Chamábase Luís.
Marina Mayoral. Xerais
Alicia González Lage (3º ESO)
Para min o momento
máis importante do libro paréceme o final cando a nena se acorda do nome do pai
e di: ah si, xa me acordo, chamábase Luís, porque me pareceu moi tenro e moi
bonito.
Pareceume interesante porque fala sobre os problemas que pode chegar a
ter unha familia só por dous membros que se drogan pode acabar coa maior
parte das vidas da súa familia.
A parte que máis me gustou son as últimas palabras do libro onde a nena di: ah si xa me acordo chamábase Luís. Gustoume estas palabras porque me parece moi bonito que a nena tratase de acordarse de seu pai desa forma tan peculiar que é contando a súa relación con el aínda que non se lembrase do seu nome.
Non faría ningún cambio porque me gustou todo o
libro aínda que ao principio pareceume algo raro.
A min o final pareceume moi
axeitado porque a que fala eéa súa filla e fala sobre o seu pai aínda que non
se acorda moito del.
A min este libro
persoalmente gustoume moito, aínda que lle cambiara a forma en como conta a
historia, non a iría contando por personaxes como o fixo a autora deste libro.
A historia en si está moi ben porque
faite reflexionar sobre todos os problemas que pode provocar a droga. Ademais esta
historia tamén conta o xeito de reaccionar cada un dos personaxes á adicción de
Luís que son as drogas.
Neste relato hai
varios momentos importantes, pero para min o que máis foi cando Luís tivo a entrevista
coa señora da casa, aí ela decatouse de que Luís está chegando ao seu fin. A historia en si non tería moito sentido se non acontecera este momento tan
fundamental para min.
Sobre o
vocabulario, é moi doado de entender, case non había palabras que descoñecía e
se había algunha polo contexto dábase a entender o seu significado, e sobre o
tema, está moi ben escollido porque fai que o libro non sexa deses que son
aborrecidos, senón que se le moi rápido.
Lucía Viqueira García (3º ESO)
Eduarda Andrade Marinho
(3º ESO)
Este libro trata un tema
moi interesante, a pesar de que non me gustou moito, xa que conta a
mesma historia dende diferentes puntos de vista. Gustaríame que a contase un familiar só e que entrase máis en detalle, como é vivir
con un drogadicto, como afecta iso á súa vida e á dos familiares, á súa economía.
O momento máis importante é difícil de escoller, xa
que ten todo a mesma importancia pero aínda así escollería cando a
dona da casa na que traballa a nai de Luís se enteira de que o fillo dela é drogadicto xa que se porta ben coa nai de Luís ao non botala a casa
como faría calquera outra persoa.
Respecto a final eu cambariao,
xa que non queda moi claro se morre ou non, faría un capitulo sobre
como morre, outro sobre o enterro e por último para rematar o libro
con bo sabor de boca contaría dento dun cantos anos como lle ía á familia e poñería que se reconciliaran todos.
A pesar de que non me
gustou moito recomendo a súa lectura xa que é fácil de ler e non ten palabras
difíciles, o máis difícil foi facerlle o resumo.
Martín Dafonte
Rodríguez (3º
ESO)
Non sei como dicir
que me pareceu, pero a verdade foi un pouco interesante.
A historia é moi bonita, representando algo da realidade sobre o que lle pode pasar a calquera persoa na vida real. Foi tamén moi chocante como criticaban a Luís dunha forma moi odiosa e incluso me gustou que algúns personaxes intentaran axudalo para que se recuperara e cambiara a súa maneira de ser aínda que fora imposible.
O máis triste de todo é a morte de Luís e do seu irmán Pablo que tamén era un drogadicto. O final para min seria bonito se os dous cambiaran e empezaran unha nova vida.
O que non me gustou
foron algúns personaxes que condenaron a morte a Luís, (que deberían ir eles tamén ao
inferno), polo menos os fillos se preocupaban de verdade do seu pai.
Para min foi
moi doado de entender porque en cada capitulo parecía que estaban facendo unha
entrevista a cada personaxe sobre a súa vida tras a morte do protagonista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario