A esmorga. Eduardo Blanco-Amor. Galaxia
Eloy Castro Deus (4ºESO)
Gústame moito o tema, xa que non hai moitos libros que falen dunha noite “tola”, por así dicilo. Para min o momento
máis importante é cando van á casa de Socorrito, porque lle dá moita máis vida
e intriga á historia e ao final.
Na parte final do libro
non faría ningún cambio, pero no resto poñería menos descricións e acurtaría os
capítulos, para darlle un ritmo máis rápido e ameno á historia, e tamén poñería
máis sucesos diferentes, xa que se fai algo monótono. Non cambiaría nada do
final, porque como dixen antes é o que lle dá máis intriga á historia, porque é
un suceso moi inesperado o feito de que falecesen todos, e cada un de maneira
diferente.
A lingua cando empezas a ler o libro faise un pouco difícil, xa que
bastantes palabras están no dialecto ourensán, e dificultan bastante a fluidez
da lectura, pero despois xa te vas acostumando, xa que sempre son as mesmas.
Eloy Castro Deus (4ºESO)
Pareuceme un libro algo difícil de ler pola forma na que falan os
persoaxes, isto facía que a lectura se fixera algo lenta, pois algunhas intervencións había que lelas un par de veces para comprendelas.
Encontrei o libro
tamén algo repititivo pois menciona algunhas das accións que realizan os
personaxes varias veces durante o conto. Teño que dicir que as primeiras
páxinas son algo monótonas e que o libro non te comeza a enganchar ata que
leves xa unhas cantas. A pesar de todo
isto a historia gustoume e pareceume divertida, pois fala das festas e
empatizas con algunas cousas que narra a novela se es unha persoa festeira.
É un
libro recomendable tanto para os mozos como para os adultos e sobre todo para
as persoas que lles gusten as historias de comedia. Se estás pensando en
escollelo recoméndoche que o leas para realizar un traballo optativo, pois
suceden moitas cousas e para resumir no control de lectura é algo complicado.
Iván Rivas Suárez (4º ESO)
Gustoume sobre todo cando entraron na casa dos Andradas e foron ata
onde estaba esa muller tan fermosa e levaron un susto cando viron que era de
porcelana e non era real.
A parte que menos me gustou foi cando o Milhomes matou ao Bocas que estaba con Socorrito dunha navallada no estómago, pois non contaba que pasase iso nese momento.
O personaxe que máis me gustou foi o protagonista aínda
que non me gustou nada a forma de morrer que tivo ao final da historia.
Non cambiaría nada desta historia tan interesante e divertida duns amigos que ao final non acaban sendo tan amigos.
Recoméndolle este libro a persoas maiores de doce anos porque se fala de beber
alcohol, de matar e ter relación sexuais e os menores desa idade non creo que entendan o que é iso.
Pareceume un libro fácil e entretido de ler xa que non hai palabras nin expresións moi estrañas.
Martín Castro Señarís (4º ESO)
Este libro gustoume
moito moito porque fala de festas, borracheiras e pasalo ben, e a min iso gústame
moito.
Este libro engancha moito porque a
historia sempre ten intriga ou emoción, para min foi unha historia moi
divertida, interesante e fíxome rir moito. O momento que máis me gustou foi
cando Cibrán se matou coa navalla diante do xuíz ao enteirarse de que foi el o
culpable.
Eu do libro non cambiaría nada menos o final porque foi o que menos me gustou. O resto gustoume absolutamente todo.
Recoméndolle este libro á xente que lle gusta ir de festa e tamén o
recomendo porque é moi fácil de ler e case non ten ningunha palabra difícil de
entender. Na miña opinión este relato sería propio para os rapaces/rapazas de
entre quince, dezaseis e dezasete anos porque se van rir moito e vailles ser
moi fácil de entender tanto o contexto coma o vocabulario.
Brais Pena Baluja (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario