É
un libro moi triste. Todas as cartas están escritas por mulleres que o
pasaron moi mal. Conta as diferentes vivencias de cada unha. Fala das
violacións que as marcan para sempre, da pobreza que te leva a deixar
todo o que tes e obrígate a emigrar, dos enganos sufridos pola persoa
amada, das guerras que matan a tanta e tanta xente... pero aínda así
conseguen ter forzas para sacar unha vida adiante.
Aínda que é moi triste gústame moito porque son valentes e loitan polo que queren.
Este
libro faite emocionar moito porque son cartas de desesperación, tristeza, valentía, sufrimento, pero sobre todo están escritas con
amor, moito amor. Tamén me gusta porque están escritas dende o fondo do
corazón .
Recomendaríallo a moita xente porque vale para valorar máis a vida que nos tocou vivir a cada un de nós.
Brais Bouzas Leis (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario