Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 15 de decembro de 2015

Balda de Libros (XIII): Leonel, de Antón Cortizas



Eu penso que o mellor momento do libro foi cando Miguel e Ana se contan esas cousas tan bonitas, pois notábase que os dous xa sentían algo un polo outro, como un par de namorados. Dos personaxes gustoume moito a súa forma de ser e tamén a súa forma de actuar. Tamén penso que Miguel e Ana tiñan que ter coñecido o personaxe de Leonel persoalmente, e poder contar algo máis sobre el no libro, e mantendo unha amizade con Ana e Miguel.

Creo que no libro tiña que aparecer algo sobre a vida de Leonel que non se menciona no libro, cousas de cando estivo lonxe de Grandal e non se sabía nada del.

A lingua era fácil de comprender, aínda que había algunhas palabras un pouco raras ou que eu non coñecía. 

A min gustoume o libro, xa que é unha narración de moita aventura. É entretido e divertido. Por iso recomendaríallo a rapaces e a rapazas da miña idade, porque creo que lles podería gustar moito este tipo de libros.


Nerea González López  (3º ESO)

Ningún comentario: