E velaquí a narración "Unha nova Supermuller" de Anabel Dafonte Iglesias que foi premiada no XI Certame de Narración Curta Concello de Curtis.
UNHA NOVA SUPERMULLER
Érase unha vez un país chamado as Mil Fantasías no que vivían todos
superheroes e seres fantásticos que nós no día a día vemos nas películas. O
que pasa é que ninguén cre que estes seres existan porque nunca os viron en
persoa, pero hoxe ides saber o lugar no que viven e ademais ides descubrir que
hai moitos superheroes que non oirades falar deles nunca.
No país das Mil Fantasías viven Batman, Superman, Spiderman... e moitos máis.
Cada un ten a súa casa e a súa vida, cada un polo seu lado, menos cando teñen
que facer algo para salvar o seu país.
Un día chegoulles unha carta ao parlamento das Mil Fantasías informando que
o seu país ía ser destruído. Entón o presidente reuniu a todos os superheroes e
díxolles o que ocorría. Todos os que estaban alí quedaron pasmados co que
estaba a ocorrer e pedíronlle ao presidente que buscara a alguén que lles
axudase. Así que o presidente convocou a unha das mellores superheroínas da
universidade de Superheroes ao ataque, onde se preparaban todos os novos
superheroes. Esta rapaza era a salvación do seu país así que o presidente
decidiu mandarlle unha carta dicindo:
Querida Chloe:
Esta carta vai dirixida a
vostede coa esperanza de que poidas salvar o noso país que está en perigo así
que eu, o Presidente, pidolle a vostede Chloe, que pense un nome para poñerlle
no seu diploma oficial de superheroina.
Att: Señor Presidente.
Chloe ao recibir a carta quedou patidifusa e accedeu despois de pensalo
coidadosamente. Ao seguinte día chamou ao alcalde e confirmou que ía ir ao
parlamento para negociar sobre o seu nome de superheroína. Ao chegar estaban todos
ao redor da mesa e comezou a falar o presidente:
- - Moi
bos días a todos, hoxe imos proceder á decisión do nome da nosa nova compañeira
porque claro está que unha superheroína
non pode estar sen o seu nome especial polo que ser coñecida.
- - Estou
de acordo.- dixo Catwoman
Chloe tiña a capacidade de dar cor ao mundo. Ela
convertía as nubes negras en rosadas, as armas en rosas e os insultos en poemas
de amor.
Superman, que ultimamente estaba moi creativo, propuxo un nome totalmente
ridículo.
- Que
tal friquiwoman? Ha ha ha.- burlouse el-
- Pois...
eu tiña pensado un nome que me podería quedar ben, como xa sabedes eu son a que
loita contra as guerras e as tormentas.
- - Ti
polo que loitas é pola cor rosa non por outra cousa. Igual ca esta lambona que
non fai nada e aínda así ten por nome Catwoman. Así que, señor presidente, eu
propoño buscar a un home feito e dereito para loitar como é debido porque o que
estamos aquí a demostrar é que calquera pode ser superheroe e eu penso que non
é así.- dixo Batman interrompendo.
- - Calade
todos! Temos que ser pacíficos ou senón vannos derrotar antes de empezar. Así
que Chloe por favor continúa.
- - Pois
gustaríame chamarme Pazwoman xa que polo que loito é a paz.
- - A
min gústame.- afirmou Catwoman.
Todos os homes estaban en desacordo, a pesar de ser
superheroes e loitar contra o mal era un país cheo de machismo.
- - Paréceme
ben. Xa tes nome agora firma e imos falar do plan de defensa.
Despois de firmar comezaron a falar do plan de defensa.
- - Eu
como presidente penso que debemos poñer todo o noso empeño en acabar con eses
seres malvados que nos queren destruír. Así que alguén ten algo pensado.
- - Si...
eu algo si que pensei. - dixo Chloe con desconfianza e medo.
- - Ti
que vas pensar se só serves para cociñar, limpar e pouco máis.- volveu
interromper Batman.
- - Queres
deixar o machismo de lado dunha vez, non ves que quizais ela teña un plan
xenial.- defendeuna Catwoman.
- - Ben,
eu dicía que podemos poñer neste mapa que trouxen todos os puntos nos que hai
máis perigo que se nos entren.
Procederon a colocar todos os puntos, nos que se tiñan
que colocar, no mapa.
Algún máis contentos ca outros.
O enfrontamento estaba planificado para dentro de dúas
semanas pero adiantouse un pouco e tiveron que protexerse como puideron. A
guerra comezou nese instante, Spiderman púxose diante e encheu de teas de araña
a un dos atacantes. Iso xa non era un equipo, iso era unha loita entre membros
do mesmo equipo. Chloe non se rendeu e fixo o que se propoñía. Así foi como ela
salvou o seu país sen facerlle dano a ninguén.
Chloe, despois de que o presidente a considerase a que
mellor exemplo deu aos estudantes, tivo que dar un discurso que foi o seguinte:
-
Hoxe
foi un día moi importante e alegre porque conseguimos acabar co mal sen recorrer
á violencia cousa que ten o seu mérito, pero isto só foi unha das cousas que
vos demostrei. A outra é algo que en moitos lugares está presente que é o
machismo, todos os heroes dubidaban de min tan só por ser muller e agora
demostreille que son tan forte coma eles. Desde aquí quero mandarlles a todas
as mulleres unha mensaxe, a mensaxe é que nunca deixedes que vos menosprecen por ser mulleres
e que todos temos os mesmos dereitos.
Este discurso conmoveu a miles de persoas e Chloe foi
nomeada Supermuller pola Unión dos Xéneros, que era una asociación que loitaban
pola igualdade entre homes e mulleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario