Un novo curso 2017/2018 e continuamos coa publicación
deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Viaño Pequeno (Trazo) onde
o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as
súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega.
Desta volta vaise chamar Conta de Libros e a primeira
alumna en achegar o seu comentario crítico para o noso recuncho de lecturas
foi Vannia Antelo Iglesias (3º ESO). Velaquí a recensión:
Asústate, Merche! Fina Casalderrey.
Xerais
A min gustoume moito este libro, foi un dos libros que
lin que máis me gustou, o único que lle cambiaría sería que non tivera un
diario senón que llo fora contando a Frida.
Paréceme un libro moi divertido
porque conta que foron de excursión, que o pasaron moi ben, na viaxe pasáronlle
moitas cousas pero a min a que máis mágoa me deu foi cando atropelaron o neno e
aí déronse conta que o rapaz tiña problemas de oído. E na tenda a aventura que
lle pasara do “mecheiro” pois eu iso quitaríallo porque eu vexo innecesario
para esa parte do conto. O mesmo tempo que van contando a excursión tamén
contan o que botan de menos as nais aos fillos. Tamén reflicte que non todos os
curas son aburridos senón que a algúns tamén lles gustan as excursións e as
aventuras.
A parte que menos me gustou foi cando Auria se intentou suicidar por
saber que Paio era seu irmán e se bicara con seu irmán, a min iso pareceume un
pouco esaxerado o de intentar suicidarse por saber que tes un irmán aínda qque
o bicaras iso déixao no pasado e poderíanse levar moi ben como irmáns ou como compañeiros
se queren que ninguén saiba que son irmáns.
Vannia Antelo Iglesias (3º ESO)
O momento máis importante no libro
foi cando Auria se intentou suicidar, porque foi unha parte na que
máis emoción expresa, aínda que me pareceu moi esaxerado e dramático,
por iso me impactou tanto.
Outra escena impactante é na que Paio
toma a inciativa de poñerse ao lado de Auria, xa que os dous estaban
namorados, pero ningún llo demostraba ao outro.
Este libro pareceume un dos máis interesantes que lin, xa que non podía deixar de lelo.
Eu non faría ningún cambio, gustoume moito o libro tal e como ta
escrito.
O final era axeitado para o meu gusto, gustoume
moito o final, en xeral, encantoume todo o libro, aínda que me gustaba
máis polo medio xa que traía máis contido e enganchábame máis,
pero o final non estaba mal, xa que acaban todos felices.
A lingua
foi máis ou menos complicada, xa que comprendía case todo, pero había
algunhas palabras de cando en vez que non entendía, pero polo
contexto dábao entendido todo.
Eu este libro recomendaríao moito xa
que foi moi emotivo e impactante para min, e estou segura de que aos
que o lean lle vai gustar moito.
Laura Pena Gutiérrez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario