Tentamos dende a biblioteca propoñer actividades diversas, e nesta ocasión convidamos a "ler" e "comprender" películas que marcaron a historia do cinema. Por cuestións organizativas, o alumnado, tras unha breve presentacion do filme por parte do profesorado coordinador, comprométese a velo pola súa conta. É nun encontro a posteriori cando comentamos as dúbidas, os acertos, os desacertos e as curiosidades sobre a cinta. Un dos obxectivos principais desta nova andaina é a creación de espectadores e espectadoras de cinema máis críticos e reflexivos.
Escollemos Blade Runner (the final cut) como punto de partida destas novas xuntanzas que agardamos dean moito de si.
Neste artigo podedes coñecer todo acerca desta película que marcou a historia do cinema do século XX
Ningún comentario:
Publicar un comentario