Este libro gustoume,
excepto polo final xa que é aberto e a min persoalmente non me
gustan. Trata un tema moi mítico, o das pantasmas, e o de que as
cousas que funcionen soas e sen electricidade cando a precisan é moi
común neste tipo de relatos.
Un bo detalle foi que
Agustín Fernández Paz escribira o conto en formas de cartas,
enviadas uns aos outros xa que podes sentir mellor os sentimentos dos
personaxes, imaxinándote a ti recibindo as cartas dos teus
familiares en apuros.
O momento máis importante
para min é cando a irmá de Adrián colle o libro no castro e
decátase de que está enmeigado e decide queimalo onde estaba a
trapela na que se meteron os protagonistas, por culpa do libro que os
enganaba coa pintura da moza. Do que me queda perda é de que non
fale máis do que realmente había debaixo da trapela, como se
formara a súa imaxe, o porqué de enganar a xente, o que conseguía
a cambio se conseguía algo.
É fácil de ler e de
resumir nun control de lectura ou nun traballo optativo.
Martín Dafonte
Rodríguez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario