Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 9 de decembro de 2016

Andel de Libros (IX): A pomba e o degolado. Fina Casalderrey. Xerais


A pomba e o degolado. Fina Casalderrey. Xerais

É un libro moi entretido xa que a intriga é constante como por exemplo cando Halima lle escribe unha frase a André no encerado para que descifrara o que poñía. Sácalle un pouco de credibilidade tantas mortes e desgrazas xa que non é moi crible que nun libro xuvenil empece a morrer unha persoa detrás doutra. 

O que máis me amola é o cambio de carácter de André para afrontar as perdas como por exemplo a morte de seu avó xa que foi moi forte e para apoiar ao seu compañeiro ao longo da historia como por exemplo na perda de seu pai. 

O único que cambiaría nesta historia é o final porque a diferenza do resto do relato é moi apagado e non hai acontecemento que fagan un final pechado senón que é un final bastante aberto deberían bicarse André e Hamalia para demostrarse o seu amor e así seria máis pechado o final. 

Recoméndolle a lectura a xente que non sexa moi sensible e que lle guste a intriga porque as mortes que hai ao longo do relato dan moita pena.

Carlos Dafonte Rodríguez (3º ESO)

A pomba e o degolado, a min gustoume porque fala dos animais en concreto de todo tipo de aves e de dous cans. Está ben contado só que vaise polas ramas e ás veces non te enteras dalgunhas cousas ata que les unhas paxinas máis.

Tamén trata temas importantes como o acoso, as drogas e o mal comportamento da irmá, a pesar de todo consegue saír do acoso e non entrar nas drogas e tamen consegue seguir sacando boas notas aínda que baixa o redemento para que non se metan con el na escola.

Os momentos máis importantes son cando lle morre o avó a André porque lle conta os seus segredos máis intimos. E cando Halima lle di que ela e a ``Pomba´´ e que ela xa sabía que el era o ``Degolado´´ desde que lera o conto na clase de sociais.

Ten un desenvolvemento rápido e o conto é facil de ler. E o vocabulario é fácil de entender.
Eu recomendaríao porque a pesar de que nas primeiras páxinas tiñame mala pinta enganchoume rápido e tiña curiosidade por ver que pasaba na seguinte aventura.

Martín Dafonte Rodríguez (3º ESO)

Non me gustou o tema do libro do rapaz cunha vida complicada xa que hai moitos así.

Cambiaría o momento no que morre o avó, xa que era un personaxe que me gustaba. Os personaxes que máis me gustan son o avó e Halima, porque lle axudan moito a André e son uns dos poucos que o entenden, e os que menos Beda, Héctor Solla e Raúl Pernas polo que lle fan a André.

Na miña opinión ten un final un pouco “soso” xa que se vía dende o principio que Halima era a Pomba, e ao final hai moitos conflitos que quedan sen resolver, como o do protagonista con Héctor Solla e Raúl Pernas, que o acosaban e o maltrataban.

A pesar de que non me gusta moito o tema o libro en si gústame, porque está moi ben feito e planteada a historia, menos o final que non me gusta.

Ten unha lingua moi fácil de entender, e moi ben redactada.

Recoméndolle este libro a todos os públicos, xa que e divertido e fácil de entender.

Eloy Castro Deus (3º ESO)

Ningún comentario: