Unha presa de terra. Marilar Aleixandre. Ir Indo
Brais Bouzas Leis (4º
ESO)
O
libro gustoume moito porque é moi entretido e non perde o misterio
en ningún momento. O momento que máis me gustou foi cando Ana fala
coa súa amiga Choni sobre Pepe porque nese momento a historia dá un
xiro e Pepe pasa de dar pena a ser un dos sospeitosos.
Ten un desenvolvemento moi
lento ao principio cando describe como aparecen o corpo e a todas que
aparecen pero co paso da historia o desenvolvemento vólvese normal e
axeitado.
Na miña opinión ten
un final un pouco decepcionante pois así como a historia é moi
interesante o desenlace quédase un pouco aburrido
Os
personaxes están moi ben caracterizados e elexidos. Ten unha
linguaxe fácil de entender e apropiada para todas as idades.
Recoméndolle
este libro a todos os interesados en historias de misterio e amor
pero sobre todo á xente que non lle guste moito ler porque é un
relato moi pequeno e con moitas ilustracións que axudan a entender o
contido.
Alba
López González (4º ESO)
Óscar Iglesias Domínguez (4º ESO)
Eloy Castro Deus (4º ESO)
Carlos Dafonte Rodríguez (4º ESO)
Recoméndolle este libro a persoas maiores de doce anos xa que fala de cousas que se es máis pequeno quizais non entendas e non te decatas de nada.
Martin Castro Señarís (4º ESO)
O momento máis importante, aínda que hai
moitos, para min foi cando Ana ve unha maceta con pedras e
terra, iguais ás do Trece, na casa de Pepe. Porque a partir dese momento ten
unha proba máis, pero ela non se decata diso.
Outro momento importante, para
min, foi cando Ana se atopou coa súa veciña vella, no ascensor, e lle dixo que
algunhas noites escoitaba golpes no piso de Pepe, xa que Pepe mallaba na moza,
e isto deulle outra pista máis, e ademais comezou a desconfiar algo de Pepe.
Paréceme un tema moi interesante, e na miña opinión foi un dos mellores
libros que lin en galego. Eu non cambiaría nada. Tamén me parece moi acertado que os
capítulos sexan pequeniños, porque fai a historia máis fluída. O final resulta bastante axeitado para como foi transcorrendo a historia.
A lingua é fácil de entender, aínda que aparecían, de vez en cando, algunhas rarísimas.
Óscar Iglesias Domínguez (4º ESO)
O momento máis
importante do libro é cando Ana encontra a terra, porque senón o crime non
podería ser resolto. O libro gustoume, pero o tema xa está bastante usado,
aínda que é interesante.
A personaxe que máis me gusta é Ana, porque cando
chega o inspector pasa dela, e aínda
así esfórzase para resolver o crime, e ten a valentía de enfrontarse a Pepe,
sabendo que podería ser o asasino.
Cambiaría o ritmo da historia e faríao máis
rápido, ou engadiríalle cousas, xa que conta pouco en moitas páxinas. E cambiaría
o final, xa que é bastante obvio o desenlace dende a metade do libro, pola
actitude que comeza a mostrar Pepe.
Ten unha lingua moi fácil de entender, sen
palabras cultas nin coloquiais.
Recoméndolle este libro a persoas de todas as
idades, xa que é moi fácil de ler, e as cales lle gusten os libros de
asasinatos e misterio.
O máis importante ou o que máis me
sorprendeu foi cando a vella lle dixo a Ana que Pepe pegaba na muller porque
non me esperaba iso del, porque parecía que non tiñan problemas e que eran moi
felices xuntos.
Pareceume moi interesante menos o final
que non me gustou, este foi o libro que
máis me gustou de todos os que lin en galego.
Non lle faría ningún cambio , só que o
final pareceume algo insulso xa que non me gustou moito porque era de esperar que o que matara
a Lulú era Pepe entón non tivo nada de emoción. Eu no final cambiaría ao asasino
de Lulú por unha persoa que non se
esperase ninguén, como Lorena, a moza de Toño o do bar, porque así sería moito
máis emocionante o final.
O personaxe que máis me gustou foi Ana
porque tomaba moi en serio o seu traballo e era unha muller lista e
intelixente. E o personaxe que menos me gustou foi Couto porque era un home das
súas ideas e non quería que ninguén se metera no seu traballo.
