O pasado venres soubemos que Anabel Dafonte Iglesias (2º ESO) foi
a gañadora na categoría A (Dos 12 aos 18 anos) do XI Premio Narración CurtaConcello de Curtis, que nesta edición tiña por tema “Supermulleres e
Superheroínas”. Polo seu relato titulado “Unha nova Supermuller” recibirá un
premio en metálico de 200 euros, cuxa entrega será o vindeiro 10 de xuño.
A participación no certame foi moi alta e desde o CPIViaño Pequeño enviamos una ducia de narracións, así que lle damos os parabéns
ao alumnado que se animou a participar e de maneira moi especial a Anabel
Dafonte Iglesias polo seu galardón.
No sitio web do Concello de Curtis sinálase que:
Máis dun centenar de obras presentáronse este ano ao
Premio Narración Curta Concello de Curtis, creado hai once anos co fin de
promocionar as letras galegas. Nesta XI edición, dedicada ás ‘Supermulleres e
Superheroínas’ o número de traballos presentados supuxo
un 'récord' de participación.
O fallo do galardón e a entrega de premios terá lugar
nunha cerimonia que se celebrará o próximo 10 de xuño.
O premio, de carácter temático, quixo este ano pór o
acento nas capacidades das mulleres convidando aos participantes a escribir ben
sobre algunha coñecida, da súa contorna ou non, que destaque polo seu traballo,
valores, aptitudes ou accións, que sexa exemplo de loita ou superación, ou ben
a través dun relato no que o autor cre a que sería a súa propia heroína.
Para poder concursar, os traballos debían estar escritos
en galego, ser orixinais, inéditos e non ter sido premiados en ningún outro
certame.
E aquí a resolución do xurado:
E aquí a resolución do xurado:
O Concello de Curtis entregará o día 10 de xuño os premios do
XI Certame de Narración Curta, que este ano centrou a súa temática nas
‘Supermulleres e Superheroínas’ como unha homenaxe e unha chamada de atención
sobre todas esas mulleres que destacan pola súa labor, valores, aptitudes ou
accións, xa fosen personaxes reais ou imaxinarias. O galardón foi creado hai
once anos para promocionar as letras galegas.
O xurado fallou xa os premios nunha deliberación difícil
tanto pola calidade dos traballos como polo número xa que os máis dun centenar
de relatos presentados supuxeron un récord de participación. Das obras, destaca
que a gran maioría están baseadas en mulleres reais, tanto na categoría de
adulto coma na da xente máis nova. Gran parte dos relatos versan sobre as
loitas e esforzos de nais e avoas.
Os gañadores este ano foron:
Categoría A, de 12 a 18 anos:
o Primeiro premio (200 €): ‘Unha nova
supermuller’, de Anabel Dafonte Iglesias, do CPI Viaño Pequeno (Trazo, 2002).
o Segundo premio (100€): ‘Bronce e
pedra’, Amaia Tomé Tomé, do IES Francisco Aguiar (Betanzos, 1999).
Categoría B, a partir de 19 anos:
o Primeiro premio (350 €): ‘ A parte
polo todo’, de Paula Xirasola (Vigo, 1985).
o Segundo premio (150€): ‘Engurras de
aceiro’, de Ricardo Cid Paz (Ourense, 1974).
O xurado estivo formado por:
o Manuel Rico Verea, lingüista, músico
e musicólogo.
o Eva Lens, bibliotecaria do Concello
da Coruña.
o Lara Dopazo Ruibal, xornalista,
poeta, e gañadora na anterior edición deste certame.
Ningún comentario:
Publicar un comentario