Non queremos marchar de ponte sen presentarvos ao "flamante" grupo do Club de lectura de 1º de ESO. Aquí estamos na segunda reunión sobre O Nicolasiño. As súas aventuras e falcatruadas fixéronnos rir este trimestre. As profes comentamos que ás veces, a clase de Nicolás parece a súa propia clase de 1º de ESO.
E seguimos !! Estamos a repartir a vindeira noveliña que leremos este Nadal: Unha branca de cobre para Martiño de Ramón Carredano. Esperamos rematar a lectura con tan boa cara e tan content@s como así foi coa primeira lectura. Mirade que caras !!
2 comentarios:
Que feitos todos, estades a facelo moi ben :)
Grazas Verónica !
Publicar un comentario