A lingua era fácil pero tiña bastantes
palabras que non entendía e que tiven que buscar no dicionario e en internet.
Nerea Rodríguez Deus (4º ESO)
O libro gustoume moito, xa que é un
libro de investigación e crime, cousa que me fascina moito, e é un tema que me
gusta tratar. O mellor momento do libro é cando hai tocamentos e escenas
sensuais, cousa que lle dá moita vida á historia.
Se cadra o que máis me defraudou
foi que ten un final moi aberto e pouco emocionante para o meu gusto, polo que
lle cambiaría o final de xeito que acabara dun xeito máis tráxico e sobre todo
máis pechado.
Pero o mellor e máis importante para o meu gusto e que ten unha
linguaxe fácil de ler e sobre todo de entender.
O libro é pouco recomendable para xente que non ten interese polas novelas policíacas, pero recoméndollo a
xente que lle guste a ciencia como é a autora do libro e a xente que lle guste
o misterio xa que é o único do que trata a historia. Hai algo de romance pero
moi pouco, xa que é mais ben unha aventura.
Carlos Dafonte Rodríguez (4º ESO)
Trata
varios temas moi interesantes e da actualidade como o tema do maltrato e o tema
das drogas e alcohol. Non é un libro moi divertido pero si que esperta moito
interese para saber o que aconteceu de verdade aínda que ás veces parece que
despista.
Ao principio faiche dubidar e pensas que foi o home dela quen a matou. Logo segundo vas lendo e avanzando na lectura do libro parece que foi o dono do pub “Trece”. Ao final foi o home que nun arrebato a matou e intentouno esconder pero descubrírono.
O personaxe que máis me gustou foi Ana Candean que conseguiu resolver o crime con moita astucia. Outro momento importante foi cando grazas á veciña que lle contou informacion moi importante para resolver o caso.
A linguaxe que se utiliza neste libro é fácil de entender xa que non hai palabras moi complicadas de ler.
A linguaxe que se utiliza neste libro é fácil de entender xa que non hai palabras moi complicadas de ler.
Recoméndolle este libro a persoas maiores de doce anos xa que fala de cousas que se es máis pequeno quizais non entendas e non te decatas de nada.
Martin Castro Señarís (4º ESO)
Gustoume moito este libro porque conta a morte dunha
moza que foi asasinada polo seu home, quen aparenta ser unha cousa pero
era outra. Ana a detective descubriuno arriscando a súa vida.
Para min é un moi bo libro
porque podería ser unha historia totalmente real. Ten un aire de misterio
porque non sabes quen a matou case ata o final.
O meu personaxe favorito é Ana porque ela é a que descobre o asasinato sen axuda ningunha a pesar de que o inspector xa abandonara o caso. O segundo personaxe que máis me gustou foi o asasino porque o fixo moi ben para non ser o principal sospeitoso.
É moi doado de ler, e aínda que algunhas palabras
hai que buscalas no dicionario pois ten un vocabulario moi extenso pero fácil de entender polo contexto.
Recomendaríallo a toda aquela xente que lle gustan os
libros de misterio porque este é un deles ou de asasinatos sen resolver ata o
final de todo. En resumo é sen dúbida un moi bo libro.
O momento máis
importante do libro foi cando entrou Silvia e lle disparou a Pepe nunha coxa,
pareceume o momento máis importante porque el matara a Lulú.
O libro pareceume
emocionante porque non se sabía quen era o asasino e tiña moitas ganas de
sabelo, e ao final emocioneime cando Silvia lle disparou a Pepe.
Dos persoaxes só cambiaria un, que sería Gonzalo porque no relato di, que só está a falar polo móbil e preocupándose pola comunidade, na miña opinión só cambiaria iso.
E para o meu
gusto non faría ningún cambio no desenvolvemento xa que me pareceu unha historia perfecta. O final
pareceume axeitado e tampouco lle faría ningún cambio porque para min foi o
mellor final que puido haber.
Non, non foi difícil de entender sacando algunha
palabra difícil polo medio pero despois foi un vocabulario adecuado para
rapaces e rapazas da nosa idade ou algo máis xoves.
Brais Pena Baluja (4º ESO)
2 comentarios:
Grazas por ler o libro e polos vosos comentarios! Estou pensando facer máis historias con esa detective
Marilar
Gracias a ti por seguirnos, Marilar
Unha aperta dende Trazo
Publicar un comentario