler non podes parar
porque é moi interesante.
É fácil de ler xa que o vocabulario é moi
sinxelo.Recoméndollo a toda as persoas, xa que vale para todas as idades.
Sergio
Arias García (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario